domingo, 28 de xuño de 2009

Programa do 27 de XUÑO do 2009

Ultimo programa desta tempada.


Denantes de nada aquí tedes os números e os agraciados finais do Concurso:

nº 014. Vicente Maza. "Hotel-Spa Santa Mariña da Ponte"
nº 010. Ceip. Coirón. "Xanela da Lúa".
nº 004. Chousa de Alcandra. "Mirador da Ribeira".
nº 027. Artabria. "Hotel Vila de Viana.
nº 093. Eva C.Grande. "Hotel O Retorno".
nº 048. Serxio Seoane. "V.R. Rosalía".
nº 019. Carlos Sousa. "V.R. A Nosa Casa-Restaurante".

¡¡¡ MOITA SORTE A TODOS ELES !!!

Comezmos o programa dando a coñecer as propostas para estas dúas horiñas de radio en galegio dándolle a ben-vida a Antonio Díaz, colaborador, corresponsal de Galicia no Mundo e Director da revista "Lúa Nova". A primeira peza de música pertence ao ultimo disco de Carlos Núñez, así como un corte coas súas verbas falando do seu disco: "Alborada de Brasil".
A nosa primeira comunicación é con Toñi, a responsable do "Hotel O Retorno", de Viana do Bolo, a quen lle agradecemos a súa aportación e participación no noso 1º Concurso-Sorteo con motivo do 23 aniversario da emisión de "Sempre en Galicia", unha charla amena que aproveita para convidar á nosa audiencia a que se acheguen a aquelas terras para descansar.

Proseguimos a mantemos unha nova comunicación con Xosé Carlos, tamén colaborador e responsable da Asociación Rosalía de Castro, que nos fai un pequeno balanzo desta tempada e prométenos continuar nesta teima de traballar polas "nosas cousas" e con máis azos na vindeira tempada.

A seguinte comunicación é con Puri, unha das responsables do "Mirador da Ribeira", outra Vivenda Rural que colaborou connosco no mentado Concurso-Sorteo de Sempre en Galicia. Agradecémoslle a súa participación e mantemos unha breve conversa na que nos informa das moitas e boas cousas que se poden degustar na súa Vivenda Rural. Tamén nos convida a irmos por alí.

Comunicámonos con Ernesto Lagarón, Presidente da Asociación Cultural Galega "Saudade" que nos informa da fusión quese vai realizar en breves momentos, na sede desa Asociación, entre "O Penedo-Fogar Galego" e "Saudade". Paga a pena escoitar as súas explicacións e motivos polos que se levará a cabo a realización deste acto tan importante.

Na segunda hora, como cada semana, conectamos con Galicia, concretamente con Xulio Simón, o noso corresponsal oficial, e despois de darnos a primicia de que a Torre de Hércules ben de ser declarada como "Ptrimonio da Humanidade", mantemos unha pequena conversa na nos envía desexhos de benestar e unhas boas vacacións para tódolos oíntes, así como o convite de que calquera que se achegue a Galicia e desexe comer farturento e barato, que tome nota dos seguintes Restaurantes:
Monolo "O Raxo", na Coruña; O Churrasco de Ouro en "A Gudiña" (Ourense); "O Gancho", en Silleda e Cándida Vello en Muras. Todos cun menú popular de menos de 12 Euros cadanseu.

Novamente comunicación con Galicia, nesta caso con "Suso da Baixa Limia", que nos pon en antecedentes sobre un acto que se está a preparar para realizar concretamente o día 26 de xullo, no que se lle fará unha homenaxe a don Xosé Luís Mendez Ferrín, con motivo dunha andaina que se desenrolará naquelas terras de Arraianos. Quedou en enviarnos máis información cando estea xa rematado o calendario final. Desexámoslle moitos éxitos a esa iniciativa.

