venres, 31 de maio de 2019

SÁBADO 25 de MAIO do 2019

Outro programa con todos vostedes. Comezou a emisión con Armando Fernández nos estudos, e disculpando a presencia de Xulio por mor de certas obrigas personais. Despois das salutacións pertinentes comunícase con Xosé Lamela Bautista, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado de hoxe o Sr.Alcalde de Entrimo don Ramón Alonso López, para falar de aspectos relacionados coa proposta de homenaxe a un ilustre personaxe da localidade e dun libro recentemente publicado, así como doutros interesantes aspectos da zona.



Despois falamos con Domingo González Lorenzo, CHEF-Cociñeiro do Hotel-Balneario de Lobios e Presidente de varios Tecores de Caza da Serra do Xurés, ademais de varias comunidades de montes da mesma zona. Falamos da "VII Festa da CAZA do Xurés", das Formativas e Gastronómicas de Caldaria-Lobios... Unha conversa que se ve enriquecida pola grande aportación profesional de Domingo amosándonos o seu bon quefacer no aspecto gastronómico e experto coñecedor da fauna dese entorno fermosísimo que é a Serra do Xurés. 




A seguinte intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa paarticipación con varias informacións moi precisas e interesantes.



E para finalizar comunicámonos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención axeitada e enriquecedora, non só polo seu verbo, senón tamén pola súa creatividade poética, coa que nos agasalla con asiduidade declamando algunha delas.



Despedímonos ate o vindeiro sábado. Que sexan felices!!!

sábado, 18 de maio de 2019

SÁBADO 18 de MAIO do 2019

Presentando "En Blanco"
Na Radio con Lamela e Mandianes
Un programiña máis, con todos vosoutros. Estamos acompañados, en directo polo noso correspondente na Baixa LImia, Xosé Lamela Bautista, e polo grande Antropólogo don Manuel Mandianes Castro, que ven a facer unha Conferencia, con motivo das "Letras Galegas 2019" na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, e aproveitar para presentarnos o seu ultimo libro: "En Blanco". Falamos un chisco con eles e tamén aproveitamos a ocasión para ler unha das ultimas poesías coas que nos agasalla a nosa "Poeta-Pastora" Nieves Fernández Vidueira, relacionada co día de hoxe: O día dos Museos. Moi axeitada para este día tan singular. Mandámoslle as nosas felicitacións e agradecémoslle que comparta connosco tan fermosas palabras.



Despois de despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, deixamos que continúe a emisión ofrecéndolles unha serie de escollas musicais coas que poden disfrutar amplamente.


E finalizamos con máis música galega para completar o horario establecido. Pregámoslles que nos disculpen por non poder ofrecerlles un programa con máis contidos, xa que temos que acompañar ao noso convidado de hoxe, don Manuel Mandianes Castro, que nos deleitará coa súa exposición sobre o día adicado a Antón Fraguas Fraguas e completarao cos comentarios sobre seu libro : En Blanco.


Despedímonos ate a vindeira semana, que prometemos ofrecerlles outro programa entretido. ¡Que teñan unha feliz semana!

sábado, 11 de maio de 2019

SÁBADO 11 de MAIO do 2019

Comezamos outro programa de "Semprengalicia" dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para conectar con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, onde se atopa o noso correspondente José Lamela Bautista, que nos presenta ao seu convidado de hoxe, don MANUEL MARIÑO, propietario do Restaurante LINDO VERDE, en Lindoso, que acaba de "reinaugurar" ese establecemento. Mantemos unha conversa moi interesante falando das ofertas gastronómicas que se poden degustar nese emblemático lugar, situado ao pe do Castelo de Lindoso e pertiño do encoro do mesmo nome. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos visitalo en canto vaiamos por aquela zona tan feiticeira, para poder xantar algún deses pratos deliciosos que preparan con tanta excelencia.

Falamos agora con RAQUEL DA VENTA, prologuista do libro de Mercedes Taracido: "Por camiños e carreiros", do que xa tiñamos falado, pero aproveitamos esta conversa-entrevista para que nos amplíe coñecementos sobre a nosa amiga Mercedes, que con tanto cariño confeccionou ese libriño. Foi un pracer poder departir con Raquel estes minutos de conversa sobre a parella conformada por Mercedes e Máximo, aos que aprezamos e admiramos.

