luns, 29 de outubro de 2018

SÁBADO 27 de OUTUBRO do 2018

Outro programa máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben.vinda e saudamos ao equipo Laura Santos, Armando Fernández e Kiko Belinchón. Propoñémoslles que escoiten unha peza do ultimo CD de Son de SEU, titulado BEIRALUA, e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela que nos presenta ao convidado de hoxe, don Xosé Benito Reza. Mantemos unha conversa chea de ensino e moi ilustrativa.

 

Despois conectamos coa A.C.G.Saudade, onde se atopa Santiago Lorenzo Sueiro, que nos fai de correspondente e pasamos a falar con don JUAN SANCHEZ PLANELL, que ten previsto presentar o seu libro BUENOS, MALOS Y UTOPÍAS

Seguimos con máis informacións e nesta ocasión falamos con don OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, que nos pon ao corriente das múltiples actividades que realizaron e das que están a piques de celebrar. Convídanos a celebrar e disfrutar do Magosto popular na Entidade, prevista para o vindeiro sábado 3 de novembro e moitas cousas máis, das que falaremos con máis detenemento en vindeiras emisións.



Continuamos na segunda hora, coma sempre, conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos ofrece unha crónica moi interesante sobre a figura de D.Ramón Otero Pedraio.

Henrique Ferdez-Mon Sánchez, que nos informa da presentación do libro de Manoel Carrete, no Castelo de Castro Caldelas, arroupado por varias personalidades políticas e da cultura, que leva por título Portela Valladares, Ante el Estatuto


Comentamos un chisco o libro de Mercedes Taracido, que nos acaba de chegar á Redacción: "Por Camiños e Carreiros". Un libro escrito con moita tenrura e sentimento, cheo de engado e con moitas historias e vivencias persoais da propia autora... 


Conectamos finalmente co noso poeta da Mariña, PACO RIVAS, que sempre ten unha intervención moi acaída e acaba a súa participación declamándonos dúas das súas creacións poéticas.


domingo, 21 de outubro de 2018

SÁBADO 20 de OUTUBRO do 2018

Comezamos dándolles a ben-vida e despois de escoitar unha peciña musical poñémonos en contacto co noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos ten preparada a participación dun convidado especial: IVAN RAÑA, un grande deportista galego que ten acadado múltiples 1º Premios na súa especialidade de "triatlon" e que ven de participar recentemente nunha "ironmaden" na Illa de Kailua-Kona en Hawái. A conversa ía moi ben ata que as cuestións técnicas e as conexións falláronnos. Lamentamos esta interrupción, pero procuraremos facer outra entrevista máis extensa e exaustiva, para máis adiante.

A segunda comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que tamén ten preparada a intervención doutro convidado SERGIO SILVA BAUTISTA, biólogo, investigador e grande coñecedor das augas dos nosos ríos e embalses. Conversamos e axúdanos a coñecer un pouco máis aquelas contornas galegas.

Falamos despois coa nosa encargada da sección "NO ESTRELAMPAR", TAMARA ANDRÉS, que ten preparada unha intervención chea de novidades culturais, literarias e poéticas. 

Na segunda hora conectamos coa nova correspondente nas montañas luguesas, FERNANDA Follana Neira, concretamente Os Ancares, que nesta ocasión atópase en terras do Miño, e fainos unha crónica moi interesante sobre un personaxe (un Santo) que naceu en POL. Tamén conectamos co noso amigo Kike de Navia, Henrique Fernandez-Mon Sánchez, que nos informa dalgunhas novidades na zona da Fonsagrada...

A ultima conexión é co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que nos agasalla, coma sempre, cunha das súas composicións e aproveitamos esa declamación súa para despedirnos de todos vosoutros ate a vindeira semana...

Que pasen unha feliz semana e non deixen de sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora.

sábado, 13 de outubro de 2018

SÁBADO 13 de OUTUBRO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANXEDORAS, que hoxe será presentado en Allariz, coincidindo co "Poemagosto" que se celebra nesa vila Ourensana. E sírvenos para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia "Xosé Lamela" que sempre ten preparado algún convidado especial. Non puidemos manter a conversa que tiñamos prevista, pero seguro que ao longo do programa tentaremos conectar novamente para ofrecerlles a conversa que tiñamos previsto.