Proseguimos o noso percorrido coa chamada a Xosé Lois, de Chousa de Alcandra, que nos axudou na elaboración do Concurso-Sorteo de "Sempre en Galicia". Míra tí como son as cousas, que un dos números que saíron premiados correspondeulle a el. Felicitámolo e desexamos que sexa para el unha experiencia agradable. Quedamos en poder vernos por Galicia, aproveitando o nos obrigado desprazamento aló, para repoñer e recargar as "baterías".

A última comunicación deste ano foi con "Xosé Antonio Dacuña", fabricante de "Queixos do Xurés". Toda unha honra telo como colaborador e participante nesa nosa andaina. Sempre lle-lo agradeceremos porque ademais non so ofreceu dous lotes de produtos, senón que fíxolle entrega a cada unha da Vivendas Rurais, dun Queixo do Xurés. ¡Moitas Gracias, X.Antonio! Faremos o posible por corresponderche, na medida das nosas posibilidades, e sempre estaremos ao teu carón. Prometémoslle achegarnos a Vilameá de Riocaldo para visitalo e compartir con el algunha que outra vivencia.

E rematamos o programa e esta tempada, desexando que volvades a estar connosco a partir da primeira quincena de setembro, que voltaremos a estar con todos vosoutros e se nos é posible con novidades, música galega e entrevistas de interese para todos.

¡BOAS VACACIÓNS! para todos.

sábado, 20 de xuño de 2009

Programa do 20 de xuño 2009

Comezamos o programa de hoxe cunha peza de música galega tradicional: A muiñeira de Chantada, pero interpretada coa guitarra e adiantámoslle aos nosos oíntes tódolos acontecementos que desexamos levar adiante nestas dúas horiñas de Radio en Galego. Primeiro damos a coñecer algunhas das noticias que nos chegan á nosa Redacción e deseguida conectamos coa directora do grupo de Teatro "Anduriña", da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", que foi agraciada cunha fin de semana gratuíta nunha das Casas Rurais sorteadas a fin de semana pasada, dona AMELIA LÓPEZ, e que nos dice que non poderá aceptar tal agasallo por mor de certos inconvenientes familiares, así que tedes que estar atentos tódolos participantes, xa que temos que extraer VARIOS números dos que non resultaron agraciados para pode disfrutar deses premios.

A segunda comunicación-entrevista é con XURXO Cerdeira Louro, Historiador do Concello de Vedra, que nos fai un pormenorizado percorrido da súa investigación e traballo sobre a Emigración galega do seu concello a América, e adiántanos algunhas das cousas que se están a preparar para conmemorar o CENTENARIO dese acontecemento en VEDRA, así como a Exposición que teñen en Mollet del Vallés, convidados pola Irmandade Galega. A verdade é que paga a pena escoitalo e prometémoslle voltar a conectar con el, a medida que se vaian sucedendo acontecementos ao redor deste evento tan importante.

Continuamos a nosa emisión e falamos agora con XULIO SIMÓN, como cada semana, deleitándonos coa súa intervención falándonos de Benedetti, Cortazar, publicacións e libros recomendados para todos nós. Remata cunha cita de Castelao referida ao Gaiteiro de Soutelo de Montes e nós, regalámoslle a tódolos oíntes a escoita dunha peza de música, en primicia, do ultimo albume de Carlos Núñez -que se titula "Alborada de Brasil"), e que podedes escoitar ao final da súa intervención. Unha regalía para todos, como remata dicindo Xulio.

A seguir conectamos con Cándido Meixide, o responsable da Colección Multimedia de Edición do Cumio que nos pon en antecedentes sobre unha publicación interesantísima referida ao Gaiteiro de Catoira: Agustín Lorenzo Loroño, que tivo lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº5 de Vigo, e na que estiveron o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai, e o propio Cándido. Prometeunos enviar ese traballo para que poidamos escoitalo no noso programa. Temos que agradecerlle a súa deferencia e estima ao facernos partícipes desta novidade, xa que somos os primeiros que o publicamos en Cataluña.

