domingo, 22 de novembro de 2009

21 de novembro do 2009




Comezamos dándolle a benvida aos compoñentes do Xurado do XXIII Premio de Poesía "Rosalía de Castro" e o VI Certame de Narrativa Rosa Reboredo, baixo o patrocinio da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro de Cornellà". Preséntanolos Xosé Carlos :
Presidenta: Dona Ana Vázquez,
Vicepresidente: don Carlos Fontes,
Vocal 1ª: dona Pura Salceda,
Vocal 2º: don Xulio Simón e o mesmo
Secretario: Xosé Carlos García G., e encetamos unha charla-coloquio falando de deste evento.
Fálannos dos seus proxectos. Ana do "portal do século de ouro" en colaboración co Cervantes. Pura fálanos dunha cousa moi importante a nivel de poesía, unha Antoloxía sobre poesía erótica, na que participan poetas cataláns, casteláns e galegos.
Depois continúa Carlos Fontes, que está a traballar con Galaxia para editar un libro que vai chamar "Versos en flor", está a traballar co Ateneo de Pontevedra... ... ... Continuamos con Xulio Simón que nos fala doutra publicación que está próxima a realizar, moi interesante, sobre Uxío Novoneira.
Na segunda hora tivemos en antena a don Andrés Castro, o Subdirector Xeral de Emigración que nos falou uns minutiños aos oíntes, aproveitando que viña a acompañar aos socios e simpatizantes da Asociación Rosalía na súa festa das Letras.
Rematamos estas dúas horiñas de radio comentando varios asuntos con Antonio Díaz, o Director da revista Lúa Nova.
Desexando que voltedes a conectar con noutros a vindeira semana, enviámosvos un saúdo cordial a tódolos que nos escoitades, polas ondas e pola Internet.

domingo, 15 de novembro de 2009

Sábado 14 do mes dos Santos do 2009


Hoxe comezamos dándolles noticias do que tentamos facer nestas dúas horiñas de radio. Algunhas noticias que nos chegan á Redacción e tentaremos comunicármonos con Manoel Carrete, habitual colaborador do noso programa, quen nos servirá de correspondente para podermos comunicármonos con algún responsable da Xunta de Galicia, que se atopa en Barcelona, con motivo da "Convención Nacional do PP, no Pazo de Congresos". O Ilmo.Sr.Presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, achagarase ao Centro Galego de Barcelona, para manter unha entrevista-coloquio con tódolos Presidentes das diferentes Asociacións Galegas de Cataluña.

A nosa primeira comunicación é con don Manuel Ruíz Rivas, o portavoz do PP no Parlamento de Galicia. Agradecémoslle a súa atención e convocámolo para podermos manter algunha conversa con máis detenemento noutro momento de menos apuro. Falounos dos asuntos que lle poden interesar a tódolos galegos que nos atopamos fóra de Galicia. Díxonos que estan a traballar para mellorar as cousas en Galicia e animounos a seguirmos na nosa teima de facer Galicia nos lugares onde nos atopamos.


Continuamos coas noticias que chegan á nosa Redacción. Damos cumprida información dos actos que se están a celebrar na "Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro" con motivo das "Xornadas Culturais"...

Conectamos con Galicia e recibimos a Paco Rivas, unha vez máis, para escoitalo recitando algunha das súas ultimas creacións poéticas.

Na segunda hora temos intención de comunicármonos con Antonio Díaz, para que nos fale do nº 61 da revista Lúa Nova, que acaba de saír ao prelo. Non é posible, porque atópase cubrindo a información da visita do Presidente da Xunta de Galicia ao Centro Galego de Barcelona.

Conectamos coa Asociación Cultural Galega "Agarimos" de Badalona, para que nos falen do seu "Magosto" enxebre, que ten características moi semellantes ás que se realizan en Galicia, concretamente en Ourense, onde algunhas das persoas encargadas de asa-las castañas disfrázanse tentando remedar ás castañeiras (aproveitan para tiznar ás mozas e mozos que se achegan ao lume) e despois repartiranas a tódolos asistentes, acompañadas de bon viño. Ao final repártense os "bolos preñados" de chourizo, feitos polas mulleres da Asociación. Convídannos a que asistamos tamén á súa "Feira do Polbo" que se ven celebrando cada terceira fin de semana de mes, e que coincide pois coa data de mañá, domingo día 15, diante da Asociación, na rúa París nº 45 de Badalona. ¡Felicitacións para todos eles!

¡ ¡ ¡ Ate a vindeira semana ! ! !

luns, 9 de novembro de 2009

7 de novembro do 2009

Comezamos ás 7 do serán.
Estaban a retransmitir un partido de futbol do Cornellà co Llavaneras, que por certo saíu vencedor o equipo da nosa localidade. Que reciban as nosas felicitacións.
Despois dunha pequena introducción, con algunha que outra información local (os diversos "Magostos" que celebran algunhas das Asociacións Galegas na provincia) e un convite para que asistan á Asemblea Informativa que realiza a nosa "Asociación Cultural Rosalía de Castro", facemos a nosa primeira comunicación con Galicia e conectamos con XULIO SIMÓN.

Voltamos a lembrarlles que poden achegarse á Saudade, Sabadell ou a Mollet, que celebran unha conmemoración dedicada a Rosalía de Castro. Paga a pena achegarse.
Agora conectamos outra volta con Galicia, e neste caso a nosa conexión é con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita coa súa conversa e acaba a súa intervención co recitado duns versiños "quetiño" xa que pertencen ao seu ultimo libro de poesías.
Tomámonos a licencia de reproducilos aquí, para quen non teña o vagar e a pacencia de escoitar da súa propia voz ao noso poeta estimado.

Os meus versos son cancións
que lle aprendín de pequeno,
ó xugo tirar do arado
ó xílgaro, á rula, ó merlo,
ó lene asubiar do carro,
ó mar, á fervenza, ó rego,
ó vento contra un carballo,
ó piñeiro, ó toxo, ó fenlo,
ás estreliñas, ó orballo,
ó albor que desperta o ceo,
ás sete cores dun arco,
e nada do meu maestro.

E este que segundo dixo el, define ao seu pobo:

Por entre NOIS e ORXAL
hai un carreiro,
dous regos,
moitos verdes en camás,
cun anaquiño de ceo
... e aínda máis ...

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...