domingo, 28 de outubro de 2012

27 de OUTUBRO 
 Unha semaniña máis ofrecemos a nosa emisión tentando amenizarlles estas dúas horiñas de radio en galego. Nos controis o noso Técnico MAR FORT. Na locución ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor de vostedes. No día de hoxe faremos varias conexións con Galicia e pretendemos falar con algún responsable da Asociación C.G.Rosalía de Castro, para que nos informe das actividades que teñen previstas para este trimestre, así como tamén nos achegaremos a Badalona, para falarmos con algún responsable da A.C.G.Agarimos, cos que temos a intención de comentar a celebración da Festa da Empanada, prevista para mañá mesmo, e o "Magosto", así como tamén a celebración do "XV Aniversario". 
 

Facemos a nosa primeira comunicación con Galicia para falarmos con RAMÓN BLANCO, que ven de publicar o libro EMILY ON THE ROAD, con ACHA ESCRAVA, Editora. Tamén nos conectamos con MANUEL LOPES RODRIGUEZ, responsable desta Editorial. Podedes escoitar aquí a conversa-entrevista mantida con ambos contertulios. 



Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, que nos presenta a don CARLOS CALLÓN, Presidente de A MESA pola Normalización da Lingua Galega, que nos falan do traballo que veñen realizando a prol da defensa do noso Idioma.  

A semana que ven voltaremos a emitir este noso-voso programiña, con máis novidades, informacións e moitas cousas máis. Se podemos mellor.


 ¡¡¡ Que pasedes unha semana moi feliz !!!

luns, 22 de outubro de 2012

20 de OUTUBRO.


Outra semaniña máis comezamos o programa coa ilusión de ofrecerlles momentos interesantes e sorprendentes, dende a nosa humilde emisión. Nesta ocasión tan só empregaremos a primeira hora, xa que logo entrarán os nosos compañeiros de emisión para retransmitirlles o partido de futbol da Societat Sportiva Cornellà. Desexamos que sexa do seu agrado.
Na primeira hora conectamos coa BAIXA Limia, como cada semana, para comunicármonos co noso habital colaborador XOSE LAMELA, que nos presenta a don LISARDO, Presidente da Plataforma Baixa Limia, cos que mantemos unha conversa-entrevista moi interesante relacionada co desenrolo e actividades desta Asociación que traballa polo desenrolo desa comarca Ourensana. Agradecémoslle a súa aportación e convidámolos para realizar outra conexión noutra ocasión e seguir manténdonos informados deses traballos e actividades tan importantes.

Conectamos, a continuación con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, concretamente en Combarro que nos fai unha síntese reducida das noticias escollidas para esta ocasión. Rematamos así a emisión desta semana dándolle paso aos "colegas" dos deportes, para que poidan seguir con detalle as incidencias do partido de futbol que lles comentabamos no comezo.
¡Ate a vindeira semana!
13 de OUTUBRO  

Nesta ocasión dirixe o programa ARMANDO FERNANDEZ. Nos controis MARC FORT. Como cada semana, tentamos ofrecer unha emisión chea de entretenemento, informacións e novidades, acompañadas de música galega.
A primeira hora facemos unha comunicación-conversa con Galicia, na que X.Couxil, acompañado dun bon amigo e empresario de Viana do Bolo, AMADEO ALFONSO, nos fan unha descrición pormenorizada daquel feiticeiro lugar onde se atopan. Envíanos unhas fotos que colgaremos no blog e fannos un percorrido virtual por aquel entorno, acompañado dunhas pinceladas históricas.
Na segunda hora falamos con Galicia novamente, pero nesta ocasión con outro XULIO FERNÁNDEZ, experto micólogo quen nos ilustra sobre eses grandes decoñecidos pero moi apreciados cogumelos, setas... etcétera, tan apreciados na gastronomía desta época do ano.
Despedindo o programa convidamos a tódolos nosos seguidores para que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, que teremos a ocasión de sorprendelos con outro programa cheo de sorpresas e novidades agradables, mesturadas con boa música.

domingo, 7 de outubro de 2012

6 de outubro do 2012

O noso Equipo: Marc, X.Couxil e Armando.
Unha nova entrega deste noso programiña en galego. Dúas horiñas de radio para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos unha nova tempada, con azos e desexos de compartir con todos vostedes as inquedanzas e novidades que se vaian sucedendo ao redor da nosa cultura, en especial da galega. Comezamos, como lles diciamos ao principio, cos mesmos desexos de tempadas anteriores, pero tentando superarnos e ofrecerlles o mellor de nós. formamos o mesmo equipo da tempada anterior, sin desbotar a posibilidade de incorporar algunha que outra novidade. Nos controis o noso técnico MAR FORT, na locución e Redacción o noso amigo Armando Fernández e un servidor de vostedes Xulio Couxil. Dende Galicia, concretamente na Baixa Limia, e na primeira hora XOSÉ LAMELA. Nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN. Nas Rías Altas PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense. 
   
E como cada semana comezamos coa primeira conexión, en Ourense:Xosé Lamela preséntanos a don SIMONE SAIBENE, Director da película "9 OLAS", cos que mantemos unha conversa ilustrativa sobre a película e outras cousas. 

   A seguir, na segunda hora conectamos con Xulio Simón, que como cada ano, fálanos dende a capital lucense, xa que se atopa disfrutando dun bocadiño de lecer con motivo das Festas de San Froilán. Agradecémoslle a súa colaboración e agardamos voltar a comunicarnos con a vindeira seman, que seguro nos terá preparado algunha novidade dende Combarro, o seu sitio habitual de conexión. 
   Mudamos de tema, e nesta ocasión conectamos con PABLO DÍAZ, lider e alma mater do grupo de música ALEN DE ANCOS, de Ferrol, a quen coñecimos no Festival-Concerto Músico-Poético de Quintá de Cancelada, que se celebrou o pasado 25 de agosto nesa localidade dos Ancares Lucenses, para agasallar aos voluntarios do Campus Internacional de traballo do Sendeiro Quintá-Río donsal, e do que xa lles temos falado aquí, no noso programa, noutras ocasións. Conversamos con el sobre o grupo e sobre a súa música. 
   
A vindeira semana voltaremos con todos vostedes. 
                               ¡Agardámolos!

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...