sábado, 25 de marzo de 2023

SÁBADO 25 de MARZO do 2023

 Outro programiña máis deste "Semprengalicia" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos coas salutacións de sempre e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto co primeiro convidado: don MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Catedrático de Filoloxía Románica e Coordinador Científico do Centro Ramón Piñeiro. Felicitámolo por ter acadado o Premio da Cultura Galega 2022, e que lle entregaron na primeira quincena deste mes en Lugo, xunto con outras destacadas personalidades da nosa Cultura Galega. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Agradecémoslle a súa participación.

A seguinte convidada é ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO, poeta e escritora galega (de Carril). Recibímola co Pasobobre Leizapren, que nos envióu esoutro día e que é un agasallo dun grande amigo dela. Felicitámola porque ven de recoller, na Coruña, o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal do 2022, polo seu poemario "Voto de Silencio". Agradecémoslle a súa atención e agasállanos coa lectura dun seu poema. Sempre é un pracer conversar con Andrea.

Falamos, a continuación con dona LOURDES IGLESIAS OREIRO, de Mazaricos. Unha Enfermeira galega afincada en Castelldefels, que nos comenta unha serie de vicisitudes que lle aconteceron na súa traxectoria vital e na súa profisión que tanto amou. Os momentos e anécdotas moi intensas, os seus traballiños de cando era cativa... Ficaron moitas cousas no tinteiro pero quedamos en voltar a contactar con Lourdes para que poidamos saber máis cousas interesantes. ¡Moitas grazas Lourdes! Seguiremos en contacto.

Recibimos agora a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA. Sempre ten preparada algunha novidade interesante relacionada coa zona e moi concretamente coa productividade e oferta gastronómica, concretamente da casa "O Sabor dos Ancares" - A Carqueixa, dos pratos cociñados... Tamén da próxima celebración da Procesión do Venres Santo na Semana Santa... ¡Grazas Fernanda!

Agora a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que coma sempre ten preprada unha síntesi reducida das novas que acontecen naquela zona, e que os nosos oíntes e seguidores poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal

E antes de finalizar escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nos axuda a coñecer algunha cousa cultural máis.

Aquí vos deixamos o programa enteiro. Ate o vindeiro sábado. 

¡Que teñan unha feliz Semana!


sábado, 18 de marzo de 2023

SÁBADO 18 de Marzo do 2023

Xosé e Xocas. "Os GALEGOS"
Un programa máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, salutacións de ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con Xocas Blanco Blanco, do Restaurante-Marisquería "OS GALEGOS en Granollers. Felicitámolo porque están a cumplir nada menos que 25 anos desque comezaron a súa andaina na Restauración nesa localidade. Cóntanos cómo foron aqueles comezos e cómo están agora de satisfeitos polo que teñen acadado. pola clientela que tanto cuidan e porque están a ofrecer uns produtos galegos de primeira claidade. Tamén falamos co seu socio Xosé Fernández, que tanto admiramos polo bon trato que lle ofrece aos clientes e polo seu bon facer. Desexamos que sigan cumplindo moitos máis e que a súa clientela disfrute da súa proposta gastronómica galega, que tanto nos engrandece aos galegos. ¡Parabens!

Falamos agora con IVAN OLMOS FERREIRO, un grande Orador, na súa época universitaria, que ten acadado o Premio de Oratoria universitaria a nivel mundial. Parabenizámolo e mantemos unha conversa chea de ensino e aportación comunicativa. Actualmente dedícase ao ensino e a outros quefaceres moi importantes no eido da Comunicación. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moitoa sorte e moitos éxitos.

A seguinte conversa é con ISABEL CHAPELA LORENZO, que segue a presentar e dar a coñecer o seu libro: "Nunca fuimos normales". Coméntanos a súa intención de podr presentar ese libro nestas terras galego-catalanas. Prometémoslle acompañala e facilitarlle a posibilidade de que poida estar presente na Sé da nosa Entidade Rosalía de Castro. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Conectamos con Galicia, concretamente con FERNANDA FOLLANA NEIRA, en terras de Becerreá. É a nosa correspondente nos Ancares Galegos e desexamos que o siga sendo por moito tempo máis. Fálanos da presentación que fixo o seu compañeiro no Instituto, Historiador Ignacio Cabarcos Fernández, en Cervantes. E despedimos o programa ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Aquí tedes o programa completo (libre de virus).

sábado, 11 de marzo de 2023

SÁBADO 11 de MARZO do 2023

Comezamos unha nova emisión deste programa "Semprengalicia" con ánimo de facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego entretidas. Coma sempre a nosa sintonía de cada semana e unha peciña de música para darlle paso á primeira convidada que é dona CELIA PEREIRA PORTO, Presidenta da Fundación Vicente Risco. Coméntamos unha man chea de actos e actividades que realizaron e teñen previsto celebrar. Agradecémoslle as informacións e as lecións que nos aporta cada vez que falamos con ela. Desexamos que sigan tendo moita sorte. Tamén nos convida a participar e disfrutar da súa documentación que teñen, ao seu dispor, tódolos que o desexen. Para eso teñen que entrar na súa páxina web da Fundación, e solicitar calquera documentación do seu fondo bibliográfico que precisen, que sempre serán moi ben atendidos e seguro que lle-la facilitarán.  (https://www.fundacionvicenterisco.com/).
   