A ultima intervención-conversa-entrevista é con MATIAS, o responsable do "Hotel Vila de Viana", un dos promotores do Concurso-Sorteo da nosa Radio. Agradecémoslle a súa oferta e participación e fainos unha pormenorizada descrición do seu establecemento e das posibilidades que ofrece aos seus clientes na súa casa, incidindo na decoración persoal do seu recinto e na colección de reloxos que posúe. Convídanos a que probemos e que despois opinemos sobre a estancia no seu hoteliño, que está catalogado cunha estrela, pero que ten un servicio de 4 ou cinco estrelas. Agradecémosllo e prometemos voltar a falar con el en videiros programas.

mércores, 17 de xuño de 2009

DESPOIS DO SORTEO

Estou a recibir correos de felicitación e de agradecemento por este traballiño que levamos adiante gracias ao noso equipo (Serxio, Antonio e Marc) e a varias persoas alleas á nosa Entidade, que desinteresadamente nos axudaron e participaron connosco. Teño que facelo público e agradecelo persoalmente: Se non fora por Xosé Luís (Chousa da Alcandra), Mireia -a nosa directora- por Domingo, Toñi, Carmen, Narciso, Matías, Lisardo, X.Antonio Dacuña, Pedro e mais Paco Glez., eu non sería capaz de conseguir o que fixemos. Síntome moi falagado cos agradecementos, pero son eu o que teño que agradecer persoalmente a vosa desinteresada aportación sen a cal non seriamos capaces de acadar este éxito da nosa radio “Sempre en Galicia”, que tamén é unha boa parte vosa, oíntes e seguidores fieis.

Despois do Sorteo, no fermoso Parque de Can Mercader, tendo como testigos a tódolos asistentes, teño que dicir que síntome falagado e moi contento co resultado acadado. Despois de recapacitar e facer un seguimento polo miúdo de todo, quero pedir disculpas polos posibles erros que houbo. Sentímolo moito e agardamos que nos sirvan de acicate para que non volvan a suceder e procurar mellorar para vindeiras ocasións.

No tocante aos resultados temos que facervos saber o seguinte:

1º.- Os gañadores están a confirmar, con certa lentitude, a recepción dos seus agasallos, e polo que estamos a comprobar, algúns deles podia que non acepten o premio, polo que se esto sucede teremos que facer un novo sorteo con todos aqueles premios aos que renuncien os números concedidos. Así pois estade moi atentos aos dous ultimos programas de “Sempre en Galicia”.

2º.- Na relación de participantes podedes comprobar que estan repetidos 3 veces os patrocinadores do Sorteo. A razón é a que nos suxeriron e consensuamos con tódolos oíntes, e outras persoas da redacción e posta en marcha deste Sorteo: Decidiuse que recibiran tres números cada un dos patrocinadores, xa que eles tiñan que ter máis oportunidades que o resto dos participantes. Tamén se poden observar doce repeticións de Radio Cornellà, acompañadas dun número. Esas son as chamadas telefónicas á redacción da Radio, e non figuran os nomes porque cando confeccionei a lista non tiña esa relación xa que a Emisora estaba pechada esta fin de semana, por mor da Festa Major de Cornellà

3º.- O nº 103 non vai facer uso do seu premio, xa que é a Vivenda Rural “A Nosa Casa-Restaurante” e ten a súa residencia na mesma Vila de Viana do Bolo, polo tanto teremos que extraer outro número para entregar, denantes de que remate esta tempada de radio.

3º.- Tódolos participantes de momento, excepto os xa agraciados, teredes dúas oportunidades máis de ser premiados posto que haberá que extraer dous números para completar o Sorteo. O domingo pasado quedounos por entregar o número correspondente á Casa Rural “Mirador da Ribeira”. Así pois quedan por conceder os dous números correspondentes a : “Hotel Vila de Viana” e Vivenda Rural “Mirador da Ribeira”.

ESTADE MOI ATENTOS nos dous últimos programas de “Sempre en Galicia”, o día 20 e o día 27 de xuño, xa que extraeremos os dous números que faltan.

