luns, 2 de xullo de 2018

SÁBADO 30 de XUÑO do 2018

SÁBADO 30 de XUÑO do 2018

Neste programa do "final de curso" comezamos, coma sempre, ofrecéndolles unha peciña musical para despois conectar con Galicia, onde nos recibe o noso correspondente XULIO SIMÓN, que ten un convidado especial o Doutor ANXO MARÍA CARRACEDO ALVAREZ, Catedrático de Medicina Legal, científico, investigador e experto internacional en Xenética. A conversa-entrevista é para nós unha honra e un privilexio. Énchenos de ensino e sabenza. Xulio ten que deixarnos pero intervén LOLI BELOSO NEIRA, gran amiga do Doutor e coñecedora da súa traxectoria científica e humana. Agradecémoslle a ambos a amabilidade que tiveron connosco e desexámoslles que continúen nesa tarefa altruista de axuda á investigación, que amosa LOLI, e que o Doutor Carracedo siga colleitando éxitos na súa laboura científica e investigadora.


Despois de escoitar outra peciña musical, voltamos novamente a Galicia, concretamente á Baixa Limia, onde nos recibe o noso correspondente XOSÉ LAMELA BAUTISTA, que tamén nos presenta ao contertulio de hoxe, o SR. SINDO GAYOL, prestixioso Empresario daquela zona que rexenta o Restaurante "O Esquecemento". Conversamos sobre a súa traxectoria e outras cousas relacionadas coa Baixa Limia, co despoboamento, coas posibilidades de mellora... ... en vindeiras datas comprometémonos a voltar a solicitar a súa colaboración na nosa emisión.


Na segunda hora conectamos con TAMARA ANDRÉS, encargada da sección : NO ESTRELAMPAR, que está chea de contido cultural e comunicativo moi interesante. Desexámoslle que teña un bon verán e desexámoslle moitos éxitos na súa tarefa dinamizadora cultural.


Falamos coa nosa LAURA SANTOS que por motivos persoais non puido estar con nosoutros estas últimas datas, pero que lle desexamos tamén un bon verán e contamos poder recibila novamente nos estudios o vindeiro "curso", cando comecemos a finais de setembro ou en outubro.


Tamén comentamos co noso "Poeta da Mariña Luguesa", PACO RIVAS, as inquedanzas e próximas intervencións que se lle presentan para este verán. Desexámoslle o mellor.

E despedímonos de todos vostedes, non sin antes indicarlles que temos anotado na axenda, o nome de dona MERCEDES TARACIDO, nada en Cedeira, e autora dun libro que leva por título: "Por camiños e carreiros"


Desexámoslles un ¡Feliz Verán! para todos. Estén atentos que xa lles informaremos da data exacta na que comezaremos a vindeiro curso. Non deixen de sintonizarnos e que sexan moi felices!!!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...