A segunda convidada é dona OLGA NOVOA, escritora e poeta, moi ligada á publicación da revista que se edita en Ourense: "Nós, a Xente do Redor", na que ela participa moi activamente. Fálanos das súas inquedanzas creativas, das súas publicacións poéticas e das diferentes intervencións que está a realizar en diversos medios, como Tele-Miño e outros lugares. Está traballando para recoller as súas poesías nun pequeño poemario ou libriño, que posiblemente nos dea a sorpresa cando esté a piques de publicalo. Desexámoslle moitos éxitos nesa andaina.

Conectamos agora con outra escritora: PURI ESCUREDO, que ven de publicar aquela novela que nos adiantou o ano pasado, cando falamos con ela, e que leva por título: "Destino", baseada no que lle relatou unha emigrante galega en Arxentina. A partir do día vintecatro xa se pode mercar nas librerías. Está moi ilusionada e moi contenta con esa próxima posta en escea. Desexámoslle que disfrute do resultado e coidamos que pronto recibirá os parabéns de tódolos lectores.

Falamos con PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e Bela Muxía. Dámoslle os nosos parabens porque foi elixido Presidente da Asociación de Empresarios hostaleiros da Costa da Morte, que recolle un número moi importante de establecementos de moitos Concellos da contorna. Tamén o felicitamos polos moitos actos e eventos que está a celebrar no Hotel Bela Fisterra e tamén nese Albergue Bela Muxía co selo "Q" de Calidade, que lle outorgaron. É un pracer poder conversar tan amigablemente con Pepe. Sempre lle desexamos que teña moita sorte nos seus proxectos e,  moitos éxitos.

Temos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que sempre escolle un resumo das noticias que se publican en quepasanacosta.gal, coas que nos fai partícipes das novidades acontecidas naquela contorna.

Recibimos a coidada aportación cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que remata coa  proposta de escoitar unha peza do grande Zeca Afonso, relacionada cunha información interesante de Lagos de Meia praia.

A continuación "colgamos" aquí o programa completo.

domingo, 5 de marzo de 2023

SÁBADO 4 de MARZO do 2023

Unha nova emisión do "Semprengalicia". Comeza coa sintonía de sempre e as salutacións oportunas para recibir a Rubén Rodríguez Rodríguez, RUBÉN RIÓS, un actor galego, productor de cine e televisión, que acaba de publicar un libro "Arrieiros Somos". Felicitámolo e mantemos con el unha conversa-entrevista coa que nos da a coñecer algunhas das moitas actividades e traballos nos que está comprometido. Notifícanos que virá a Barcelona, concretamente ao Centro Galego de BCN para presentar o seu libro, precisamente o día 22 de abril, e nosoutros ofrecémoslle que poida presentalo na A.C.G.Rosalía de Castro tamén. Agradecémoslle a súa amable atención e quedamos para concretar o asunto do libro.

A segunda conversa é con HENRIQUE FDEZ-MON SÁNCHEZ, que nos fala da súa visita á Fundación Vicente Risco en Allariz, con motivo da presentación do XXII Premio Literario da Fundación, que recaeu en M.Carmen Caramés Gorgal, polo seu traballo titulado A Casa da Mina. Prometémonos poñernos en contacto coa autora para entrevistala e que nos poida informar dese traballo e cómo poder adquirilo. Kique fixo de embaixador da nosa faceta comunicadora, diante da Fundación e agradecémosllo.

Recibimos agora a crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que sempre fai un percorrido informático resumido, que todos podedes ampliar na páxina "quepasanacosta.gal". Agradecémoslle a súa colaboración e precisión na súa crónica.

Despois ponse en contacto con AMELIA ESPINOSO PIÑEIRO, Presidenta da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, que nos comunica a súa participación escepcional no Entroido da vila, así como o resto das actividades pendientes de realizar en vindeiraas datas.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten interesantes novidades que comunicarnos.

 

Antes de recibir a crónica de Xulio Simón, despídese Armando dos oíntes e seguidores.

E a continuación escoitamos a crónica cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos comunica algunhas das novidades recentes en Pontevedra e despídese cunha peza dun cantautor portugués de grande sona Joao Afonso, coa peza "Tangerina dos Algarves".

Deixamos aquí o programa enteiro.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...