Tamén podedes seguir informados visitando este noso blog, xa que tentaremos actualizalo constantemente.

domingo, 14 de xuño de 2009

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes:


01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex. 24 Genita. 25 Victor Pérez. 26 Nuria Cots. 27 Artabria. 28 Suso Baixa Limia. 29 Iria de Matuca. 30 Gabriela. 31 Alex da Caixa. 32 Xosé Antonio. 33 Pablo C. 34 H.S Sta. Mariña. 35 Antonio Miguélez. 36 Antonio Díaz. 37 Hotel O Retorno. 38 Manoel Carrete. 39 Bolillera gallega. 40 Xanela da Lúa. 41 Paco “A Boroa”. 42 Mirador da Ribeira. 43 V.R. Rosalía. 44 V.R. A Nosa C. 45 Manolo Valdés. 46 Pilar Carracelas. 47 Saraiba. 48 Serxio Seoane. 49 Silvia Cañadas. 50 Manuel Vázquez. 51 Horacio. 52 Mónica Iglesias. 53 Marian Vidal. 54 Marta Prego. 55 Luisa Jares. 56 Marc Font. 57 Juan Carlos Diez. 58 Carlos Vagalume. 59 Elvira Veloso. 60 Amelia López. 61 Fermin Diez. 62 Antonio R.Cancio. 63 Anabel-Cornellà. 64 Natalia Cojar.65 Xulio Costa. 66 Castora da Natalia. 67 Natalia da Castor. 68 Mª Anxeles Rgz. 69 Basela Barja. 70 Pablo Martínez. 71 Radio Cornellà-Chamada-1. 72 Radio Cornellà-2. 73 Radio Cornellà-3. 74 Radio Cornellà-4. 75 Radio Cornellà-5. 76 Radio Cornellà-6. 77 Radio Cornellà-7. 78 Radio Cornellà-8. 79 Radio Cornellà-9. 80 Radio Cornellà-10. 81 Radio Cornellà-11. 82 Radio Cornellà-12. 83 Dani Villaitodo. 84 Raquel Ramírez. 85 Claudia Villaitodo. 86 Nacho Cougil. 87 Pili do Antonio M. 88 Mati Grande. 89 Helena Miguélez. 90 Marta Manzanares. 91 Rubén C.G. 92 Salva Manzanares. 93 Eva C.Grande. 94 Nuria de Salva. 95 H.S Sta.Mariña. 96 Paco “A Boroa”. 97 X.Antonio-Queixos. 98 Hotel O Retorno. 99 V.R.Rosalía. 100 Xanela da Lúa. 101 H.Vila de Viana. 102 Mirador da Ribeira. 103 V.R.Nosa Casa-R. 104 H.S Sat.Mariña. 105 V.R.Rosalía. 106 Hotel O Retorno. 107 Xanela da Lúa. 108 H Vila de Viana. 109 Mirador da Ribeira. 110 V.R.A Nosa Casa. 111 X.Antonio-Queixos. 112 H.Vila de Viana. 113 Paco “A Boroa”. 114 Jaime Martínez Abreu.

E os gañadores foron :
14.Vicente Maza : Fin de semana para 2 persoas no Hotel-Spa Sta.Mariña da Ponte.

93.Eva C.Grande: Fin de semana para 2 persoas no Hotel "O Retorno".

103.V.R.A Nosa Casa: Fin de semana para 2 persoas no "Hotel Vila de Viana".

48.Serxio Seoane: Fin de semana para 2 persoas na V.R. "Rosalía".

62.Antonio R.Cancio: Fin de semana para 2 persoas en "A Nosa Casa-Restaurante".

94.Núria de Salva: Fin de semana para 2 persoas na V.R. "Xanela da Lúa".

96.Paco González: Lote productos doados por "Queixos do Xurés".

101.Hotel Vila de Viana: Lote de productos de "Queixos do Xurés".

84.Raquel Martínez: Dúas empanadas (1 atun e outra de carne) de "A Boroa".

87.Pili de Antonio: Dúas empanadas (1 atun e outra de carne) de "A Boroa".


Podedes ver a realización do sorteo no seguinte video:

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...