sábado, 16 de decembro de 2023

SÁBADO 16 de DECEMBRO do 2023

Neste ultimo programa do 2023, comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións ofrecémoslles unha panxoliña como adianto das Festas do Nadal que se achegan. Recibimos a chamada do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que aproveita a ocasión ara enviarnos as felicitacións do Nadal a tódolos oíntes e seguidores ademais de ofrecernos unha poesía de Xosé Ramón Crecente Vega, que lle agradecemos e tamén lle damos as nosas felcitacións para estas Festas.

Seguimos escoitando panxoliñas e felicitamos a Xosé Fernández López, en Euskadi, desexándolle un Bo Nadal e unha feiticeira entrada de aninovo 2024, chea de engado e ventureira.

Chámanos o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, para felicitar a tódolos oíntes, seguidores e socios da Entidade, desexándolles unhas Felices Festas de Nadal e un próspero aninovo 2024. Coméntanos a celebración, esta mañá mesmo, da "Feira do Polbo", diante da Entidade, que ao parecer foi un exitazo de participación e unha degustación extraordinaria. Convídanos a que pasemos pola Entidade en vindeiras datas a celebrar e brindar, todos xuntos polo Nadal. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Continuamos a emisión e conectamos con XOAN ARCO DA VELLA

 unha nova fichaxe, un novo colaborador que seguro nos axudará a coñecer máis polo miúdo moitos recunchos galegos e portugueses, xa que ten moitísima documentación publicada sobre ela. Coméntanos a súa experiencia como "retratista-fotógrafo" plasmador de moitas cousas que, na medida das súas posibilidades nos dará a coñecer a partir dos vindeiros programas. Tamén nos felicita e nosoutros correspondémoslle desexándolle un Bo Nadal e unha feiticeiro aninovo 2024.

Escoitamos máis panxoliñas e con esa música recibimos a CONCHA FERNÁNDEZ LÓPEZ, en Lugo, a quen felicitamos e desexamos un Feliz Nadal, cheo de saúde; e unha feiticiera entrada de aninovo 2024, cheo de ventura e prosperidade.

Dámoslle paso a MARIO SENÉN, membro activo da A.C.G.SAUDADE, que nos fala da grande celebración que están a realizar na Entidade: Concerto da Coral e celebración da Festa da Empanada. Tamén lle desexamos unha Felices Festas e próxpero aninovo 2024. Mario correspóndenos desexándonos o mesmo a nosoutros e aos nosos oíntes e seguidores. Cousa que lle agradecemos.

Entrevistamos a CARMEN GÓMEZ GARCÍA, profesora e poeta que ven de gañar o 2º Premio no "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá" polo poema que leva por título "BEÓN". Coméntanos cal é a procedencia deste nome, que fai referencia precisamente á Lagoa de Antela". Parabenizámola e desexámoslle Felicies Festas. Coméntanos algunhas cousas relacionadas co proxecto que se pode consultar no seguinte enlace:

 https://proxectalagoadeantela.blogspot.com/ . 

Desexámoslle que teña moita sorte na súa facete creativa e poética, e que siga colleitando moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten algunha novidade interesante relacionada con aquelasa terras cheas de engado. Aprovietamos para felicitala tame´n, como a tódolos anteriores participantes, que teña un Feliz Nadal e un ventureiro aninovo 2024.

A crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, tamén  a recibimos con panxoliñas. Sempre nos ofrece un resumo escollido das moitas noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Mándanos felicitacións e nosoutros correspondémoslle cos mesmos desexos de prosperidade e benestar para o vindeiro aninovo 2024.

 

Despedímonos ate o próximo programa, desexando que teñan unhas Felices Festas de Nadal e que o aninovo 2024 veña cheo de benestar e prosperidade para todos.

Aínda lles ofrecemos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que serve para finalizar o ultimo programa deste ano 2023.

Deixamos aquí o programa enteiro.


domingo, 3 de decembro de 2023

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

  1. Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO. É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame.


  2. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitantes e simpatizantes envíannos felicitacións pola tarefa que nos participa este noso correspondente cada semana. Nosoutros tamén lle-lo agradecemos.

  3. Un servidor e os compoñentes do xurado despedímonos porque temos que acudir á Sede da Asociación, onde se impartirá esa Conferencia-Coloquio-Presentación dos dous libros de Charo Golmar. Asistirá o Secretario Xeral de Política Lingüística, don Valentín García. Teremos a presenza do Ilmo.Sr.Alcalde da cidade, don Antonio Balmón, e teñen confirmado a presencia outras autoridades e representantes diversas Entidades Culturais e Asociacións Galegas.

  4. Continúa o programa con Armando aos mandos, e despois dun bocadiño de música ponse en contacto con PABLO VIDAL MENDOZA, Contrabaixista dos Resentidos, que acaba de poñer en marcha un Estudio de Grabación en Bamio. Un músico que ten publicado varios discos e segue nesa tarefa creativa musical.
  5.  

  6. Despois fala con ADRIÁN MÉNDEZ, responsable e coordinador da "FOLIADA DA FONSAGRADA". Comenta a celebración deste grande evento que este ano terá unha morea de novidades e moi especialmente a participación dun grupo asturiano e outro do país vasco, en homenaxe a Kepa Junquera. Tamén haberá sorpresas moi interesantes. Os días de celebración serán o sete, oito e nove de decembro. Cada ano convértese A Fonsagrada nun centro de musicalidade galega de alto nivel. Desexamos que teñan un grande éxito.


  7. Fala con XAN PAMPÍN, do Grupo musical AILÁ, que acaban de publicar un videoclip moi interesante, titulado: "Ailá de Nadal", único disco de panxoliñas tradicional galego do 2023. Iremos escoitando algunhas das súas pezas cada vez que emitamos os nosos programas. Agradecémoslle a súa atención.


  8. Despídese ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo:
 

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...