luns, 22 de febreiro de 2010

Programa do 20 de febreiro do 2010

Comezamos coa sintonía de sempre -Tolemia de Cristina Pato-, pero unha vez feita a nosa presentación escoitamos unha composición creada e interpretada por Alfredo González, artista e músico moi coñecido e apreciado pola colectividade galega en Cataluña, titulada: "Hino a Rosalía de Castro de Cornellà". Un agasallo deste galego de Becerreá, que lle fai este presente ao noso programa e moi concretamente para a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, con motivo do seu 30 cumpleanos.

A nosa primeira comunicación en directo é con Carmen Rozas, poetisa galega que dende Ponferrada nos pon ao corrente da súa proposición de "Apagón Eléctrico Xeral" para o día 15 de marzo vindeiro. Podedes atopala no facebook, xa que ten unha plataforma con esta proposta. Segundo nos explica xa ten máis de 1000 simpatizantes ou seguidores desta plataforma, á que se engadiron outras máis, sensibilizadas coa súa proposición. Agasállanos coa declamación de dúas das súas poesías. Unha en galego, e outra en castelán adicada á aldea de seus pais.

Despois dámoslle a ben-vida a Manuel Uría "Xacobe", o mantedor da páxina de Aldea de Coro, que nos fai partícipe das súas inquedanzas e convida aos nosos oíntes a participaren con el neste proxecto tan feiticeiro, visitándoo e tamén enviando os seus escritos ou aportacións. Participa nesta conversa-tertulia o noso amigo e colaborador Kique de Vidal, de Navia.

A seguinte comunicación é con Rafael Lema, un escritor da Costa da Morte que nos engaiola polas súas publicacións. Neste caso fainos un pequeno percorrido pola obra que titula: "El Camino Secreto de Santiago". "Un excelente libro, que por fin, trata sobre a verdade do camiño, as súas bases precristianas, e a forza de Finisterre e da súa ruta como centro de toda esta creación interesada, por fin ousa alguén dicir que Santiago non está enterrado en Compostela... ..." As preguntas e respostas que lle fai o noso amigo Kique, dan boa conta dun traballo moi profundo e interesantísimo, para todos aqueles interesados no Camiño de Santiago.

Unha vez máis, como cada semana voltamos a comunicarnos con Xulio Simón, que nos pon ao corrente de moitas e interesantes cousas que están a suceder en Galicia, moi relacionadas co noso entorno e coas nosas inquedanzas. Fainos un percorrido das ultimas novidades e voltamos a disfrutar coas súas intervencións.

Para rematar facémonos eco dalgunha interesante noticia que chega á nosa redacción, intercalándoa coa escoita dalgunha das creacións-composicións que nos agasallou o noso amigo Alfredo González, e aínda nos da tempo para saudar en persoa a Xulio González, que foi a primeira persoa que nos chamou á nosa radio para participar no noso Concurso-Sorteo de 4 reloxos que puxemos en marcha o pasado 8 de febreiro. Por certo, os que aínda non enviástedes a vosa suxerencia ou comentario á nosa páxina, aínda estades a tempo. ¡PARTICIPADE, é GRATIS!, tan só hai que deixar un comentario na nosa páxina para recibir un número.

Seguiremos a traballar para poder voltar a vindeira semana con máis noticias, novidades, entrevistas e cousas interesantes para tódolos nosos seguidores. ¡Graciñas por estardes ahí! e ate a vindeira fin de semana, que tentaremos voltar a entretervos coas nosas propostas.

luns, 15 de febreiro de 2010

Programa del día 13 de febrero del 2010

Comezamos o programa coa participación de Xosé Carlos G.González que nos trouxo ao estudio aos compoñentes de ASOBECAT "Orgullo del Bierzo " http://www.orgullodelbierzo.es/. Coa súa participación facemos un percorrido polo evento que teñen previsto realizar o vindeiro sábado 20 no Hotel SERHS Campus (***) www.serhscampushotel.com da Universidade de Bellaterra: VII Festival del Botillo en Cataluña 2010 y concesión de título honorífico de: "BERCIANO ILUSTRE EN CATALUÑA 2010 - IN MEMORIAM" a don RAMÓN CARNICER. A conversa, precedida pola Cantata do Bierzo, con seus Directivos. fíxose moi amena e interesante, Entrevistamos ao Ilmo.Sr. Alcalde de FABERO, don Demetrio Alfonso Canedo, que asistirá ao evento mencionado enriba.

Depois chamamos a Carmen Busmayor, escritora e poetisa. Fará un recital de poesía no Ateneo de Barcelona o día 19, víspera do Festival do Botillo. Tamén nos recitou algún dos seus poemas en directo, para tódolos oíntes.

Despedímonos deles co desexo de que volvan á nosa radio noutra ocasión, tanto para comunicarnos as súas actividades, de interese para os oíntes, como para calquera outra información relacionada coa cultura ou coa música daquela zona. Foi un placer conversar con Cesar Argüelles, Manuel Barcia, Daniel Rodríguez, Pedro Sánchez, Borja Rodríguez..., e ate outra momentiño, que volvan a visitarnos.

Xa nos remates do programa duenos tempo de comunicármonos coa "Tera Ferma"-Lleida, e falar con Juan R.Gómez Dacal, Vicepresidente do Centro Galego-Casa de Galicia de Lleida, quen nos puxo ao corrente das actividades que veñen realizando con motivo da súa "Semana Cultural 2010". Falamos un chisquiño, tamén, da presentación da revista "Xurdimento".

