sábado, 27 de abril de 2013

27 de ABRIL do 2013

Un sábado máis con todos vosoutros para tentar levar adiante este programiña de dúas horas, empregando o noso idioma galego. Nun primeiro momento saudamos ao equipo ao completo e despois de convidarvos a escoitar unha peza do novo disco de BUDIÑO "SOTAQUE", poñémonos en contacto con Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio desta semana don PABLO ALVAREZ, cos que mantemos unha amena conversa-entrevista.

Escoitamos outra peza de música e conectamos novamente con Galicia, concretamente con CANS, en Porriño (Pontevedra) para falarmos con MOISÉS, que nos pon ao corrente do X Festival de CANS, que se celebrará perante os días 22 ao 25 de MAIO vindeiros. Paga a pena escoitalo.

Dámoslle as felicitacións oportunas á nosa contertulia LAURA SANTOS, que ven de entregar ao prelo a revista de Airiños da Nosa Galicia, e que ela axudou a realizar. Unha magnífica edición que aínda que é tan só o número 19, celebra o 30 Aniversario da devandita Entidade Galega en Santa Coloma de Gramanet.

Falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas. Moi pouco tempo, por mor doutros compromisos que temos apalabrados, e prometémonos aumentalo a vindeira semana.

Na segunda hora realizamos unha serie de informacións que nos chegan á Redacción. Xogamos un chisco cunha noticia relacionada cos "sapoconchos". Provocamos un erro intencionado indicando que estes animaliños son as "tartarugas galegas", para que a nosa audiencia faga o exercicio de consultalo na Internet... (magoa da nosa malintención que non deu resultado e ninguén nos chamou; a verdade é que non facilitamos os nosos teléfonos). Noutra ocasión será, e farémolo con máis tempo e indicacións. Pedimos disculpas.

Poñémonos en contacto con EVA, da Asociación Músico-Cultural "O CASTELO", que son os organizadores da IX FOLIADA e Cantos de TABERNA en Melide. Felicitámolos e desexámoslles moitos éxitos. Noutra ocasión tentaremos falar con eles para que nos fagan unha valoración máis polo miúdo de tódolos actos que realizaron.

Despedímonos ate a vindeira semana, e agardamos que volvan a sintonizarnos.

sábado, 20 de abril de 2013

20 de ABRIL 2013

Unha nova emisión deste noso programiña en galego. Nesta ocasión cumplimos a promesa de incorporar á nosa Redacción unha nova compoñente: LAURA SANTOS, filla de galegos, estudiante de Periodismo e que ven a axudarnos a levar adiante este espacio. Desexámoslle moitos éxitos. 
Como cada semana comezamos conectando coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos ten preparado conversar con ALEXANDRA ALVAREZ, unha das persoas que se encarga de levar adiante RADIO RIOCALDOFM. Xa tiñamos falado, en programas anteriores con BORJA BARROSO, pero nesta ocasión non é posible. Aquí tedes a conversa-entrevista mantida.

A seguir falamos cos nosos contertulios no Estudio: Armando e Laura, e propoñémoslles escoitar algunha peza de música tradicional gallega.

Na segunda hora dámoslle información dalgunhas Noticias interesantes relacionadas cos Centros Galegos en Catalunya. Comprometemos a Laura para que nos faga de correspondente na Asociación de Santa Coloma de Gramanet: Airiños da Nosa Galicia, para a fin de semana do 4 ao 6 de Maio. Tamén damos a coñecer a próxima representación dunha obra de Teatro para o día 18 de Maio e unha Conferencia na sede da Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, para o día 25 de Maio.

Para finalizar conectamos coa Mariña Lucense e falamos con PACO RIVAS, que sempre é moi locuaz e comentamos con el varios asuntos e moi en particular a elección do novo Presidente da Real Academia Galega, don Xesús Alonso Montero. Remata a súa intervención, como non pode ser doutro xeito, coa declamación de varias composicións poéticas súas.

A vindeira semana prometemos facer outro programiña máis, se pode ser, mellor.

luns, 15 de abril de 2013

Sábado 13 de ABRIL 2013

Un novo programa de dúas horas en galego para tódolos nosos seguidores. Nesta primeira hora non podemos conectar coa Baixa Limia, co noso correspondente Xosé Lamela, por mor de certos compromisos familiares. Na vindeira semana tentaremos renovar a nosa rutina conectando con el.
O que sí facemos é falar con SANDRA, a responsable da páxina WEB shttp://www.comerengalicia.es, que nos informa polo miúdo deste traballo tan interesante aberto a tódolos usuarios de Internet. Agradecémoslle a súa aportación e convocámola para poder conversar con ela noutra ocasión.

Continuamos o programa dándolles información das novidades que chegan á nosa Redacción. 

Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, en Combarro, para que nos fale das escollas que ten preparadas para tódolos nosos oíntes e seguidores.

Seguimos dándolles novidades e informacións chegadas dende Galicia, acompañándoas de música tradicional galega.

A vindeira semana tentaremos facer outro programa máis entretido e, se podemos, mellor.

sábado, 6 de abril de 2013

Sabado 6 de abril do 2013

Unha nova entrega despois da Semana Santa. Dámoslle a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores cunha peza de música popular galega. Conectamos coa Baixa Limia, dende onde nos presenta XOSÉ LAMELA, o noso correspondente oficial, ao contertulio desta semana DON RAMÓN ALONSO LOPEZ, o Ilmo.Alcalde de ENTRIMO, cos que mantemos unha conversa-entrevista moi agradable e despedímolos desexando volver a falar con eles sobre moitos dos aconteceres na súa contorna.

Deseguida poñémonos en contacto con ANTONIO DÍAZ, Director da revista Lúa Nova e Secretario da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das novidades e actuacións da Entidade.

Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, concretamente dende Combarro fálanos XULIO SIMÓN, o noso correspondente habitual, para falarnos das súas escollas sempre interesantes. Hoxe detense na persoa de don XESÚS ALONSO MONTERO, que presenta a súa candidatura á presidencia da Real Academia Galega. 

Despois, para rematar, poñémonos en contacto con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que sempre ten unha intervención chea de engado e finaliza a súa intervención coa recitación dunha das súas composición e creacións poéticas.

Despedímonos desexando que pasen unha feliz semana e agardámolos o vindeiro sábado, que tentaremos facer outro programa máis, para disfrute de todos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...