- Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO. É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame.
- Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitantes e simpatizantes envíannos felicitacións pola tarefa que nos participa este noso correspondente cada semana. Nosoutros tamén lle-lo agradecemos.
- Un servidor e os compoñentes do xurado despedímonos porque temos que acudir á Sede da Asociación, onde se impartirá esa Conferencia-Coloquio-Presentación dos dous libros de Charo Golmar. Asistirá o Secretario Xeral de Política Lingüística, don Valentín García. Teremos a presenza do Ilmo.Sr.Alcalde da cidade, don Antonio Balmón, e teñen confirmado a presencia outras autoridades e representantes diversas Entidades Culturais e Asociacións Galegas.
- Continúa o programa con Armando aos mandos, e despois dun bocadiño de música ponse en contacto con PABLO VIDAL MENDOZA, Contrabaixista dos Resentidos, que acaba de poñer en marcha un Estudio de Grabación en Bamio. Un músico que ten publicado varios discos e segue nesa tarefa creativa musical.
-
- Despois fala con ADRIÁN MÉNDEZ, responsable e coordinador da "FOLIADA DA FONSAGRADA". Comenta a celebración deste grande evento que este ano terá unha morea de novidades e moi especialmente a participación dun grupo asturiano e outro do país vasco, en homenaxe a Kepa Junquera. Tamén haberá sorpresas moi interesantes. Os días de celebración serán o sete, oito e nove de decembro. Cada ano convértese A Fonsagrada nun centro de musicalidade galega de alto nivel. Desexamos que teñan un grande éxito.
- Fala con XAN PAMPÍN, do Grupo musical AILÁ, que acaban de publicar un videoclip moi interesante, titulado: "Ailá de Nadal", único disco de panxoliñas tradicional galego do 2023. Iremos escoitando algunhas das súas pezas cada vez que emitamos os nosos programas. Agradecémoslle a súa atención.
- Despídese ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario