luns, 28 de febreiro de 2011

26 de febreiro do 2011

Esta semana temos Asemblea na Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro". Xa daremos cumprida información do resultado da mesma na seguinte emisión (o vindeiro día 5 de marzo). Non poderemos conectar con Xulio Simón, por mor de certos compromisos persoais que está a realizar esta fin de semana en Lugo, pero tentaremos levar adiante esta nosa programación entretendo aos nosos "escoitantes" coa escolla da música galega que temos, coa lectura das novidades que nos chegan á redacción e con outras intervencións interesantes.
A primeira conversa-comunicación é con EDUARDO MENDEZ QUINTAS, o Director do Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudios Miñoranos, que nos fala do traballo que acaban de presentar:
Tamén aproveitamos para que nos faga un pequeno percorrido por outras moitas accións que se estan a levar a cabo dende o Instituto de Estudios Miñoranos.


Despois damos lectura a pequenas comunicacións, notificacións e informacións varias.


A seguir, conectamos con ROSA, a responsable de CULTURA do Concello de LOBIOS, que nos adianta os traballos que estan realizando para preparar o Entroido desa zona da Baixa Limia, e que ten un sentido moi especial porque estan  a recuperar a antiga lectura e realización dos DISCURSOS, que se facían, en tempos. Lecturas que consistían e poñer "a caldo" (nunca mellor dito) aos principais mandatarios e gobernantes do Concello, así como a calquera outra persoa do pobo. Aproveitaban a ocasión para facer reparto ("partillas") máis ou menos equitativas das diferentes partes do corpo dalgún animal morto na contorna, todo elo con sentido irónico e bromista. Empregando a "retranca galega".



Damos por finalizada a nosa emisión e convidámolos para voltar a "sentírmonos" a vindeira semana.

luns, 21 de febreiro de 2011

Emisión do 19 de febreiro do 2011

Hoxe comezamos coa interpretación dunha peza musical pertencente ao grupo "Aira da Pedra" do Bierzo. Homenaxe particular adicado ás persoas de ASOBECAT, que tiveron a súa particular celebración a pasada fin de semana no Hotel Campus de Bellaterra, co "VIII Festival do Botillo en Barcelona". Agradecementos para eles e felicitacións polo éxito acadado.
A nosa primeira comunicación-entrevista é con DAVID da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que nos pon ao corrente das súas próximas Actividades, e moi específicamente da "Feira do Polbo" que celebran cada 3º domingo de cada mes. Agradecémoslle a súa participación na nosa emisión.


 

Seguidamente poñémonos en contacto con IRIA, que levaba un tempo sen colaborar na nosa emisión. Aproveitamos para felicitala pola recente publicación do seu libro de poemas: FLORES DA GALVANA, de edicións Espiral Maior. Recítanos unha das súas composicións e falamos un chisquiño con XIAO, que nos promete enviarnos unha das súas interpretacións solistas de percusión (ten sete aniños tan só).

Nesta segunda hora, como cada semana conectamos con Galicia para comunicarnos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente semanal e fainos un percorrido cultural con varias propostas interesantes. Agradecémoslle a súa desinteresada, pero moi estimada colaboración para a nosa emisión de radio en galego.

A emisión desta fin de semana acabámola coa lectura de varias informacións e noticias que nos chegan á Redacción, precedida pola música de Moriartymusica, con quen falaremos noutra ocasión. Desexamos poder contar coa vosa participación na vindeira fin de semana. ¡Graciñas por estardes ahí!

domingo, 6 de febreiro de 2011

Día 5 de febreiro do 2011

Esta semana comezamos a nosa emisión conectando con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, responsable da Asociación de Bercianos en Cataluña ASOBECAT, que nos pon ao corrente do "VIII Festival del Botillo en Barcelona", que se vai a celebrar o día 12 deste mesmo mes. Adiántanos que se lle fará unha homenaxe a don Gustavo Alonso Vega e a un dos Concellos do Bierzo.
">
A segunda comunicación-entrevista é con Xilberte Manso de la Torre,

Xosé Lois Vilar Pedreira -arqueólogo- e Xulio Simón
, o noso correspondente dende Galicia, que versa sobre asuntos moi interesantes relacionados coa Serra da Groba, e a Talasonimia daquela zona costeira da mariña pontevedresa de Santa María de Oia e Baiona...
">
Para finaliza-la nosa emisión de hoxe conectamos novamente con Galicia e nesta ocasión falamos con CARLOS ARES,mantedor da páxina web de VIANA DO BOLO Precisamente foi premiado coa ANDROLLA DE OURO o ano pasado. É un dos mellores coñecedores do Entroido de Viana do Bolo (Ourense), que xa o consideramos un colaborador máis do noso programa. Fálanos dunha documentación-recolleita que acaba de facer e que lle servirá de base, en principio, para unha Conferencia que impartirá en Asturias próximamente, e adiántanos algunhas novidades relacionadas con esta poboación da montaña ourensana, da que moitos oíntes nos reclaman noticias e informacións.
">

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...