FERNANDA Follana Neira, Profesora de Educación Física, Corresponsal de "La Voz de Galicia" na zona dos Ancares, colaboradora con moitas publicacións culturais e que dende hoxe será a nosa correspondente naquela Montaña Luguesa. Fainos unha pequena reportaxe resumida, de varios aconteceres naquela contorna. Tamén temos en antena ao noso colaborador Kike Fernández-Mon Sánchez, que nos aporta as súas suxerencias e comentarios interesantes.




Xosé Lamela e ao seu convidado de hoxe, Xosé Simoes, cos que mantemos unha conversa chea de novidades relacionadas co Restaurante "La taverna del Clinic". Tamén nos adianta a próxima publicación dun libro que recolle unha morea de recetas de cociña de Xosé Simoes, xunto con algunha creación poética. Faremos o posible por voltar a telos na nosa humilde emisión para que poidamos saber algo máis desa futura publicación e de moitas innovacións máis.


Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que ten preparada a intervención dun convidado xa coñecido na nosa Radio, Xurxo Souto, que hoxe está en Pontevedra colaborando nunha das actividades de "Cantos na Maré", un "Roteiro" engaiolante para tódolos que participaron del. Recibimos cumprida información deste grande evento.


Despois dámoslle paso a Daniel Vosseler, un avogado que nos presenta a súa proposta que el mesmo lidera: "Barcelona Com Tu". Agradecémoslle que nos recibira tan amablemente e nos explicara, sucintamente, a súa oferta para Barcelona. Prometémonos voltar a conectar con el para que nos amplíe e nos dé máis datos, nunha vindeira ocasión.


Falamos despois con María, compoñente do Grupo Musical "TANXEDORAS", que nos fala do seu ultimo traballo, "1952-Tanxedoras" homenaxe a Alan Lomax. Agradecémoslle que nos dedicara estes minutiños para informarnos dese traballo tan interesante e desexámoslles moitos éxitos nesa presentación que están a piques de presentar no "Poemagosto" de Allariz.



Como non puidemos contactar con Paco Rivas, atrevémonos a "ler" dous dos seus poemas dun dos seus ultimos libriños, alomenos para que saiba que nos lembramos del. Poñemos un bocadiño máis de música e despedímonos ate o vindiero sábado, que prometemos voltar. 

sábado, 6 de outubro de 2018

Sábado 6 de Outubro do 2018

Comezamos nova tempada escoitando unha peza de XABIER DIAZ e as Adufeiras, "Noro". Mañá veñen ao CAT de Barcelona a presentar este CD e de seguido conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela, que nos presenta ao seu convidado: Cristian Oliveira Brito, historiador e un dos artífices da posta en marcha da publicación "O Picaraño", que xunto coa compañeira Reyes Rodríguez recuperarán esta cabeceira do Xornal que foi editado e fundado en Entrimo por Vicente González no ano 1909 e que tiña por misión principal Zurrar a badana... ... Unha conversa moi interesante e agradable.


Despois falamos con Santiago Lorenzo Sueiro que nos fala da posta en marcha do "Camiño VIA MARINA" entroncado directamente con Camiño de Santiago e que xa ten autorización e Compostelas dende a cidade de Girona, onde comeza, e despois de varias etapas enlaza con "Camiño Catalán" tamén de Santiago,  en Montserrat e uníndose ao Francés en Jaca. Un grande traballo que estará completamente terminado antes do 2021, que será o próximo Ano Xacobeo.


Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente XULIO SIMÓN, quen nesta ocasión tan só nos envía un saúdo de ben-vida, coméntanos e fai alusión ao San Froilán de Lugo. Aproveita para falarnos un chisco sobre cousas de interese e despedímolo ate o vindeiro sábado.


Tamén falamos con TAMARA ANDRÉS, encargada da sección. NO ESTRELAMPAR! e fainos un percorrido Cultural e moi ameno sobre as cousas que se están a realizar en Pontevedra e en Combarro. Moitas grazas polas informacións e recomendacións.


Finalizamos conectando coa Mariña Luguesa, para falarmos co noso poeta da Mariña, PACO RIVAS, que nos recibe sempre moi amablemente e cóntanos algunhas cousas das que se sucederon no verán. Aproveitamos para solicitarlle que nos lea algunha das súas creacións e así finalizamos a súa intervención.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...