sábado, 25 de febreiro de 2023

SÁBADO 25 de FEBREIRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en Galego, que comeza coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslle un bocadiño de música de ben-vinda e a continuación conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai partícipes da súa crónica semanal escollendo algunhas noticias interesantes que se atopan recollidas na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación no día de hoxe.

Poñémonos en contacto con AMPARO CENTENO, que forma parte do Consell Municipal das Donas de Cornellà e unha socia moi implicada na A.C.G."Rosalía de Castro". Participa moi activamente nas actividades  da Asociación de donas e tamén axuda na coordinación dalgunhas actividades na nosa Entidade. Danos cumprida información das moitas actividades que teñen previstas no Concello para celebrar o día das "donaas traballadoras", que comezarán o día 28 deste mes de febrreiro e finalizarán o 25 de marzo. Destaca a "Conferencia" que se realizará na A.C.G. Rosalía de Castro o día 18 de marzo, a cargo de ANDREA NUNES BRIONES, baixo o título: "Todas as mulleres que son. Cartografía poética". Ao finalizar serviranse uns aperitivos e doces confeccinados polas donas da Entidade.

Falamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) que teñen a celebración do "XIX Festival del Botillo-20023" mañá mesmo, no Hotel Front Air, de SAnt Boi de Llobregat. Están traballando nos últimos detalles e infórmanos que xa non caben máis convidados e participantes. Actualmente teñen confirmados nada menos que cuatrocentos asistentes. Ao parecer, ademais de disfrutar dese producto berciano tan especial, os asistentes recibirán algúns agasallos que aportará o Concello de Vega de Espinaredo, xunto con outros sorteos con produtos bercianos. Desexámoslles moita sorte.

Xurxo e un boteiro

Seguimos o programa e falamos con JORGE MINAS DOMÍNGUEZ COUSO, Presidente da Asociación Robreda e da Asociación de "Folións Rurais". É un entusiatas recolector de documentación específica desta tradición tan arraigada e moi ben conservada naquela contorna. Temos que agradecerlle a súa aportación e coñecementos relacionados cos Entroidos, Folións e Comparsas da zona. Tamén nos informa da próxima celebración da "Mazcarada Ibérica" prevista para mediados do mes de marzo, e que se realiza dende fai uns anos en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Foi precisamente Xurxo o seu creador, promotor e coordinador xeral. Desexamos que sigan tendo moita sorte e moitos éxitos.

Conectamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unhas palabras e conversa moi agradable. Particípanos que ten en imprenta un novo libro de "haikus" e outro que titulará: "Postdata - Quérote". En próximas conexións e conversas que seguiremos, continuaremos recibindo información da publicación deses traballos e seguro que nos agasallará con algunha das súas creacións poéticas.

Falamos agora con OSCAR DE SOUTO, poeta en Ponteceso. Alegrámonos polo seu traballo de divulgación poética nas Radios da Costa da Morte, co seu programa "Faros". Tamén nos indica que está a realizar unha labor informativa e comunicativa moi interesante, relacionada cos Concellos, en Radio Neria, Radio Roncudo e Radio Garden. Desexámoslle moita sorte nesa andaina comunicativa.


E despedímonos coa lectura da poesía de "Rosalía de Castro": "Minha Casinha, meu LAR", que é a nosa homenaxe no día de Rosalía que se lecebrou o pasado día 23 de febreiro.

Colocamos aquí o programa enteiro.

sábado, 18 de febreiro de 2023

SÁBADO 18 de FEBREIRO do 2023

Voltamos a informarlles de que o noso programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neria os Domingos pola mañá, e en RADIOFUSIÓN os luns ás 15h. "Radio Cornellá en Galicia".

Alfonso e Juan Pedro
O programa de hoxe comezámolo, coma sempre coa nos sintonía, dándolles a benvida e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos on JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña, para comentar con el a celebración do XIX Festival del Borillo-2023 no Hotel Front Air de Sant Boi. Concretamente será a celebración o vindeiro domingo día 26, un xantar excepcional con ese producto típico do Bierzo, acompañados dos Homenaxeados "Bercianos Ilustres" diste ano: don Victor García Alonso (do Mesón del Bierzo) e dona María Luisa Picado, xunto co Concello de Vega de Espinaredo. Os viños serán de Adegas Gancedo, do Bierzo, e os botillos de Embutidos Santa Cruz de Montes. Mención especial a Vallelongo, colaborador berciano. Desexamos que teñan moitos éxitos.

O seguinte convidado é don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "CHEF" do Balneario Caldaria en Lobios. Coa súa participación sabemos algo máis dese extraordinario manxar único e diferente "A Lamprea", que él mesmo cociña cun esmero e delicadeza persoal, posto que o prepara á bordalesa, pero con viño do ribeiro e cogumelos galegos, en pago de viño de burdeos. Tamén nos fala doutros pratos moi especiais, cabra montesa, perdiz... é dicir fainos querer e aprezar, un bocadiño máis, a nosa gastronomía galega. Precisamente nos envía unha foto (que non podemos compartir agora aquí) dun postre que acaba de confeccionar: "falso erizo de mar". ¡Moitas grazas Domingo! Que sigas colleitando moitos éxitos!

