sábado, 29 de xaneiro de 2022

SÁBADO 29 de XANEIRO do 2022

Leandro
Cristina Corral Soilan
Comezamos coa nosa sintonía habitual saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música, coma sempre, conectamos con Galicia para manter unha conversa-entrevista con CRISTINA CORRAL SOILÁN, xunto con LEANDRO LAMAS. Felicitámolos a ambos pola recente publicación do libro NO FAIADO. A creatividade literaria correspóndelle a Cristina e as ilustracións son de Leandro. Unha ampla conversa para coñecer algo máis sobre esa publicación editada por Edicións Embora, que seguro tódolos nosos oíntes e seguidores interesados poderán adquirir próximamente. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, concretamente en Fisterra, para recibir a súa crónica semanal con informacións e noticias de interese relacionadas con aquela contorna. Voltamos a repetir que para ampliar informacíon e noticias de interese poden entrar na páxina:  Que Pasa na Costa.gal, onde atoparán, máis polo miudo, as noticias que nos avanza Oscar M. Rey. Lembrámosvos que este programiña reemítese por Radio Roncudo e Radio Neira os domingos de 12 a 14h.

 

Despois de escoitar outro bocadiño de música conectamos novamente con Galicia, concretamente A Fonsagrada, onde se atopa o noso amigo e grande reporteiro gráfico Manuel Fernández, máis coñecido por Manolo Foteiro. Ponnos ao corriente da celebración da "Feira do Butelo" de A Fonsagrada, declarada de Interese Turístico Galego e que nesta ocasión cumple 25 anos de existencia. Enviámoslle os nosos parabens, pola parte que lle toca e infórmanos de varios aspectos da Feira, das súas colección de máquinas de fotos, de reloxos, de reportaxes e videos, de proxectos nos que está involucrado e doutras cousas de interese. Agradecémoslle a súa participación.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!


luns, 24 de xaneiro de 2022

SÁBADO 22 de XANEIRO do 2022

Terceiro programa deste ano 2022. Comezamos saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores a escoitamos a María Bethania coa peza "Sonho meu" para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos envía a súa crónica semanal. Para saberdes algo máis relacionada con estas terras podedes entrar na páxina: https://www.quepasanacosta.gal/Agradecémoslle, coma sempre, a súa moi estimada colaboración estimada.


Fransy González
A segunda intervención é con FRANSY González, Profesora de baile e canto. Unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Dende moi noviña formou parte da Asociación XIRADELA. Ao longo da súa carreira ten gravado e colaborado con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jorde Savall, Erik Marchand, The Chieftains e actualmente forma parte do trio  Fransy, Davide e Cibrán. Felicitámola polo seu labor de profesora e de receptora e recolledora de cantos e músicas tradicionais da zona de Bergantiños. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Conectamos con Olga Novoa. Agradecémoslle o envío que nos fixo dos exemplares da revista cultural que axuda a publicar: "Nós, a Xente do Redor". Editada en Ourense ten a participación de moitos e grandes poetas, escritores, pintores e persoas de recoñecida valía. Seguiremos en contacto.

A segunda hora dámoslle a ben-vida a dona África González Fernández, Médica Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención. Axúdanos a coñecer algo máis sobre cómo temos que comportarnos e o que posiblemente vai acontecer coa pandemia que estamos a padecer.
 

Continuamos o programa recibindo a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira. Novidades e informacións precisas dos aconteceres naquela contorna.

Despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ata o vindeiro sábado á mesma hora.


sábado, 15 de xaneiro de 2022

SÁBADO 15 de XANEIRO do 2022

Segundo programa deste ano 2022 con tódolos nosos oíntes e seguidores, tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio entretidas e aprendendo un pouco máis cada día. Despois das salutacións iniciais escoitamos un pouco de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos fai a súa crónica semanal, aínda que se atopa un pouco convaleciente. Agradecémoslle a súa aportación semanal.

A segunda intervención é a da periodista e poeta Nieves Neira Roca, sobriña do grande poeta Uxío Novoneira. Infórmanos das actuacións que se levaron a cabo para soterrar os restos de Uxío o día de onte na súa terra natal, O Courel. Tamén nos agasalla recitando un poema. ¡Moitas Grazas, Nieves!




Contamos agora coa colaboración do noso amigo Luís Losada, que dende Pontevedra nos envía a súa aportación cultural moi interesante. Concretamente fálanos de Rosalía Fernández Rial, e de "Desnortadas".

Continuamos na segunda hora escoitando a interpretación musical de Xoan Eiriz, que son uns versos de Suso Díaz. Precisamente falamos con el para felicitalo polo CD e tamén pola recente publicación do libro de poemas que leva por título: 
"Asulagadas", adicado á memoria do Val do Limia, moi concretamente Aceredo, Buscalque, O Vao e Reloeira. Antes de finalizar a nosa conversa-entrevista recítanos un poema dese mesmo libro. ¡Moitas grazas e moitos éxitos Suso! 
 
Conectamos coa nosa correspondente Fernanda Follana Neira, que tamén ten preparada a súa crónica semanal con informacións e novidades interesantes.

 

E finalizamos a emisión de hoxe falando co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha charla desenfadada e agradecida. Tamén os informa das próximas publicacións que están a piques de saír do prelo.

Despedímonos ate o vindeiro sábado. Que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa enteiro.

sábado, 8 de xaneiro de 2022

Primeiro programa do 2022, SÁBADO 08 de XANEIRO.

Comezamos coa nosa sintonía de sempre e dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Propoñemos que escoiten unha peza moi interesante, que se atopa en youtube concretamente e que leva por título : "Muller Ferreña". É unha homenaxe que queremos ofrecer ao noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, con quen conectamos a continuación.

Escoitamos outra peza musical e con ela dámoslle a ben-vida a dona Celia Inés Feijoo Soto, Presidenta da Memoria Histórica de Celanova, sobriña de don Luís Soto. Mantemos con ela unha conversa moi agradable e prometémonos voltar a comunicarnos con ela para que nos siga informando das moitas e importantes actividades nas que está inmersa. Agradecémoslle a súa amable atención.


Voltamos a escoitar outra peza musical e poñémonos en contacto con dona Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco. Unha "entrevista" moi interesante e con moita información. Foi un primeiro contacto que seguro voltaremos a facer para que nos axude a coñecer máis polo miúdo ese grande traballo que están a realizar.


A segunda hora conectamos novamente coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernada Follana Neira, a que felicitamos o ano e aproveita para achegarnos algo de información sobre ese traballo tan interesante que están levando a cabo para a realización da proba ciclista que realizarán no mes de Marzo. Desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos a emisión conectando con Galicia para recibir ao noso amigo e colaborador Henrique Fedez-Mon Sánchez, que ademais de comentar parte da nosa emisión, tamén nos fai partícipe de varios aspectos relacionados coas intervencións anteriores.

E finalizamos o programa de hoxe conectando co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención algo retranqueira e agradable para despedir a tódolos oíntes.

Desexamos que teñan unha feliz semana.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...