domingo, 24 de xuño de 2012

23 de XUÑO 2012

Verbena de San Xoan. Comezamos o programa adiantándolles que teremos algunhas sorpresas moi agradables para todos os nosos seguidores. Coma cada semana encetamos coa sintonía de sempre e deseguida comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia, para falarmos con Xosé Lamela, que nos presenta a don MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Ilmo.Sr.Alcalde de COLES, e cos que mantemos unha conversa moi enriquecedora e ilustrativa referente ás moitoas e boas propostas que dende o seu Concello se están a poñer en práctica, aproveitando a creación dese Viveiro de Empresas que tanto éxito está a acadar. Desexámoslle que continúe así e prometémoslles visitalos cando vaiamos de vacacións, aló polo verán próximo. 


Aínda sen comezar a segunda hora conectamos con CARNOTA - LIRA, concretamente con CARMEN, da XANELA DA LÚA, que nos da a coñecer unha serie de ofertas especiais para poder disfrutar da súa Vivenda Rural. Seguro que algún dos nosos oíntes e seguidores aproveitarán a ocasión para visitar aquela zona e disfrutar duns días de lecer e descanso naquel lugar engaiolante. Recomendámosllelo. 


Na segunda hora concetamos con Galicia, co Xulio Simón, que dende Combarro, como cada fin de semana ponnos os dentes largos dicíndonos que vai a degustar, tan axiña como deixe de comunicarnos con nosoutros, dunha saridñada que están a preparar nas Festas Grandes de Poio, o Concello veciño, e despois saltará as cacharelas que se farán para celebrar o solxticio de verán, e a noite máxica de San Xoan. Nese memso momento chega aos nosos estudios dona Sabela Labraña, Profesora da Universidade de Barcelona, quen tamén aproveita para saudar ao noso correspondente e amigo común. 
Antes de rematar a nosa convidada e amiga de hoxe, Sabela Labraña, dalles información a todos das oportunidades que teñen os posibles alumnos da Universidade para poder acceder aos estudos de Lingua e Cultura Galega, así como de cursar os estudos universitarios relacionados co Galego e co Portugués. Despois fainos un pequeno percorrido pola proposta GALAUDA, que paga a pena deterse un chisco na súa web, xa que levan dende o 1995 realizando cursos de Galego nos Institutos e achegando aos seus alumnos a Galicia nunha excursión anual moi interesante. 


Despedímonos desexando que volvan a conectarse con nosoutros a vindeira semana, que será a ultima desta tempada e que lles prometemos facer outro programa moi entretido e cando menos igoal ou mellor se nos fora posible.

xoves, 21 de xuño de 2012

16 de XUÑO do 2012

Esta fin de semana tivemos que participar na representación teatral da obra "Os vellos non deben namorarse", adaptación feita pola directora do Grupo de Teatro Anduriña, da A.C.G.Rosalía de Castro e non puidemos estar en directo, pero fixemos un programiña entretido e moi axeitado, con algunhas intervencións moi interesantes. A primeira comunicación foi con don Julio López Mouriño, da Asociación Castaño e Nogal, Arquitecto e director do proxecto "Sendeiro Quintá-Río Donsal". Fálanos e dános información recente sobre o terceiro Campo de Traballo que xa están a preparar para este verán.




Despois falamos co Sr.Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, don Alfonso Rico. Dános súas impresións sobre a "Festa Galega de Can Mercader" e outras actividades que a Entidade ven realizando, convidando moi encarecidamente a asistencia á obra de Teatro que hoxe se representa no Patronat Cultural i Recreatiu de Cornellà. 




Novamente conectamos con Galicia, para falar, nesta ocasión con don Pablo López Vidal, diputado polo PSOE na Xunta de Galicia, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e esclarecedora relacionada coa súa intervención e solicitude no Parlamento Galego, acerca dos incendios e moi concretamente o que aconteceu en Queguas, na Baixa Limia. 




Despedímonos cunha pequena lectura de novidades que nos chegan á Redacción, escollendo algunhas pezas da nosa música galega para desexarlle que pasen unha semana agradable.

luns, 4 de xuño de 2012

2 de XUÑO do 2012

Programa do sábado 2 de xuño

Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e adiatándolles o que pensamos facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Convidámolos a escoitar unha peza de música e conectamos con Galicia, coma sempre coa Baixa Limia para falarmos con Xosé Lamela que nos presenta ao convidado desta semana, Doutor Florencio Markina, cos que mantemos unha conversa interesante..

Na segunda hora falamos con Xulio Simón, que dende a poboación de Combarro, nas Rías Biaxas, fainos un percorrido polas noticias e novidades que escolle pra coñecer algo máis sobre a nosa cultura.

Despois falamos con CARMEN, a Xerente e propietaria da Vivenda Rural Xanela da Lúa, en Lira-Carnota (Costa da Morte), que nos fala das ofertas especiais para os que desexen disfrutar das súas instalacións, con descontos dun 50% se participan nun programa especial que están a levar a cabo no proxecto Torre de Mouros, os nenos gratis se contratan entre o 15 de xuño e o 15 de xullo e unha escapada romántica con cea de mariscos da zona e un precio moi axeitado. Prometemos voltar a falar con ela máis adiante, para sabermos máis dela e dos arredores.

E finalizamos o programa escoitando outra peza de música e lembrándolles que o vindeiro sábado non emitiremos, porque estamos de FESTAS (repetimos: Festa galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, en Can Mercader os días 8, 9 e 10), e o seguinte sábado, 16 de xuño, están convidados á representación teatral de OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, do Grupo Anduriña da A. C. G. Rosalía de Castro, no Patronato Cultural i Recreatiu de Cornellà, ás 19 horas. Agardámolos a todos: ¡¡¡Feliz CORPUS e FELICES Festas!!!

Programa do 26 de MAIO

Este sábado non puidemos estar no programa, debido ao noso compromiso coa Asociación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona, pero gracias ao bon facer e ao traballo que nos aporta o noso Técnico de SON, Marc Fort, puidemos emitir un programiña entretido, con música galega seleccionada. Seguro que non todo cumpre coas espectativas de audición que vostedes teñen. A nosa intención é cumplir cos seus desexos, así que para vindeiras ocasións agardamos as súas suxerencias e aportacións, para podermos complacer tódolos gustos e tendencias. Concretamente, poden enviarnos xa as súas comandas para a próxima entrega (enlatada) que será o día 16 de xuño vindeiro, debido á representación teatral que fará a compañía ANDURIÑA da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO -e da que formamos parte, tanto un servidor como Armando Fernández-, no Patronato de Cornellà, como xa viñemos informando en anteriores ocasións. A obra a representar é unha adaptación de: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, de Daniel R.Castelao. Seguro que pasarán un ratiño moi agradable e entretido, xa que a proposta elexida pola nosa directora teatral dona Amelia, é moi engaiolante e divertida. 
Aquí lle deixamos a proposta musical escollida, dividia en dúas partes, para mellor elixir a audición que lles conveña.
1ª PARTE
2ª PARTE

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...