Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

Sábado, 28 de FEBRERO do 2015

Unha emisión máis deste noso programiña de dúas horas en língua galega. Comezamos propoñéndolles escoitar unha peza de música do recente CD que nos chegou á Redacción, de "OS MINHOTOS",  e que leva por título "Pinga d'auga"; e deseguida conectamos con Galicia, concretamente con EMMA GONZÁLEZ , Directora Adxunta de EXPOURENSE , que nos pon ao corrente do próximo "16 SALÓN INTERNACIONAL DE GASGTRONOMÍA E TURISMO DE OURENSE: XANTAR 2015" , que se celebrará do 4 ao 8 de MARZO. Unha conversa chea de información. Despois chamamos a RAMÓN ROLDÁN , responsable e coordinador principal da "40 FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA-ULLOA" , unha mostra con moitísima afluencia de público e con moitas intervencións musicais: 3 días de concertos gratuítos. Na segunda hora conectamos con noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos presenta ao convidado de hoxe: don FRANCISCO JOSÉ FRAGA CIVEIRA , Alcalde do Concello de Piñor (Ourense) cos que mantemos unha convers

SÁBADO 21 de FEBREIRO do 2015

Aquí vos deixamos "colgado" o programa de hoxe, coas entrevistas e charlas que mantivemos. Nos controis técnicos, coma sempre MARC FORT, e nas locucións, LAURA SANTOS, ARMANDO Fernández e mais un servidor de vostedes. Comezamos o programa conectando con Galicia para falarmos con don OVIDIO RODEIRO , Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, e con don J OSÉ MANUEL IGLESIAS , responsable da Comisión da "XXXII FESTA da FILLOA de LESTEDO" , cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións e moi interesante. Unha pequena intervención con novidades e informacións musicais novidosas e de certo interese: O Grupo Oh Trio , Rústica de Cristina Pato ... etcétera. Tamén falamos da Festa "Vespa Lacón" de Cuntis, unha celebración de final de Entroido nesa localidade. Na segunda hora tamén comentamos algunhas noticias chegadas á nosa Redacción. Falamos co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas , que coma sempre ten preparado

SABADO 14 de FEBREIRO do 2015

Día de San Valentín e Festa do Entroido. O programa de hoxe comezámolo conectando con Galicia, concretamente con don XOSÉ Mª EGUILETA , convidado que nos trae o noso colaborador XOSÉ LAMELA . Arqueólogo estudioso e funcionario actualmente na cidade de Ourense. Investigador e grande amigo do noso programa. Mantemos una conversa-entrevista chea de ensino, pois así nos pareceu a súa intervención.   Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, e Xulio Simón preséntanos ao seu convidado don MIGUEL A.FILGUEIRA , Concelleiro na cidade de Pontevedra, que nos poñen ao corrente da celebración do Entroido-2015 e outras cousas.   Falamos co noso poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS , e agasállanos con varias interpretacións músico-poéticas, que está a preparar, moi interesantes.   A ultima intervención é con don JUAN RODRÍGUEZ GÓMEZ DACAL , coordinador da revista XURDIMENTO , do Centro Galego de Lleida , que nos informa da presentación oficial do nº 28, a cargo do Ex-Alcalde desa vila

Programa atrasado do día 31 de xaneiro

Nesta ocasión tivemos que "enlatar" esta emisión, por mor de certas obrigas e compromisos personais da nosa Radio, pero agardamos que a oferta que lles propoñemos sexa do voso agrado. A primeira parte dedicámosllela a falar un chisco do disco "Vendima tarda" que acaba de publicar o Grupo TREIXADURA , e que nos enviaron varias pezas deste novo volúme, cheo de vivencias e moi interesante. Aproveitamos para escoitar algún tema, ao longo do programa. Na segunda parte seguimos con certas informacións e noticias chegadas á nosa Redacción e comentámolas entre os tres compoñentes do equipo de hoxe: LAURA Santos, Armando Fernández, o noso técnico Marc Fort e un servidor de vostedes. A Terceira parte seguimos ofrecéndolles comentarios sobre as noticias que lles estamos a dar, así como a escoita doutras pezas musicais, que imos escollendo. No final da emisión de hoxe temos que terminar recomendándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, aínda que po

24 de XANEIRO do 2015

Este programa da penúltima fin de semana de xaneiro, tíñamolo atrasado de "colgar" no blog... Aquí volo entregamos, co desexo de que sexa do voso agrado. A primeira intervención e conversa-entrevista foi con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ , un grande amigo investigador e coñecedor das tradicións galegas enxebres e moi concretamente dos Entroidos galegos e raianos. Agradecémoslle a súa participación e aportación ao noso programa. A segunda Entrevista é con MIRIAM FERRADÁNS , poeta de BUEU, gañadora de varios Premios e en particular do "Certame de Poesía Rosalía de Castro" da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà . Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos voltar a conectar con ela, para que nos siga informando dos seus proxectos e novidades. A ultima intervención é con PACO RIVAS , o noso poeta da Mariña Lucense, que sempre nos ameniza a conversa con moitísimas precisións retranqueiras, cheas de reflexións.

Outro programa atrasado

17 de XANEIRO do 2015 Comeza o programa conectando con Galicia para falar con ELI RÍOS , que ven de recibir outro Premio. Ademais de felicitala, aproveitamos para comentar con ela varias cousas e agasallános coa recitación dunha das súas creacións poéticas. A segunda intervención é con Xulio Simón que hoxe ten unha convidada especial: LOLI VELOSO NEIRA , que ven de publicar un libro moi interesante sobre ISAAC DÍAZ PARDO.  Despois chamamos a PURA SALCEDA , grande poeta e amiga do noso programa, coa que mantemos unha conversa moi interesante. Para finalizar, como casi tódolas semanas, chamamos á Mariña Lucense, para falarmos con PACO RIVAS , o noso poeta da Mariña, que sempre ten preparada unha intervención moi "retranqueira", acompañada dalgunha das súas composicións poéticas.