Continuamos o programa con outro bocadiño de música e conversamos agora co Ilmo.Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don ANDRÉS MONTESINOS, para que nos fale da "51 Festa da Androlla-2023". Mañá, domingo gordo, é o día en que se xuntan os folións de 21 núcleos do Concello, acompañados de comparsas, boteiros e moitísimas persoas para disfrutar dese xantar "A Androlla" que preparan con tanto esmero. Unha celebración aompañada de charangas que animan esa xuntanza con máis de tres mil asistentes, sin contar coas persoas que seguro encherán os Restaurantes da vila e dos arredores. Desexámoslle moita sorte.

Conectamos agora co noso colaborador e amigo HENRIQUE FDEZ-MON SANCHEZ, que sempre ten algunha cousa interesante que comentar con nosoutros. Coméntanos que está rodeado de Adegas de grande prestixio na Ribiera Xacra, e descríbenos unha en especial "Adega Terra Brava", que posúe un "acaneadoiro", bambán ou carriola, máis coñecido como "columpio", que seica se precisa pagar para poder montarse nel, pero que paga a pena porque semella que estés bambeándote enriba mesmo do embalse do río Sil. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no noso programa e desexamos que teña un feliz Entroido!

Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que, coma sempre, é un resumo moi ben escollido das novidades e noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, onde se recollen tódolas informacións relacionadas con aquela contorna.

A seguinte intervención é a do noso colaborador LUÍS LOSADA, que dende Pontevedra envíanos a súa aportación Literaria: "Palabras Voadoras" falando de María Casares. Un libro de Arancha Estévez recentemente publicado que nos convida a ler, e coa que posiblemente tentaremos conectar, en vindeiras datas, para entrevistala e que nos descubra algunha cousa máis sobre a súa obra creativa. Moitas Grazas, Luís.

Colocamos aquí o programa completo:



sábado, 11 de febreiro de 2023

SÁBADO 11 de FEBREIRO Do 2023

Queremos lembrarlle aos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Galicia, os domigos por Radio Roncudo e os luns por Radio Fusión.

Outro programiña máis con todos vosoutros. Comezamos escoitando un bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai a súa crónica semanal cun resumo de noticias escollidas. Os que desexen ampliar estas informacións poden facelo consultando a páxina quepasanacosta.gal.

Bemposta-Mogadouro
Despois de escoitar outro bocadiño de música poñemonos en contacto con dona MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA, unha fotógrafa de grande prestixio e grande coñecedora das Máscaras e Entroidos de Galicia e Portugal. Concédnos uns minutiños para informarnos precisamente da visita recente ao pobo de Bemposta-Mogadouro, na raia Portuguesa, que tivo a celebración dun desfile de Máscaras moi interesante. Agradecémoslle a súa amable atención.

Seguidamente poñémonos en contacto con PABLO GARCÍA - CHICHAS, locutor e comunicador en Radio Estrada, a quen felicitamos porque foi o conductor da Celebración do día dos Medios en Galego, que se celebrou o día 7 de febreiro pasado. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa.

Continuamos, a segunda hora conectando con JOSÉ CEREIJO SOTO, das Adegas e Viñedos Gancedo, no Bierzo. Tamén conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña, que celebrarán o "XIX Festival del Botillo 2023" o día 26 de febreiro no Hotel Front Air de Sant Boi. Os viños Mencía e Godello das Adegas Viñedos Gancedo serán os que se degustarán nese xantar do botillo. Felicitámolos e mantemos unha conversa-entrevista desexando que teñan moitos éxitos nesa celebración gastronómica.

Despois escoitamos á nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fala do tempo, da marcha cicloturista do cocido, da reportaxe a Ramón, de Ramiro e as clebracións de misa en galego...

 

A continuación temos a intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN, que nos fai a súa crónica semanal.

Aquí deixamos a gravación completa do programa de hoxe.

sábado, 4 de febreiro de 2023

SÁBADO 4 de FEBREIRO do 2023

Noticia de importancia para tódolos nosos oíntes e seguidores: este programa reemitirase a partir da semana próxima, tódolos luns ás 15 horas en RADIOFUSIÓN - GALICIA.

Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en galego: "Semprenglaicia". Despois da sintonía e das salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e conectamos co noso correspondetne na Costa da Morte: OSCAR REY, que ten preparada a súa crónica semanal resumida. Podedes ampliar estas informacións e novidades  na páxina que sempre recomendamos: quepasanacosta.gal, onde se recollen as noticias máis precisas relacionadas coa Costa da Morte.

A continuación conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) que están a presentar o "XIX Festival del Botillo 2023". Unha rolda de prensa á que asisten socios, amigos e simpatizantes desta emblemática Asociación, que están a celebrar no Hotel Front Air, de Sant Boi. Precisamente neste lugar será onde se celebrará este xantar do Botillo. A súa intervención é para dar a coñecer as personalidades elixidas como "Bercianos Ilustres", que son Victor García Alonso, Mª Luísa Picado Silva e o Concello de Vega de Espinareda.
 

Uns comentarios para irmos dando paso a outro bocadiño de música.

Conectamos con Galicia para falar con Rubén Fernández, de CASA  CASTELAO, que este ano participará na "XXVI Feira do Butelo da Fonsagrada" cos seus productos, os días 11 e 12 de febreiro. Fálanos da súa empresa, dos productos que sirve no só en Galicia senón en toda a Península e máis alá das nosas fronteiras. Agradecémoslle a súa a mable atención e desexamos que teña moita sorte.

Conversamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre participa connosco nesta emisión radiofónica.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.

A última intercvención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN, coa súa aportación cultural moi acertada, para disfrute de tódolos nosos oíntes.

Aquí podedes escoitar o programa completo:


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...