domingo, 18 de xuño de 2023

SáBADO 17 de XUÑO do 2023

O último programa desta tempada 2022-2023. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas, dámoslle a ben-vida ao noso compañeiro e primeiro Director desta emisión radiofónica, don Manuel Rodríguez Julián, que nos acompañará durante estas dúas horiñas de radio. Escoitamos un bocadiño de música para poñérmonos en contacto coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fai a súa crónica semanal.

Escoitamos outro bocadiño de música, concretamente do Grupo AILÁ, que foi o grande intérprete na "Festa Celta" de inauguración en Can Mercader a semana pasada, e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos resume a súa participación desta semana co información precisa relacionada coas novas incorporacións dos elexidos ás Alcaldías dos diferentes Concellos da Costa da Morte. Pódense ampliar estas novidades consultando a súa páxina quepasanacosta.gal

.

A seguinte comunicación é co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS. Mantemos unha pequena conversa relacionada coas eleccións municipais, comentarios con "retranca" e desexámoslle unhas felices vacacións, xa que este é o programa que finaliza a tempada 2022-23.

 

A seguinte conversa é con MANUEL FOTEIRO-FONSAGRADA, unha intervención chea de informacións diversas e moi interesantes. Coméntanos unha serie de acontecementos que se celebran na Fonsagrada, A Foliada con moitos participantes, a toma de posesión do novo Alcalde e unha moi importante, que el mesmo axudou a celebrar: A concentración de Carroceteiros, oficio que vai camiño de desaparecer, aínda que quedan moitos usuarios e persoas que teñen en grande estima esa "ferramenta" de traballo tan interesante que tanto axudou ao progreso e avances agrícolas no seu momento...

 

E finalizamos coa intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RUA, que corresponde á que nos envióu a semana pasada, pero como era Festa Major en Cornellà non puidemos emitila.

 

Desexámoslles que teñan unhas FELICES VACACIÓNS, e que volvan a sintonizarnos na seguinte tempada 2023-24, a partir do mes de outubro.

Colocamos aquí o programa completo.

sábado, 3 de xuño de 2023

SÁBADO 3 de XUÑO do 2023

Unha nova emisión deste nosos programiño de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e escoitamos un bocadiño de música para recibirmos ao primeiro convidado: XACOBE, do PAVÍS-PAVÓS, que nos vai falar do "SETE FALARES" que están a realizar en Pontevedra e que representa unha das máis importantes celebracións culturais relacionadas cos Conta-Contos. Fálanos da participación de moitos e grandes colaboradores, tanto de Galicia como da península e doutras nacionalidades, por algo este é un espectáculo Internacional. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos con máis música e conectamos novamente con Galicia para falarmos con ELADIO PIÑEIRO, un Adegueiro que nos fala da súa adega que leva o seu propio nome. Dos viños que se poden considerar "de autor" porque teñen un selo especial e unha elaboración chea de engado e "cariño", como el mesmo nos indica. Viños albariños que rezuman antiguidade e traballo semellante ao dos nosos ancestros. A semana próxima, concretamente o martes día 6, estará a celebrar no "Playa de Camariñas": CEA-ARMONIA con Eladio Piñeiro. Un menú en seis tempos que degustarán acompañados por 6 viños das súas colleitas. A súa conversa é unha leción de aprendizaxe relacionada co viño e moi concretamente co alvariño que el coida e segue a investigar cada día máis para ofrecer uns caldos de grande calidade. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos na súa andaina, e agradecémoslle a súa amable atención.

Falamos, a seguir, con ABEL BARANDELA, artista pintor con viño, que está a presentar unha exposición moi especial precisamente en Ribadumia, convidado pola súa arte e ademais por ser Valedor da "Festa do Viño do Salnés". Nun espazo moi axeitado que prepararon dende o Concello fai a súa exposición pictórica especializada e moi admirada, con viño tinto do Salnés. Desexámoslle moita sorte.

Conversamos agora con don RAMÓN ALONSO, Ilmo Sr. Alcalde de Entrimo, porque esta fin de semana celebrarán a "XVIII Festa- exaltación da Empanada de Forquellas e da Carne de Cachena". Recíbemos moi amablemente e fálanos do traballo e da coordinación para levar a diante esta grande festa que congrega moitos veciños, tanto galegos como portugueses, que teñen a ben reunírense para degustar esas viandas específicas da zona de Entrimo. Moitas grazas por participar, e moita sorte.

Falamos con Sandra, encargada de Comunicación do Concello de Ribadumia, e poñémonos en conatacto con don DAVID J. CASTRO, Ilmo. Alcalde de Ribadumia, que nos fala da "50 Festa do Viño do Salnés e exaltación das variedades autóctonas". Parabenizámolo por ter acadado maioría nas recentes eleccións e tamén pola celebración destes 50 anos de Festa. Fálanos da grande cantidade de viños presentados nesta ocasión. A entrevista é moi cativa, por mor do tempo que tiñamos previsto. Disculpámonos pola brevidade, pero prometémonos voltar a falar con el para que os nosos oíntes e seguidores poidan recibir máis información e cumpridas noticias dese evento que están a celebrar. Unha honra poder conversar co eles.

Despedímonos ata o seguinte programa, que non será precisamente a semana próxima, xa que estaremos de "Festa Major de Cornellà".

Deixamos que escoiten a colaboración do noso amigo LUIS LOSADA, que nos axuda a coñecer un bocadiño máis a Olga Novo, e recoméndanos a lectura dun seu libro: "Feliz Idade".

Poden escoitar aquí o programa completo:


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...