Na segunda hora o noso correspondente nas Rías Baixas, concretmente en Combarro, Xulio Simón, preséntanos ao seu convidado de hoxe, o grande Cantautor LUIS PASTOR, ao que lle profesamos grande admiración, pola súa traxectoria creativa tan fecunda e pola súa aposta en defensa da liberdade, tanto no período franquista como actualmente, que segue a dar concertos sen parar.

Despois conectamos novamente con Galicia, para falarmos con José Carlos Ulloa, un poeta lucense que nos adianta a próxima publicación de dous libros da súa autoría e que contarán con diversas colaboracións de persoas amigas e poetas coma el.

Tiñamos previsto falar con Nieves Fernández Vidueira, a nosa pastora poeta, porque desexabamos agradecerlle públicamente a atención que nos dispensa, xa que nos enviou o seu libro "Retrincos do meu ser". Non nos foi posible e así aproveitamos para ler un dos seus poemas adicados á aldea de Quintela doPando (Viana do Bolo) lugar de nacemento da autora. Despois de escoitar outro bocadiño de música e desexarlles que pasen unha feliz semana, despedímonos ate o vindeiro sábado.


sábado, 4 de maio de 2019

SÁBADO 04 de MAIO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros, no que tentamos ofrecervos novidades, entrevistas e música e que desexamos sexan do voso interese. A primeira comunicación é con CARLOS JULIO GONZÁLEZ, un mozo Quirogués de 16 anos que ven realizando unha labor de informador-periodista como afeccionado pero con moita dedicación e seriedade, precisamente na comarca de Quiroga e leva adiante a súa páxina DIARIO DE QUIROGA, moi aprezada polos veciños e por moitas persoas que se achegan a coñecer algo máis daquela contorna. Agradecémoslle a súa amable atención e non descartamos a posibilidade de que participe con nosoutros nalgunha sección do noso programa. 

Aproveitamos uns minutiños para sacar da presentación á nosa periodista LAURA SANTOS, que está no Parque Europa de Santa Coloma de Gramanet, disfrutar do terceiro día de Festa Galega que organiza Airiños da Nosa Galicia con motivo do seu 36 cumpleanos. ¡Parabens e graciñas por atendernos! os galegos ofrecen a súa cultura musical e gastronómica nese parque emblemático que xa é unha tradición na cidade, e que rematará o día 5 con queimada popular gratuita.

Continuamos e poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a intervención dun coñecido e colaborador da nosa radio: don ASER ALVAREZ GONZÁLEZ, Director executivo de Arraianos Producions e grande coñecedor da Baixa Limia. Aproveitamos para darlle os nosos parabens, por ter acadado o "Premio de Xornalismo Johan Carballeira", que lle entrega o Concello de Bueu, cun Texto sobre Mendez Ferrin, cuxo título é "Ferrín e a poesía do circo". Explícanos cómo se desenvolveu este traballo arredor de Méndez Ferrín, a poesía e o circo, que conta coa participación de Quico Cadaval, dous arraianos de pro. Agradecémoslle a súa atención e lamentamos non poder contar coa participación de Xosé por mor da mala comunicación telefónica que hoxe non foi a axeitada.

Continuamos e conectamos coas Rías Baixas, para que nos informe dalgún dos moitos eventos que se están a celebrar en Pontevedra. Concretamente un deles é relevante porque no Triatlón Internacional dous galegos Javier Gómez Noia e Pablo Dapena -primeiro e segundo- e no apartado feminino Judith Corachán e Anna Noguera foron prata e bronce. Agradecémoslle a súa aportación.

Atrevémonos a ler unha das creacións poéticas da nosa amiga "poeta pastora" Nieves Ferdz.Vidueira, que se titula: Cando o que miras fala. Unha verdeira descrición da fotografía coa que ilustra o seu poema, e que nos tentamos darlle a entonación correspondente para disfrute de todos...

A vindeira semana máis. non deixen de sintonizarnos. Aquí estaremos.¡Grazas!


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...