Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

Sábado 25 de San Xoan do 2016

Ultimo programa da tempada que comezamos escoitando unha peza do Grupo ZURRUMALLA , para conectarmos directamente coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que nos pon ao corrente de varias noticias relacionadas con algunhas das recentes celebracións na zona , así como da próxima entrega dos Xuíces Honorarios do COUTO MIXTO . Desexámoslle que pase un feliz verán. Despois falamos con SANTIAGO LORENZO SUEIRO , que nos informa da publicación do seu libro: O REINO SUEWO (SUEVO) DE GALLAECIA, do que se atopa moi satisfeito, non só polas felicitacións recibidas senón tamén pola presentación "fabulosa" que lle fixeron en Madrid (concretamente na CASA de GALICIA ). Informounos da próxima presentación en AGARIMOS, de Badalona o vindeiro día 8 de XULLO. Novamente conectamos con Galicia, concretamente con Portomarín, para falar con RUBEN , responsable do Restaurante O MIRADOR, que tamén é Albergue no Camiño    de Santiago. Confírmanos da recente ina

O Programa de onte, 18 de XUÑO do 2016

Hoxe temos que disculpar a LAURA Santos e ARMANDO Fernández, que teñen certas obrigas persoais ineludibles e non poden estar presentes nos estudos. De tódolos xeitos tentaremos poñernos en contacto con Armando para que nos faga de correspondente dende Badalona. A primeira conversa-entrevista é con FERNANDO BARROSO , que ven de publicar un novo CD titulado INTROPÍA , e aproveitamos para ir escoitando, de fondo unha peza deste traballo persoal tan interesante. Felicitámolo polos éxitos que está acadando e desexámoslle que siga colleitando moitos máis. A seguir conectamos con OLGA ROMAY PEREIRA , Profesora e escritora galega que acaba de publicar un libro moi interesante: LOS HIJOS DEL SENADOR , e aproveitamos para falar con ela e que nos poña en antecedentes sobre ese seu traballo. Agradecémoslle a súa participación. Conectámonos novamente con Galicia para achegarnos á "Raia Mollada", concretamente a SELA, onde se atopa AGAPITO VALADO , que nos fala da Asociación Cul

Sábado 11 de XUÑO dp 2016

Comezamos o programa o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e mais un servidor, acompañados polo noso  habitual Técnico de só, KIKO Belinchón. A primeira comunicación é con Galicia, concretamente con Santiago de Compostela, para falarmos con don SANTIAGO LORENZO SUEIRO , ue ven de publicar un libro que leva por título: Reino SWEVO (SUEVO) En GALLAECIA. Falamos da súa inminete presentación en Madrid e próximamente en Badalona, concretamente no mes de xullo. Desexámoslle moitos éxitos. Falamos con LUÍS García , do Grupo TIRULEQUE , que nos acaban de enviar os seus dous CDS e comentamos con el varias actuacións e concertos a realizar por Galicia e Asturias. Agradecémoslle a súa atención e voltaremos a comunicarnos con el para que nos siga informando das súas creacións, Conexión coas Rías Baixas, para falarmos con noso correspondente XULIO SIMÓN , que nos fai un relatorio dalgunhas novidades e despedímolo propoeñendo escoitar unha pezas de música galega. De

Sábado 04 de XUÑO do 2016ÓS

Programiña atrasado que xunto co vindeiro sábado colgamos hoxe mesmo. A primeira intervención-conversa foi con don XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ , Etnógrafo e escritor de A Gudiña, que nos informa da publicación dun seu libro titulado: CONTOS E LENDAS ARRAIANOS, cheos de documentación arraiana e de cultura popular de transmisión oral. Agradecémoslle a súa amable atención. Tamén conectamos coa Baixa Limia para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA , que foi o ue nos facilitou a entrevista anterior, e que aproveita para falarnos del e dos actos aos que asistiu esoutro día na cidade de Ourense, que están a celebrar a Feira do Libro. A terceira conversa é co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón que nos adianta a conversa que teremos que manter co contacto que el mesmo nos facilita: Xacobe, do Grupo PAVÍS-PAVÓS, de Pontevedra . XACOBE Rodríguez , fainos un pequeno percorrido dese evento tan interesante que están a realizar en Pontevedra: OS SETE FALARES , que xa levan va

28 de MAIO do 2016

Este sábado non fixemos programa xa que coincidiu coas FESTAS do CORPUS - FESTA MAJOR de Cornellà, e nas que a nosa Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO organizou a XXXVI FESTA Galega no Parc de CAN MERCADER.

21 de MAIO do 2016

Programa atrasado, que non puidemos "colgar" nestas datas por mor de certas obrigas persoais e outros atrancos que me impediron cumplir con todos vosoutros, pero agora ireinos colocando, pouco a pouco, para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Este primeiro programa atrasado, estivo a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ , que aproveitou un primeiro momento para entrevistar a XAVIER PARADA , do Grupo LEMBRANZAS , de Moaña, con quen mantivo unha pequena conversa para informarnos da traxectoria deste Grupo.  Despois conectou con MERCHI ALVAREZ , en Cambados, que é Presidenta de AME-Galicia e púxonos ao corrente das novidades relacionadas con esa Asociación tan importante e que está levando a cabo unha serie de actuacións moi importantes para os socios e afectados.  Para despedirse informa das próxima celebración da XXXVI FESTA GALEGA de Can Mercader , que se celebrará a vindeira semana e por ese mesmo motivo non teremos emisión, xa que coincide coas FESTA do CORPUS -