sábado, 28 de xaneiro de 2017

28 de XANEIRO do 2017

Comezamos o porgrama de hoxe cun chisco de retraso por mor da retransmisión do partido de futbol do Cornellà e o Mallorca, pero co ganas de facerlles amenos estes minutos que compartan con nosoutros. Nas locucións Xosé Lamela, Armando Fernández e un servidor Xulio Couxil. O noso técnico de hoxe é Marc Fort, sustituíndo ao noso habitual Kiko; temos que disculpar á nosa voz feminina Laura Santos, por certas obrigas persoais. Despois das salutación oportunas e de escoitar unha peciña musical galega, conectamos con Galicia para falar con don AGUSTIN FERNÁNDEZ, de PLABALI, con quen mantemos unha amena conversa-entrevista relacionada con aspectos importantes da Baixa Limia. Agradecémoslle a súa amable colaboración.

Despois falamos con don XOSÉ LUÍS AXEITOS, membro da Real Academia Galega, e tamén director da 1ª Revista "Follas Novas" da Fundación Rosalía de Castro, que nos adianta os contidos e a próxima presentación dese 1º número na localidade de Rianxo o vindeiro día 23 de Febreiro.

Na segunda hora conectamos con Combarro, para recibir ao noso correspondente semanal XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparadas algunhas informacións e comunicacións interesantes.

A ultima conversa é con don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos informa da próxima celebración do "XIV Festival del Botillo en Cataluña" e adiántanos que pensa acompañarnos a vindeira semana para completar a información e outras novidades para o próximo programa, en directo, nos estudos da nosa radio. 

E despedimos o programa escoitando outra peciña musical, desexándolles que pasen unha semana feiticeira e que nos volvan a sintonizar á mesma hora.

domingo, 22 de xaneiro de 2017

21 de XANEIRO do 2017

No programa de hoxe estarán ARMANDO Fernández e MANUEL Rodríguez JULIÁN nas locucións. Temos que disculpar a presencia de Laura Santos e Xulio Couxil, que teñen certas obrigas persoais que atender. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peza de música galega para conectar directamente con MANUEL Vázquez, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da "IIª Festa do LACÓN" nesa localidade, e de outras novidades interesantes.

Despois falamos con Xulio, que se atopa en Vigo, e aproveitamos para conectar con LYDIA BOTANA, esa "Bolboreta" cantante que anda "De Aquí para Alá" e que nos encandila coa súa música e coas súas propostas tan engaiolantes. Desexámoslle moitos éxitos.

Na segunda hora conectamos con Galicia para falar con UXÍA, unha das voces galegas máis importantes, que ven de realizar o concerto anual de "Cantos na MARE", homenaxeando a NARF, cunha morea de cantantes convidados. Desexamos que siga colleitando éxitos e que o vindeiro mes de febreiro recolla o "cabezón" para o que está nominado.

Conectamos con LUGO, para falar coa SRA. TERE, coa que mantemos unha conversa chea de ensinanzas e cousas de moita importancia relacionadas co Traxe Tradicional Galego. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despois falamos con PACO RIVAS, para acabar o programa de hoxe. A súa intervención, coma sempre, ten unha componente chea de entretenemento, poesía e retranca galega.

A vindeira semana agardamos que voltedes a conectarnos. Sede felices.

domingo, 15 de xaneiro de 2017

14 de XANEIRO do 2017

Primeiro Programa do ano.

Neste programa de hoxe temos que disculpar a presencia de Laura Santos, e de Xulio Couxil, que non se atopan nos estudos por mor de certas obrigas persoais. Armando Fernández nas locucións e o noso Técnico Kiko serán os encargados de levar adiante este programa e comeza dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar unha peciña de música galega para conectar con don SANTIAGO LORENZO SUEIRO, empresario e escritor, que nos informa dalgunhas actividades interesantes, como é o caso da "Conferencia" que se celebrará en Castelldefells o vindeiro día 25 deste mes baixo o título: Catalunya ¿Infierno Fiscal?, que impartirá o catedrático don JUAN FRANCISCO PONT. Tamén nos fai saber da presentación do seu libro : Reino Suevo en Gallaecia. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para máis informacións.

A segunda comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos comenta varias cousas interesantes.

Na segunda hora conectamos con Galicia para falarmos con noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como cada semana sempre ten preparadas unha serie de interesantes noticias e informacións. 

Despois falamos co noso Poeta da Mariña PACO RIVAS, que coma sempre ten unha amena conversa e entretida.

A ultima conexión é con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos informa da Rolda de Prensa que están a realizar no Hotel Front Air de Sant Boi, para presentar o "XIV Festival del Botillo en Catalunya", no que homenaxearán, como Berciano do ano a don Manoel Carrete (Presidente do Centro Galego de Barcelona), e ao Concello de CACABELOS, e contarán coa colaboración das Adegas GODELIA (en Pieros), de Cacabelos, no mesmo Camiño de Santiago.

Despedímonos ate a vindeira fin de semana, que voltaremos a ofrecerlles máis música, entrevistas e novidades. Non faltedes...

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...