martes, 31 de xaneiro de 2012

Programa do día 28 de xaneiro

28 de xaneiro do 2012

Comezamos dándolle a ben-vida, como ven sendo habitual nestas ultimas semanas, ao noso colaborador ARMANDO FERNANDEZ. Xa forma parte do noso Equipo da Radio. A primeira peza de música é unha gravación que fixeron no Auditorio de Ourense a nosa amiga María do Ceo e Cristina Pato. De seguida comunicámonos con Galicia para falarmos con dúas persoas da zona de Fonsagrada e da Fontaneira: don Julio Fernández e o Sr.Bolaño. O primeiro é un recolector de Setas ecolóxicas con denominación de orixe, con boletín. E o Sr.Bolaño é propietario do Restaurante "O Cantábrico". Unha conversa agradable con ámbolos dous, que nos convidan a achegármonos a aquelas terras lucenses para probarmos eses manxares deliciosos que alí se procuran.

Despois falamos con EVARISTO FOXO, que nos informa da nova posta en marcha da súa tenda de productos de grande calidade galegos, na Estación de SANS, en Barcelona. Levaba un tempo pechada, por mor das obras do AVE, pero agora voltou a poñer en marcha esa tenda, cun espazo algo máis reducido, pero que con moitísima máis calidade. Como novidade incorpora a venda de PAN de Cea, recén forneado, así como as Empanadas. Paga a pena visitar esa mostra de Productos Galegos de Alta Calidade. Desexámoslle moitos éxitos e moita sorte.

A seguinte comunicación con Galicia é a nosa chamada para falar con Xosé Lamela, correspondente da Baixa Limia, que nos pon en contacto, unha vez máis, con Pablo López Vidal, Congresista. Falamos dese traballo que están levando adiante para poder acadar que na provincia de Ourense se poida dispoñer dunha area de solo industrial axeitada, coa finalidade de mellorar as posibilidades para instalación de empresas e creación de emprego na zona.

Na segunda hora falamos con Xulio Simón. Fainos unha homenaxe aos gaiterios, encarnada na persoa de don Xosé Manuel Seivane, do que xa demos conta do seu pasamento no día de onte, e que será soterrado en Ribeira de Piquín. A verdade é que Xulio sempre nos sorprende coa súa escolla e a morea de documentación que nos aporta para un mellor coñecemento do tema que nos fala.
 

Rematamos cunha pequena descrición-historia do Loro Ravachol, do que seguiremos a falar na vindeira semana... Agardámosvos a todos.

martes, 24 de xaneiro de 2012

21 de XANEIRO do 2012

3º programa do 2012 - 21 de XANEIRO

Comezamos dándolle a benvida aos amigos do Bierzo ASOBECAT, que nos visitan para informarnos do seu "IX FESTIVAL DEL BOTILLO en Cataluña": Juan Pedro Sánchez e Jose Antonio López "Toño".Fannos unha pequena introducción do que vai ser este evento tan importante, que cada ano celebran no Hotel CAMPUS de Bellaterra. Nesta ocasión agasallan ao Concello de Balboa e conectamos precisamente co seu Alcalde, don José Manuel Gutiérrez Monteseirín para mantermos unha pequena conversa con el. 


A seguir saudamos a RAMIL, un participante do ultimo Operación Triunfo que nos ven a agasallar o seu primeiro CD que leva por título o seu propio nome RAMIL. Preséntanolo Serxio Seoane, que o acompaña. A verdade é que nos consideramos moi afortunados xa que somos a primeira radio en Cataluña que temos o privilexio de falar con el e sentímonos moi honrados coa súa visita. É un agasallo para os amigos do Bierzo e tamén para tódolos nosos seguidores.
Agradecémosllo moi sinceiramente, tanto a Serxio como a RAMIL: ¡Gracias, en nome de todos!

Conectamos con Galicia para falarmos, coma sempre, con XULIO SIMON, que nos pon en contacto concretamente con CARLOS CARBALLA, "Carramón" para os amigos, que nos fala da súa experiencia no Cruceiro COSTA CONCORDIA. E seguimos a escoitar outro dos singles do CD de RAMIL.

Continuamos a falar cos nosos "Amigos do Bierzo" que volven a convidarnos a todos para que participemos no grande evento que celebrarán o día 11 de febreiro no HOTEL CAMPUS de Bellaterra e acabamos o programa escoitando unha peza máis de música e desexando que volvan a conectar con nosoutros na vindeira semana, que prometemos ofrecerlles outra vez dúas horiñas de radio en galego.

Programa do 14 de XANEIRO

Nesta ocasión encargouse ARMANDO FERNÁNDEZ do programa de hoxe.
Nesta ocasión non podemos "partir" o programa porque a continuidade do mesmo fáisenos algo longa. Así que aquí temos o programa enteiriño. Armando faloulle aos nosos oíntes de varios temas: O Gaiteiro RICARDO PORTELA, A historia da Rianxeira, Isaac Díaz Pardo, algo sobre o Ballet Rey de Viana, e outras cousas interesantes. Podedes escoitalo aquí, acompañado dunha selección de música galega escollida para a ocasión. Agardamos que sexa do voso agrado.

1º Programa do 2012

 7 de XANEIRO do 2012
Despois das festas de Nadal e Reises, comezamos o ano cun programa algo informal no que emitimos unha selección de música galega.
Escollimos algunhas pezas dos ultimos discos que chegaron á nosa Redacción e coidamos que foi un programiña entretido e moi orixinal, aínda que o "enlatado" non fora de moita calidade, pero pensamos que conseguimos ofrecer dúas horiñas de música galega fermosísimas, para comeza-lo ano con ledicia.
Aquí o tedes: ENTEIRIÑO, para que gravedes o que máis vos interese...
Ata a vindeira semana.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...