sábado, 18 de decembro de 2021

SÁBADO 18 de DECEMBRO do 2021

Xulia Feixoo
Último programa do ano 2021. Comezamos dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles escoitar unha peza de música para recibir á primeira convidada: Xulia Feixoo: Etnomusicóloga, percusionista, Licenciada en Historia do Arte, Profesora de Ensino Secundaria e autora do libro: "Concha do Canizo... este pandeiro que toco".

Agradecémoslle a súa atención e imos aprendendo algo máis dese traballo que nos descubre agarimosamente. Ven acompañado, ese libriño editado por Central Folque, por un CD con nada menos que 46 pezas musicais, recopiladas. Grande traballo. Desexámoslle unhas Felices Festas e que teña moitos éxitos.


A segunda conversa é coa nosa correspondente Fernanda Follana Neira, que hoxe non pode darnos as súas noticias de cada fin de semana, porque está viaxando para unha celebración en Pontevedra. Aprovietamos para felicitarnos mutuamente estas datas Navideñas e desexarlle un ventureiro aninovo 2022, ademais de agradecerlle a súa aportación de corresponsalía dende Becerreá.

Despois Falamos con Nieves Neira Roca, xornalista, bailarina e poeta galega, que ven de publicar un libro que nos axuda a dar a coñecer aos nosos oíntes e seguidores. Titúlase: "O feitizo de Maruja Roca". Agradecémoslle a súa amable atención. Tía abuela de Nieves, foi unha grande fotógrafa dos anos 40. Un libro cheo de documentación e información daquela época, con fotografías en blanco e negro. Segue a presentalo por Galicia adiante, acompañada do fotógrafo Eutropio Rodríguez, Pablo Sanmamed e Iago Mouriño. Tamén aproveitamos para felicitarlle as Festas e desexarlle o mellor para o vindeiro ano 2022.

A continuación conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, aínda que hoxe non se atopa alí mesmo. Desexámonos mutuamente unas Felices Festas e despedímonos ate o vindeiro ano que retomaremos a habitual conexión para que nos deleite coas súas aportacións culturais.

Recibimos agora a salutación e felicitación do Presidente da nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, Oliver Fernández. Mándalle moitos saúdos e felicitacións aos socios da Entidade e a tódolos oíntes e seguidores do programa. Nosoutros tamén lle correspondemos coa mesma felicitación e agradecémoslle que participara hoxe neste último programa do 2021.

Recitamos agora unha poesía da nosa amiga e admirada poeta: Nieves Fernández Vidueira, que está relacionada precisamente con estas datas. Desexámoslle moi Boas Festas!!!

Xoan Curiel
Temos agora a intervención do cantautor Xoan Curiel. Felicitámolo porque acaba de enviarnos un Video-clip cunha peza musical fermosísima: "Dizer-vos quer'eu mia senhor", que corresponde ao seu CD Treide comigo. Enviámoslle os nosos parabens para este Nadal e escoitamos esta femosa peza.

Depois escoitamos unhas pezas de música, unhas panxoliñas moi acaídas para este Nadal.

E para finalizar este programa de hoxe, conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que ademais de felicitarnos a todos, sempre ten unha intervención e conversa moi cariñosa e de contidos familiares e de proximidade, que fan moi distendida a súa aportación semanal. Graciñas, Paco e feliz ano!.

E despedímonos de todos vosoutros, benqueridos oíntes e seguidores desexándovos que teñades unha Boas Festas de Nadal e que o vindeiro aninovo 2022 vos acompañe con moita saúde e ventura. Aquí deixamos o programa enteiro.

domingo, 12 de decembro de 2021

SÁBADO 11 de DECEMBRO do 2021

Comezamos dándolles a ben-vinda e saudando aos membros do Xurado do "35 Certame de Poesía Rosalía de Castro", dona Diana Varela (Presidenta) e don Armando Requeixo (Vocal). Escoitamos un bocadiño de música e despedímonos ata o vindeiro sábado porque temos que presentarnos no Auditori de San Ildefons, para a presentación da xulipedia.com, do noso amigo e colaborador Xulio Simón, e tamén do CD gravado pola A.C.G.Rosalía de Castro.


Segue o programa con Armando e conecta con Cruz Martínez, poeta xa premiada en dúas ocasións precisamente, no Certame de Poesía Rosalía de Castro. Agradece a súa participación e ela agasalla a tódolos nosos oíntes e seguidores coa lectura dun poema da súa creación. ¡Moitas grazas Cruz!

Despois conecta coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, para recibir a crónica da nosa correspondente Fernanda Follana Neira. 

A continuación conecta con Oscar M. Rey, correspondente na Costa da Marte, que tamén nos envía a súa crónica semanal. Agradecemos a súa colaboración.

Finalmente fala co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha palabras axeitadas para colaborar co noso programa.

Despide o programa desexando o mellor para todos e prometendo voltar o vindeiro sábado á mesma hora.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...