sábado, 27 de febreiro de 2021

SÁBADO 27 de FEBREIRO do 2021

Tentaremos levar adiante o programa de hoxe, durante dúas horas en língua galega, co ánimo de aprendermos algo máis dos nosos convidados e comunicantes. Despois da ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, escoitando un bocadiño de música saudamos ao primeiro convidado que sempre nos recibe moi amablemente. Trátase do Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez, que nos informa da cancelación do Festival do Botillo en Cataluña, tanto a do ano pasado como a deste ano, e doutras celebracións que se pospuxeron por mor do coronavirus, que nos impiden, a todos, facer unha vida normal como tiñamos por costume. Contamos que en vindeiras datas, quizais no ano 2022 teñamos a oportunidade de celebrar, todos xuntos eses grandes eventos que tantas satisfaccións nos daban e seguro que "habendo saúde poderemos realizalas". Ogallá que pronto teñamos algo máis de tranquilidade.

A segunda intervención é a de don Xan Leira, grande investigador da memoria histórica, creador e cineasta. Mantemos unha conversa moi amena e ilustradora do seu quefacer. Indícanos que poderemos recibir algunha documentación que está a producir e que poderemos aproveitala para emitila na nosa humilde Radio. Agradecémoslle a súa colaboración desinteresada.

Recibimos a Alicia Benade Durán, de Trigo y Limpio. Unha emprendedora de Pexegueiro (Tui) que está a recolectar unha variedade de Trigo Galego de grande calidade. Trátase da variedade autóctona galega que denominan "Callobre". Fálanos da fariña, dese trigo que está a cultivar coa axuda da súa familia, e que está acadando un éxito importante. Podemos adquirir esa fariña solicitándolla na súa páxina de Internet. Felicitámola e desexámoslle que sigan colleitando moitos froitos.

Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón que, dende Combarro apórtanos a súa crónica semanal chea de coñecementos e cultura galega.

Despois falamos con don Fenando Ortigueira, Xerente da Empresa SANAMASK, na localidade pontevedresa de LEREZ. Esta Empresa dedícase a fabricar e producir as máscaras tan necesarias para a situación pandémica que estamos a padecer, e segundo nos explica, están a fabricar un número importante diário, para abastecer a demanda española e ultimamente tamén sirven a outros países, incluso EE.UU. Agradecémoslle a súa amable atención e información tan interesante.

Mantemos unha ultima conversa, cativa polo espazo tan curto que nos queda para o remate do programa de hoxe. Agradecémoslle a Xan Leira a súa participación e colaboración de hoxe na nosa emisión, e prometémonos voltar a convidalo para que participe connosco cando teña máis novidades da súa creación e producción documental. ¡Moitas Grazas Xan Leira!

E despedímonos de todos vosoutros ate a vindeira semana á mesma hora. ¡Sexan felicies!

Aquí penduramos o programa completo.


sábado, 20 de febreiro de 2021

SÁBADO 20 de FEBREIRO do 2021

Outro sábado máis con todos vostedes. Comezamos conectando con Mercedes Vázquez Saavedra, unha muller inqueda, etnógrafa, escritora, documentalista e fotógrafa, pero que se define como "entroideira". Fálanos da súa traxectoria traballadora e buscadora da realidade do noso rural, dos seus libros, das exposicións fotográficas e das súas viaxes para documentar fotográficamente todas as representacións do Entoido ao longo e ancho da nosa Galica, Portugal e Zamora. Agradecémoslle a súa participación.

Falamos con Rui Barbosa, un grande coñecedor da "Serra do Xurés", amante da astroloxía e das investigacións espaciais. Fálanos do seu traballo sobre as Minas dos Carrís, das persoas que entrevistou e da historia que aínda existe naquela contorna. Algo que se debe poñer en valor para que esa historia quede reflexada e documentada para todos. Dámoslle as grazas por atendernos tan amablemente. Tamén recibimos nos "estudos virtuais" ao noso amigo Henrique Fernández Mon-Sánchez, que participa con nososutros no programa.

Chamamos a Rexina Vega, para felicitala por ser elixida Cunqueiriana de Honra do 2021. ¡Noraboa! Tamén a parabenizamos polo libro que acaba de publicar en Galaxia: "O estado Intermedio". Está tendo moi boa acollida e as críticas dos estudosos póñeno como un referente a escoller para a súa lectura. Está a preparar o parladoiro que terá que ofrecer o día 28 deste mes en Mondoñedo, con motivo da entrega dese galardón que lle concederon. Novamente ¡Moitos parabens por todo, Xina!

Falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que ven de presentar o seu ultimo libro, un poemario titulado: Rosas envainadas. Aínda que tamén nos fai unha precisión moi interesante relacionada coas publicacións: en días atrás presentou outro libro, este de relatos: A lúa non era lúa. Desexámoslle moitos éxitos, e que siga disfrutando dese creatividade intensa.

 

Despois falamos co director da revista Lúa Nova, da A.C.G.Rosalía de Castro, Antonio Díaz. Infórmanos da pronta saída ao prelo do nº 60. Estamos á espera dunha pequena revisión e VºBº de ultima hora, e máis cedo que tarde terémola editada. Tamén nos comenta a nova redacción das Bases do Certame de Poesía, para mellorar a participación e a dotación aos premiados. Pronto teremos información detallada.

E así foi como transcurríu o programa de hoxe. 

Aquí vos deixamos o programa completo. 

¡Que teñan unha feliz semana! 

sábado, 13 de febreiro de 2021

SÁBADO 13 de FEBREIRO do 2021

Nova emisión do noso programa "Semprengalicia" tentando que teñan dúas horas de radio, en galego, entretidas e con novidades, música, entrevistas e moitas cousas para aprender. A primeira convidada é dona SARELA GARCÍA SANTAMARINA, unha Fonsagradina de grande prestixio, investigadora, doutora en Biomedicina, Master en Bioquímica e Bioloxía Molecular, Licenciada en Química... etcétera. Dámoslle a benvida, despois de escoitar un bocadiño de música e mantemos con ela unha pequena conversa-entrevista moi esclarecedora do seu traballo tan importante. Saudamos tamén a participación de Carlos Xabier Ares, que se une á nosa entrevista. Agradecémoslle moi especialmente a participación de Sarela, porque a pesar de estar convaleciente por culpa do coronavirus, dedícalle estes valiosísimos minutos á nosa audiencia. ¡Moitas grazas e, unha grande aperta Sarela!

Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e entramos de cheo conversando con Carlos Xabier Ares Pérez, Diplomado en Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, escritor e investigador da nosa cultura galega, moi en particular da zona de Viana do Bolo, lugar do seu nacemento. Tamén é para nos unha honra contar coa súa participación e colaboración de hoxe.

Continuamos a emisión, despois de escoitar outra peza musical, para darlle a ben-vida e saudar a Juan Rodríguez Gómez-Dacal, membro do Centro Galego de Lleida, e coordinador da revista "Xurdimento" que se acaba de publicar e presentar na Sé da Entidade o venres pasado. Enviámoslle os nosos parabens e cóntanos algo do que podemos contemplar e ler na revista. Ahí atopamos artigos de socios, amigos e escritores importantes, entre os que se atopa precisamente Carlos Xabier Ares. Agradecémoslle que nos atendera tan amablemente e que nos fixera partícipe deste evento.

Despois saudamos ao noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nos relata a súa crónica semanal, moi relacionada co emprego do noso idioma por parte do clero galego. Tamén intervén a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, coa súa crónica semanal. O coloquio que mantemos, entre todos, neste "estudio virtual" é moi flúido e interesante. Enviámoslles os nosos agradecementos a todos eles e despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Que teñades unha feliz semana. 

A continuación colgamos o programa enteiro.

sábado, 6 de febreiro de 2021

SÁBADO 06 de FEBREIRO do 2021

Comezamos o programa conectando cos contertulios que nos honran coa súa participación e comunicación de hoxe: A Investigadora no Texas Medical Center de Houston que dirixe un grupo de científicos de 28 institucións punteiras de todo o mundo na investigación do covid-19, Doutora Sonia Villapol Salgado. A Doutora de Medicina Familiar na Estrada, Flora Miranda Pena e o Catedrático de epidemioloxía Doutor Juan Jesús Gestal Otero. Dámoslle a palabra a cada un deles e imos aprendendo das moitas das súas intervencións.

As cuestións técnicas sempre nos sorprenden e temos que interrumpir as intervencións por algún momento a causa dun erro informático... Escoitamos un bocado de música namentras reconducimos o programa. Temos unhas certas imperfeccións de audio no programa. Non somos capaces de melloralo e continuamos a escoitar outro bocado de música.

Despois dámoslles a ben-vida ao noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que dende Combarro nos atende, ao tempo que despedimos aos nosos contertulios dándolles as nosas máis expresivas grazas. Temos que pedirlle disculpas aos nosos contertulios, porque non fumos capaces de solventar os problemas de audición, e tamén aos nosos oíntes e seguidores, por estes atrancos que non tiñamos previsto, claro.
 

Tamén conectamos coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, para que nos fale da súa aportación semanal, coma sempre.

E despedimos o programa desexando que fora do seu agrado. Aquí publicamos o programa completo.

O vindeiro sábado máis. ¡Que teñan unha feliz semana!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...