Finalizamos cunha pequena presentación e mínima conversa con Vituco Neira da Radio Galega, o periodista e músico que atopamos pola rede na súa páxina "Planeta Furancho". Quedamos para outra ocasión, xa que desta hecha non nos deu tempo de comentarmos xiquera algunha das moitas cousas que nos interesan... ...

A vindeira fin de semana teremos máis tempo para comentarmos moitas máis cousas.
Agardámosvos a todos. Tamén aos que vos conectades no facebook, e participades preguntando e intercambiando opinións... ¡Apreciámosvos!

sábado, 6 de febreiro de 2010

Programa do 6 de febreiro do 2010

¡Ben-vidos! un día máis a este recuncho de radio en galego.
Comezamos con música galega e adiantámoslles que temos dúas horiñas de radio moi cheas de comunicacións, entrevistas e conversas de grande interese. Seguro que o pasarán agradable con nosoutros. Tentamos que se divirtan e tiren proveito do que lles ofrecemos.

Establecemos a nosa primeira comunicación con don Ernesto Lagarón, Presidente de Saudade que nos informa da celebración da XII Festa do Entroido da súa Entidade, para o día 20 de febreiro ás 21 horas. Tamén nos convida a participar na Conferencia-Coloquio que se realizará na Sé Social de Saudade o vindeiro sábado 13 de febreiro, a cargo de don Artur Mas.

Agora tócanos falar con don Andrés Montesinos, Alcalde de Viana do Bolo para que nos poña ao corrente das cousas que se están a suceder naquelas terras do interior galego, con relación ao "Entroido de Viana" e da "40 Festa da Androlla", que se vai a celebrar próximamente na vila, concretamente o día 14 de febreiro vindeiro. Agradecémoslle a súa participación.

A seguinte comunicación é con Miguel Anxo Fernán-Vello, dramaturgo e poeta galego, xunto con Carlos G.González, vocal de Rosalía de Castro. Intervimos na conversa os catro contertulios, é dicir: Un servidor, Kike de Vidal de Navia, Miguel Anxo e Carlos. Comprometémonos a facer outra comunicación-conversa en viendeiras datas para falarmos de María Casares...

A segunda hora comezámola cunha peza de música e deseguido conectamos con Madrid-Iberjoya, onde se atopa don Pedro Pérez, da directiva do Grupo DUPLEX http://www.grupoduplex.com/, que ven de agasallarnos con 4 reloxos da marca DOGMA, para que tódolos nosos oíntes que o desexen participen no "2º Concurso-Sorteo do noso Programa de Radio Sempre en Galicia-2010". Na anterior entrada deste blog atópanse publicadas as bases para poder recibir un número de participación no sorteo. Agradecémoslle públicamente a súa participación e convidamos a tódolos oíntes a que participen.

E para rematarmos o programa novamente comunicámonos co Viana do Bolo para falarmos con Carlos Ares, un dos homenaxeados, este ano coa "Androlla de Ouro" pola publicación da súa páxina web en Internet, relacionada con Viana do Bolo, con abundantísima documentación. Felicitacións por acadar tal honor e animámolo a que siga nesa teima de dar a coñecer aquelas terras de Viana que paga a pena visitalas de cando en vez.

Voltamos a convidarvos a que participedes no noso "2º Concurso-Sorteo" e que volvades a conectar con nosoutros a vindeira semana.

Novamente

2º CONCURSO-SORTEO de "Semprengalicia"

2º Concurso – Sorteo do programa en língua galega “SEMPRE EN GALICIA” de Radio Cornellà.

Con motivo da celebración do 24 cumpleanos da emisión do noso programa de radio, queremos agasallar aos nosos oíntes, seguidores e simpatizantes.

Gracias á colaboración desinteresada do Grupo Duplex, coa mediación de don PEDRO J. PEREZ, dispoñemos de 4 reloxios (dous de dona e dous de home) da marca DOGMA, que serán entregados aos concursantes que participen nos diferentes programas que emitimos.

As bases para este concurso-sorteo son as seguintes:

1º.- Recibirán un número de participación todos aqueles que chamen á Radio (933 778 200 – 933 778 055) mentres emitimos, os sábados de 6 a 8 horas do serán. Tan só recibirán un número por participante, non por chamada.

2º.- Tamén terán un número os que deixen un comentario, alusivo ao sorteo ou solicitando número, no blog do noso programa: http://semprengalicia.blogspot.com/

3º.- Unha mesma persoa poderá conseguir dous números para participar no Sorteo, pero nunca máis de dous, sempre e cando realice as dúas opcións anteriores, é dicir: chamar á radio e facendo un comentario no blog do programa : http://semprengalicia.blogspot.com/

4º.- Comezaremos a entregar números para este “2º Concurso-Sorteo” a partir do programa que se emitirá o vindeiro día 6 de febreiro do 2010, momento en que se fará público mediante a lectura destas bases e a posible entrevista que manteremos con don Pedro J.Pérez, do Grupo Duplex.

5º.- A realización, lugar e data do Sorteo, publicarase do mesmo xeito que a emisión destas bases: Mediante correo electrónico a cada un dos participantes e en diferentes emisións do noso programa.

Agardamos a vosa colaboración e participación neste xogo-concurso-sorteo. ¡Admítense suxerencias!.


¡¡¡ Moita sorte !!!

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...