sábado, 24 de outubro de 2015

SÁBADO 24 de OUTUBRO do 2015

Comezamos o programa conectando con Pedro RIBEIRO, do "Centro Galego NÓS", de Sabadell, que é o responsable do seu Restaurante, e que está nunha feira Medieval no Vallés, como representante da Entidade e amosando as súas especialidades gastronómicas. Conversamos con el sobre as actividades que ven realizando ultimamente no Centro Galego NÓS e nas vindeiras celebracións. Agradecémoslle a súa aportación e amable atención.

A nosa compañeira LAURA SANTOS, fainos unha pequena semblanza da celebración que se está a realizar no C.G.AIRIÑOS da NOSA GALIZA, de Santa Coloma de Gramanet, así como das actividades que teñen previsto realizar. 

Despois falamos con JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, que teñen previsto realizar a "Castañada Popular de Asobecat 2015", na súa sede do Restaurante "Rincón de Galicia" de Polinyà, o vindeiro día 31 de outubro, acompañado dun xantar extraordinario. Tamén nos comenta, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, a "Festa do Botillo 2016" con sorpresas moi interesantes e de grande interese. 

Na segunda hora conectamos con Galicia, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que sempre ten preparadas unha serie de informacións moi interesantes e cheas de ensino.

Chamamos a MANUEL R.JULIÁN, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, que nos da cumprida información das Actividades que teñen previsto realizar próximamente e quedamos en voltar a comunicarnos cando teña máis novidades e cousas que contarnos. 

A vindeira semana prometemos ofrecerlles outro programiña cheo de interesantes novidades e noticias. 
¡Agardámosvos!

luns, 19 de outubro de 2015

Sábado 17 de OUTUBRO do 2015

Temos que disculpar a LAURA SANTOS e ARMANDO FERNANDEZ, que non se atopan conmigo nos estudos. Laura atópase indisposta, ten unha sinusite que lle impide a súa asistencia. E Armando está na A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, formando parte do Xurado do "19 Concurso de Empanadas e Roscóns" desa Entidade. Comezamos a emisión conectando con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao seu convidado de hoxe: XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ (Pepe para os amigos), un grande defensor da nosa lingua galega. A conversa con eles, conviertes nunca chea de leución e ensino para todos nós. 

Despois volvemos a conectar con Galicia, para falar con EFRAIM DÍAZ, músico da Banda Municipal de Lugo e Profesor da Escola Municipal de Música, que acaba de publicar o seu segundo disco  en solitario "PITO GALEGO", do que escoitamos algunha das pezas do CD. Agradecémoslle a súa colaboración.

Na segunda hora, como cada semana, con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías BAIXAS, que sempre nos ten preparada unha selección de noticias e informacións moi interesantes.

Denantes de finalizar a nosa emisión de hoxe, dámoslle a coñecer as noticias que nos chegaron á Redacción, das que destacamos a "74 FEIRA do POLBO" da A.C.G.Agarimos, de Badalona, que se realizará mañá mesmo, o domingo día 18 de outubro, á que nos convidaron especialmente os nosos amigos desa Entidade, e deixámolos coa escoita dunha selección de música galega.

Despedímonos ate a videira semana.

sábado, 10 de outubro de 2015

SÁBADO 10 de Outubro do 2015

Comezamos o programa disculpando anon presencia nos estudos da nosa compañera LAURA SANTOS, por mor de certas obrigas personáis e deseguida conectamos con Galicia, concretamente co noso correspondente na Baixa Limia, para falarmos con XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao seu excepcional convidado: don LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ.Ven de publicar e presentar o seu libro: Por que as sombras non teñen ollos A conversa-entrevista amena e, chea de ensino, para tódolos nosos oíntes e seguidores.

Falamos un chisco sobre a Festa do SAN FROILÁN en Lugo, que aínda está a celebrarse nesa capital galega, e que congrega a tódolos grupos folkclóricos tradicionais galegos de renome, así como grandes conxuntos musicais e realizacións de moitos e moi importantes eventos culturais.

Na segunda hora conectamos novamente con Galicia para falarmos con VERÓNICA, de CAURELOR, que nos pon ao corrente das ofertas que teñen e aproveita para ofrecerlle a tódolos oíntes e seguidores as castañas con denominación de orixe CAUREL, que se poden demandar na súa páxina web ou chamarlle directamente ao seu teléfono, para encargar algún dos moitos productos ecolóxicos que ofrecen: feitos artesanalmente e cos frutos daquela zona. Seguro que quedarán compracidos coa elección.

A última conversa é co noso "Poeta da Mariña Lucense": PACO RIVAS, que nos fala das súas publicacións recentes (TRACA TRACO e "De Punta a Chicote") , que ven de presentalas en Vigo e noutras localidades da nosa xeografía galega.

A vindeira semana contamos voltar con todos vosoutros e contarvos moitas cousas máis.

domingo, 4 de outubro de 2015

SÁBADO 3 de OUTUBRO do 2015

Comezamos unha nova tempada cos mesmos azos e ganas de levar adiante estas dúas horiñas de radio en galego. O equipo mudou un chisco, temos un novo técnico nos controis: KIKO, pero nas Locucións, Redacción e Colaboracións, seguen os mesmos: LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÀNDEZ e un Servidor (Xulio Couxil) falándolles dende os estudos, e nas colaboracións: XOSÉ LAMELA, dende a Baixa LIMIA, e XULIO SIMÓN, dende as Rías BAIXAS. Así pois, conectamos con Xosé e comentamos "cousas" interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores.


Dámoslle a ben-vida a ANTONIO LOMBARDÍA, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos visita nos estudos, e aproveitamos para comentar con el as Actividades e diversas actuacións que realizan na Entidade e as vindeiras que se realizarán. Agradecémoslle a súa participación. 


Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, como tiñamos por costume, para falarmos co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN, que nos facilita a conexión co seu convidado de hoxe: XURXO SOUTO. Coido que non fai falla presentación, así que ahí vos vai a entrevista-conversa. 


A ultima conversa-entrevista é con MERCHI ALVAREZ, de GALICIA-AME, nada menos que a súa Presidenta, coa que mantivemos xa unha pequena conversa noutra emisora amiga (Radio Sant Boi, programa "Galegos no BAIX"), e agradecémoslle a súa aportación e colaboración. Unha participación chea de emoción e engado. Seguro que pronto voltaremos a chamala para que nos siga informando da evolución e realización das súas actividades, que son moitas e importantes. 


A vindeira semana agardamos que nos sigan escoitando e desexamos que participen das nosas propostas, aportando as súas suxerencias, que sempre son ben recibidas.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...