Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Sábado 05 de ABRIL do 2014

Outra entrega máis deste noso programiña en língua galega . Saudamos a tódolos seguidores. Propoñemos escoitar un chisco de música denantes de conectar con XOSÉ LAMELA , que ns presenta a LISARDO, Presidente de PLABALI . Comentamos algunha cousa relacionada coa Baixa Limia e centrámonos na Manifestación-Reclamación que se fará o vindeiro domingo, 6 de abril, concentrando os autos na estrada que está por finalizar dende O Vieiro ate Portugal. Desexámoslles moitos éxitos e que se acaden, alomemos, algunhas das súas reivindicacións.  Despois comentamos as informacións que nos chegan á Redacción.   Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN , que sempre nos ten preparada unha morea de novidades moi ligadas á nosa Literatura Galega.  Despois falamos con PILA, do Restaurante-Pizzería "O RUEIRO" , que veñen de recibir o 1º Premio do Concurso de Tapas celebrado na 39 Edición da Festa do Queixo de Arzúa.  No final desexamos que pasen

Programa atrasado do día 29 de MARZO do 2014

Novamente comeza o programa dirixindo ARMANDO FERNÁNDEZ . Hoxe contan coa participación e colaboración de XAVIER BORRELL , crítico literario e director do programa de radio PROPERA PARADA CULTURA , en Radio Cornellà. Tamén dirixe outro programa literario en RADIO 3. Comunícanse con FRANCISCO NARLA , escritor co que xa tiñamos falado nalgunha ocasión anterior, para que nos comentara algo sobre o seu libro ASSUR, pero como virá ao Castelo de Cornellà a presentar a súa ultima obra: RONIN, aproveitamos a ocasión para entrevistado. Agradecémoslle-lo e prometémonos voltar a fallar con el en vinieras datas.  A segunda conversa-entrevista é co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos presenta ao contertulio de hoxe: don AGUSTÍN BENITO MARTÍNEZ , co que falan de diversas cuestións que afectan á Baixa Limia.  No final do programa fan referencia a algunhas noticias e comunicacións diversas e teñen a participación do noso amigo PACO RIVAS , o poeta da mariña lucense, que sempre ameniza a

Programa atrasado do día 22 de MARZO do 2014

A miña ausencia obriga aos meus compañeiros ARMANDO FERNANDEZ e LAURA SANTOS, a realizar o programa sen a miña participación.  Comezan saudando aos oíntes e seguidores e deseguida conectan co noso correspondente na Baixa Limia, don XOSÉ LAMELA , para que nos presente ao contertulio combidado de hoxe: Don XOSÉ GONZÁLEZ. Manteñen unha conversa moi amena e entretida, chea de informacións e opinións diversas, moitas delas relacionadas coa etiquetaxe de produtos en galego.  A segunda conversa-entrevista é con DAVID , compoñente fundador e guitarrista do Grupo Musical "O VAL das MOURAS" que nos informa da viniera actuación que verá lugar nun local mii emblemático de L'HOSPITALET DE LLOBREGAT.  Antes de finalizar o programa aínda teñen tempo para comunicarse conmigo e falamos un chisco desexando que a vindeira semana poidamos ofrecerlles outro programa que sexa do seu interese.