domingo, 23 de febreiro de 2014

Emisión do sábado 22 de febreiro do 2014

Visita de IOLANDA Fernández
Presentación Documental
Este sábado tivemos un programa "algo especial" por mor da nosa asistencia ao acto de presentación do Documental do sendeiro "Quintá de Cancelada - Río Donsal", dirixido polo noso técnico MARC FORT PI, na A.C.G.Rosalía de Castro

Comezamos dándolle a benvida aos nosos oíntes e seguidores, saudando ao equipo completo (Marc Fort, Armando Fernández e Laura Santos), pero moi especialmente a IOLANDA Fernández, que nos visita nos estudios.

Deseguida conectamos con Galicia para falarmos con SIMONE SAIBENE, director da película gallega: 9 OLAS, da que xa tivemos cumprida información na súa estrea, pero hoxe temos que comentar con el varias circunstancias que a converten en actualidade por ser preseleccionada para os premios Mestre Mateo con 7 candidaturas alomemos...

A segunda conversa é con don MANUEL RODRIGUEZ DEIROS, Presidente da Asociación Castaño y Nogal (Sección de Cataluña), que nosfrala da presentación do Documental arriba mencionado.

Despois conversamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos relata como novidade importante a concesión do Premio LAXEIRO, que acadou LUZ POZO GARZA, e continúa dándonos máis información e documentación sobre as cousas que ten preparadas.

Na segunda hora temos un pequeno percorrido polo Concello de Campo Lameiro, acompañado con interpretacións musicais do Grupo BERROGÜETTO, dividido en dúas partes.


A segunda e ultima parte está relacionada coas Rutas para visitar os Petroglifos que se atopan neste Concello, e que non só pola cantidade senón tamén pola calidade dos mesmos, fan que este Municipio estea recoñecido como a Capital do Mundo Rupestre en Galicia.


Desexamos que pasen unha semana moi feiticeira.
 ¡¡¡ Bo Entroido a todos !!!

domingo, 16 de febreiro de 2014

SÁBADO 15 de FEBREIRO do 2014

Visita de Alfredo nos estudios da Radio
Comezamos a emisión anunciándolles cómo decorrerá o programa e dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Como novidade especial, sorpresa, a intervención en directo do amigo e cantautor ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, que nos ven a agasallar coa interpretación de varias pezas da súa autoría. A primera comunicación é coa Baixa Limia, pero temos que disculpar a non participación do noso correspondente semanal Xosé Lamela,. En pago pola ausencia temos en antena a LISARDO, un dos responsables de PLABALI, que nos informa das ideas e novidades relacionadas con esa Asociación.

Despois chamamos a OSCAR RODRÍGUEZ, xoieiro de prestixio  moi contrastado en Viveiro e Presidente do COXGA, con quen mantemos unha entrevista moi interesante relacionada coas actividades realizadas polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e que últimamente están a acadar moito éxito.
Interpretando en directo

Agora aproveitamos a visita que nos fai ALFREDO para comentar con el a "Presentación do Documental Quintá-Río Donsal", que se realizará o vindeiro sábado na sé da A.C.G.Rosalía de Castro, e no que participa como cantautor. Agasállanos cunha interpretación musical creación e realización súa, en directo.

Na segunda hora falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada unha intervención chea de información cultural relacionada con eventos e datas que fan referencia a Galicia, Cataluña e Portugal. 

A ultima intervención-entrevista, é con CARLOS ARES, de Viana do Bolo, que ven de publicar un libro en formato dixital : ILUSTRES, e fainos unha pequena descrición do seu contido. Tamén nos adianta unha exclusiva relacionada co libro: será posible mercar o libro en formato papel e moi posible poderán adquirilo a partires do ENTROIDO VIANÉS. Felicitámolo desexándolle moito éxito e tamén agradecémoslle a súa participación. 

Despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora: de 6 a 8 do serán, prometéndolles algunha que outra sorpresa.

sábado, 8 de febreiro de 2014

Sábado 08 de febreiro de 2014

Emma González
Comezamos o programa coa intención de sempre: Entreter a tódolos nosos oíntes e seguidores, e facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de animación, entrevistas e novedades, adubiadas cun chisco de música galega. Conectamos co noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela, que nos pon en contacto con dona EMMA GONZALEZ, Directora adxunta do 15 Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, de Ourense. A conversa-entrevista con Emma decorre con moita animación e chea de informacións e boas novas, relacionadas con ese evento tan importante, que se está a desenrolar na capital Termal máis importante de Galicia (a segunda de Europa). Agradecémoslle a súa aportación e participación. 

 Comentamos algunhas informacións relacionadas coa A.C.G.Rosalía de Castro e aproveitamos para escoitar unhas pezas musicáis do grupo RIOBÓ, que hoxe mesmo teñen actuación, en directo, en Cal Ninyo, de Sant Boi de Llobregat. 

 Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas. Como sempre a súa intervención é unha especie de clase maxistral relacionada coa cultura galega e con moita aportación documental. Agradecésmolle a súa colaboración e despedímonos ate a vindeira semana. 

 Falamos agora con don MANUEL MANDIANES, do CSIC, Antropólogo e amigo, con quen mantemos unha pequena conversa e tratamos de comprometelo para que en vindeiras datas poidamos contar coa súa estimada colaboración. 

 O vindeiro sábado máis, e se podemos, mellor.

sábado, 1 de febreiro de 2014

SABADO 01 de febreiro do 2014

O programa de hoxe non puidemos ofrecérvolo en directo por mor de certos impedimentos persoais dalgún dos nosos componentes deste equipo que tenta levar adiante esta emisión, pero coido que será de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, xa que contén unha entrevista-conversa con VASCO GONÇALVES, Presidente da Associaçao Desportiva e Cultural de Soajo. O noso correspondente XOSÉ LAMELA, ponnos en contacto con este contertulio de hoxe, que nos da a coñecer, un bocado, esta Freguesía -SOAJO- de Portugal, chea de encanto, con moita riqueza patrimonial, histórica, etnográfica e que teñen previsto realizar o "IV Festival BIODOC" para o mes de Agosto deste mesmo ano. A proposta desta celebración cultural é moi prometedora e seguro que teremos a posibilidade de voltar a falar con eles para que nos vaian informando das actividades a realizar. Agradecémoslle a súa participación...


Falamos con XOSE CARLOS G.G., Presidente da Banda de Gaitas XUNTANZA, e Directivo da A.C.G.Rosalía de Castro, que veñen de celebrar esta mañá un Festival Solidario en Hospitalet. Precisamente o noso amigo Armando Fernández é quen nos fai de correspondente e introdúcenos nesta conversa.


A segunda parte deste noso programa é unha selección de música galega, que escollemos para que poidan disfrutar desta proposta musical.


Agardámosvos a vindeira semana á mesma hora. Tentaremos facer outro programa -se podemos mellor- cheo de informacións, novidades e música da nosa. ¡Que pasen unha semana moi feliz!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...