sábado, 28 de marzo de 2015

SÁBADO 28 de MARZO do 2015

Unha emisión máis deste noso programa de radio en galego. Comezamos coa escoita dunha peza do último CD da nosa amiga SES "Tronzar os VALOS", que nos ameniza as conversas e entrevistas que realizamos. A primeira é con ARSENIO LANDA, da Baixa Limia, co que mantemos unha conversa moi esclarecedora de temas relacionados coa comarca. 

 A segunda conexión é con MANUEL PAZ, de Lobios, concretamente de "O Lusitano" que nos informa das propostas que podemos aproveitar para disfrutar nesta Semana Santa neste recuncho da nosa Galicia. 

 Despois conectamos con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, un grande defensor e coñecedor da nosa língua, e que nos fai sabedores de moitas e interesantes noticias, algunha delas en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, así como unha valoración moi interesante sobre o emprego e uso da língua galega.

 Desexamos que pasen unha SEMANA SANTA moi feiticeira. ¡Boas Pascuas para todos!

domingo, 22 de marzo de 2015

SÁBADO 21 de MARZO do 2015

Nesta ocasión temos o equipo ao completo: LAURA SANTOS, XOSÉ LAMELA, ARMANDO FERNANDO e un servidor. Como cada semana comezamos con música e nesta ocasión serviranos para presentar ao noso convidado de hoxe, que forma parte, como contrabaixo, do grupo de JAZZ : AURIA VINTAGE. Trátase nin mais nin menos que do Arqueólogo Municipal de Ourense, e amigo don JOSE MARÍA EGUILETA FRANCO.

Recibimos nos estudios a DAVID FERNÁNDEZ, do Grupo de música galega VAL DAS MOURAS, a quen saudamos e agradecémoslle a presencia nos estudios. Ven a presentarnos, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, o seu traballo titulado ROSALÍA, que presentarán na sala Barradas de Hospitalet o vindeiro día 8 de Abril. Felicitámolo e escoitamos un chisco dese CD, que  nos veu a presentar.

Na segunda hora comunicámonos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que nos ten preparadas algunhas noticias moi interesanes, relacionadas coa Cultura Galega.

Continuamos escoitando un chisco máis da música que nos presenta DAVID e despedímonos ate a semana vindiera, ultima emisión denantes da Semana SANTA.

domingo, 15 de marzo de 2015

12 de MARZO do 2015

Nesta ocasión comezamos a emisión o equipo de sempre, a falta do noso colaborador habitual da Baixa Limia don Xosé Lamela, a quen temos que disculpar porque ten outras obrigas persoais que atender. De tódolos xeitos aquí estamos: Marc Fort, nos controis técnicos, LAURA Santos, ARMANDO Fernández e mais un servidor... A primera intervención, conversa-entrevista é con PEP PALAU, Director do FORUM GASTRNÓMICO de A Coruña, que se celebrará a partir do día 15 de Marzo na cidade de A Coruña. Un evento cheo de moitísimas actividades das que nos dá cumprida información o mesmísimo Director. Agradecémoslle-lo moi encarecidamente e comprometémonos con el para seguir informando aos nosos oíntes e seguidores da valoración deste acto así como tamén das sucesivas celebracións do FORUM. 

Seguidamente conectamos con don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, Funcionario no Concello de Celanova, e a quen xa podemos considerar como un asíduo colaborador. Danos cumprida información do "suceso" acontecido en Vilanova dos Infantes: o asasinato do párroco don Adolfo e desaparición da imaxe da Nosa Señora do Cristal, acaecido na semana pasada. Un feito luctuoso que encheu de tristeza a toda a comarca e que segue conmocionada co acontecido. 

Na segunda hora conectamos co Sr.RAMON, de "O MESÓN DO GALEGO", en A Merca (Ourense), tamén moi preto de Vilanova dos Infantes, co que mantemos unha conversa en torno ao seu "museo particular" adicado a "moitas cousas antigas", como el mesmo dice, no que ten contabilizadas alomenos unhas 5 mil pezas. Agradecémoslle a súa aportación para os nosos oíntes. 

No final, como cada semana que podemos, conectamos co noso correspondente nas RÍAS ALTAS, o poeta da Mariña Lucense don Paco RIVAS, que sempre ten algunha "ocurrencia retranqueira" coa que agasallarnos. 

Despedímonos desexándolles unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos á mesma hora o vindeiro sábado.

domingo, 8 de marzo de 2015

SÁBADO 07 de MARZO do 2015

Un sábado máis saímos ao ar tentando ofrecerlles un programiña cheo de interesantes novidades e entrevistas coas persoas que escollemos para todos vosoutros. Saudamos efusivamente ao noso colaborador XOSÉ LAMELA, xa recuperado, e lamentamos a ausencia da nosa LAURA SANTOS, por mor de certas obrigas persoais. Nesta primeira hora falamos con don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, Periodista e Funcionario no Concello de Celanova, co que mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. 

 A segunda chamada-entrevista é con AMPARO CENTENO, socia da Asoc.C.G.Rosalía de Castro e membro activo do Consell de la Dona de Cornellà, que nos informa das diferentes actividades que teñen previsto realizar con motivo da Celebrción do día da muller traballadora, e que en Cornellà realizarán unha morea de actos entre os que cabe destacar o do día 14 na propia Aso.Rosalía de Castro, á que nos convida moi amablemente.

 Na segunda hora, o noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN, xa recuperado da súa afonía, preséntanos ao seu convidado de hoxe, don MIGUEL ANXO FILGUEIRA, Conselleiro no Concello de Pontevedra. A conversa que mantemos xira entorno aos Premios concedidos á cidade (Premio ONU-Habitat) de Pontevedra e á vindeira participación no II Foro Iberoamericano de Cidades. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos volver a conversar cando regrese da súa viaxe a México, e se é posible, falar tamén co Sr.Alcalde.

 Antes de finalizar o programa falamos con MANOLO BARCIA, do Restaurante "Rincón de Galicia" , en Polinyà, que acaban de realizar ese gran xantar de : "O cocido gallego", con tódolos ingredientes recén chegados da nosa terra e regados con caldos  D.O. galegos. Aproveita para convidarnos a participar e sintonizar cada mércores de 20:30 á 22:00 para escoitar o seu programa "Galica no Vallés", no 100.4 da FM, en Radio La Llagosta. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle motos éxitos. 

 Que teñedes unha semana feiticeira, e non deixedes de sintonizarnos. 
Seguiremos traballando para compracervos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...