domingo, 21 de decembro de 2014

Sábado 20 de decembro do 2014

O último programa do ano. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, todo este equipo: LAURA SANTOS, XOSÉ LAMELA, ARMANDO FERNANDEZ e un servidor. Nos controis técnicos, coma sempre, MARC FORT. Tentaremos facer un programa cheo de desexos Navideños para todos e moi especialmente para aqueles amigos e seguidores moi particulares. Ofrecémoslles escoitar unha primeira peza do disco CANTIGAS DE NADAL, e con ela queremos felicitar á cantautora GUADI GALEGO, dándolle unha sorpresa, pero non demos contactado con ela. Probamos logo con outra persoa e tentamos poñernos en contacto coa Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" dona AMELIA López, a quen felicitamos con efusión e cariño. Aténdenos con amabilidade e desexámonos mutuamente unhas Boas Festas e próspero vindeiro Ano. 

A seguinte comunicación é co Presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro -don ALFONSO RICO-, que aproveita non só para felicitar as FESTAS a tódolos oíntes, seguidores e socios, senón que tamén nos fai un pequeno adianto das inmediatas actividades que teñen previsto realizar na Entidade. Agradecémosllelo e desexámoslle o mesmo. 

Comunicámonos con don JOSÉ MARÍA EGUILETA, grande colaborador desta nosa emisión. Aínda que coa voz un chisco tomada por mor do catarro que lle incomoda, danos tempo de felicitalo e correspóndenos desexándonos o mesmo.

Despois chamamos ao noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como sempre ten preparada a súa intervención ofrecéndonos un bocado de saber cultural galego. Aproveitamos para desexármonos unhas Felicies Festas e un Feiticeiro Aninovo 2015. 

Na segunda hora conectamos con don OVIDIO SANTOS, un dos nosos mellores seguidores e "fósforo" a quen lle agradecemos a súa atención e enviámoslle os nosos mellores desexos dende esta pequena fiestra comunicativa. 

Comunicación-intervención co noso Poeta da Mariña Lucense: PACO RIVAS, que ademais de felicitarnos aproveita para recitarlle unha fermosa composición poética dedicada á nosa compañeira LAURA. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle o mellor para o vindeiro ano. 

E finalizamos esta nosa emisión deste ano falando co noso amigo SUSO DÍAZ, de Ludeiros -na Baixa Limia-, e enviámoslle os nosos mellores desexos radiofónicos e feiticeiros para este NADAL e aninovo.

Agardámol@s a tod@s o vindeiro día 10 de XANEIRO 
á mesma hora: de 18 a 20 horas... ...

¡¡¡  QUE TEÑAN UNHAS FEITICEIRAS FESTAS !!!

domingo, 14 de decembro de 2014

Programa do 13 de DECEMBRO do 2014

Con un puoco de retraso, por mor de certas "obrigas" persoais, que mo impediron, aquí vos deixamos o programa do sábado pasado, que consideramos sexa do voso agrado. Comezamos dándolles a ben-vida dende os estudios o equipo formado por MARC Fort -nos controis técnicos- XOSÉ LAMELA, LAURA SANTOS e un servidor. O noso amigo ARMANDO atópase facendo de presentador no XVIII Festival de Agarimos de Badalona. E a primera conexión-comunicación é con TONI SIMOES, da "TAVERNA del CLINIC", para felicitalo por ter acadado o Primeiro Premio como o "Mellor Cociñeiro xoven de Catalunya", concedido pola Academia CATALANA DE GASTRONOMÍA. Mantemos unha conversa moi agradable e chea de informacións e coñecementos sobre a súa tarefa como "Chef" da cociña dese Restaurante emblemático LA TAVERNA DEL CLÍNIC. Agradecémoslle a súa amable atención e prometemos saudalo e felicitalo personalmente, nunha vindeira visita ao seu establecimiento.

Facemos unha pequena mención aos Premios que foron concedidos no "XXVIII Certame de Poesía Rosalía de Castro", e tamén nos comprometemos facer os posibles para conectar cos agasallados para comentar estes Premios así como que nos lean algún dos seus poemas ou creacións.

A segunda comunicación é con XULIO SIMÓN, que como é habitual cada semana nos ten preparada a súa colaboración literaria ou cultural sempre moi interesante.

E antes de finalizar o programa chamamos a PACO RIVAS, que nos fala do seu proxecto creativo e poético, do que recibimos un adianto telefónico moi interesante.

A vindeira semana mais, e se nos é posible con moitas e interesantes novidades.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...