sábado, 16 de marzo de 2024

SÁBADO 16 de MARZO do 2024

Este sábado tivemos que facer unha emisión especial e algo diferente. Non pudiamos facer o programa en directo porque tiñamos interpretación teatral no "Auditorio de San Ildefonso" de Cornellà. A compañía de Teatro de Aficcionados "Anduriña" puxemos en escea a obra adaptada "Cinderela e os Postres de El Rei". Consiste nunha posta en escea do conto de Cinderela, pero á nosa maneira, dándolle un "tinte" moi feminista e reivindicativo, no que puxemos todo o interese, sendo que ademia foi un dos actos convocados polo Concello de Cornellà para homenaxear a tódolas doonas. Así pois este noso programa "enlatado" tan ´so contou con poucos participantes. Seguro que disfrutarán co que fomos capaces de compartir. A primeira intervención foi a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA.

Despois escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso Presidente, OLIVER FERNÁNDEZ,  da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. Dámoslle a ben-vinda e agradecémoslle que interveña hoxe, despois dese susto-accidente que sofriu esoutro día e que tantas persoas se interesaron por el. Ao parecer, segundo nos conta, foi un momento bastante delicado. Tiveron que operalo durante máis de cinco horas, na perna esquerda e o brazo esquerdo tamén. Deberá estar inmobilizado durante un tempo, pero a diagnose que lle deron os médicos é bastante alentadora e seguro que poderá asistir ao Teatro deste sábado no Auditorio de San Ildefonso, onde se interpretará a obra: "Cinderela e os Postres de El Rei". Agradecémoslle a súa intervención e desexamos que teña unha pronta e boa recuperación.

Mantemos unha conversa co noso "Correspondente-viaxeiro" XOAN ARCO DA VELLA, que nos tiña prometido falar das Minas de Wolframio en Galicia, e que el mesmo percorreu e buscou documentación naquelas que visitou, ademais de falar con moitas das persoas que aínda lle lembraban e recordaban algunhas enecdotas e outras peripecias que aconteceran naquela época tan convulsa e de guerra mundial. El mesmo nos indica que hai moita documentación e pódesen atopar en Internet moitos lugares de interese que informan bastante detalladamente dese acontecemento que en Galicia chegou a ter moita importancia e repercusión. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa.

Conectamos con MARISOL PALOMO, que nos fala do CD: "Cen Voltas" da galega-belga VERÓNICA CODESAL, que estivo presentando perante un bo tempo por Galicia adiante. Está nominado para ser premiado por "ARITMAR", e polo tanto convida a tódolos oíntes e seguidores que se poñan na páxina indicada e voten por ese CD, xunto con outros dous, que así é como se vota. Desexamos que continúe con ese proxecto e que siga colleitando moitos éxitos.

Falamos agora co noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que aínda convaleciente, por mor dunha pequena indisposición, non puido achegarse aos estudios, pero quere participar no programa de hoxe, para compartir con todos nosoutros uns minutiños de emisión e programa. Despedímolo con múasica, como facemos con tódolos nosos interviñentes.

Seguimos a escoitar máis música e aproveitamos unha das pezas para despedirnos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Tamén deixamos aquí o programa completo.


sábado, 9 de marzo de 2024

SÁBADO 9 de MARZO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Hoxe non podemos contar coa participación do noso compañeiro Armando Fernández, que está convaleciente dunha pequena crisi médica, e dende aquí lle enviamos os nosos desexos de que pronto se poida recuperar e reincorporarse con nosoutros. Despois da sintonía, das salutacións e a escoita dunha peza musical, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que sempre nos debulla unha escolla das noticias que podedes ampliar na súa páxina quepasanacosta.gal, tal e como informamos cada semana. As celebracións, con motivo do día internacional da dona, foron as noticias máis abundantes esta semana, xunto con outras que, como xa dixemos podedes ler na páxina antes mencionada. Desexámoslle unha feliz semana.

A segunda intervención é a de ZELTIA MATEO ÁLVAREZ, unha Peluqueira-Maquilladora de Quiroga, que ven de ser a gañadora do Cartel que anuncia a "XLII Feira do viño de Quiroga". Felicitámola e mantemos con ela unha pequena conversa sobre o seu traballo e a súa creatividade relacionada coa peluquería e maquillaxe. Ese cartel, concretamente foi confeccionado con materiais de maquillaxe, unha novidade moi interesante, algo que non se tiña realizado ate o dagora. A súa faceta de "Peluqueira á Domicilio" ten moito de atención personalizada e de atención aos maiores, nas aldeas da contorna. A súa entrega e traballo no rural, segundo nos comenta, é moi enriquecedor non só pola amabilidade con que a reciben, senón tamén polas mostras de cariño e outras satisfacións personais que lle entregan. Sempre veño pra casa con algunha cousa coa que me agasallan. Desexamos que siga colleitando éxitos.

Despois conectamos con FRANCISCO LÓPEZ FRANCO "CHESQUI", máis coñecido por "Chesqui",  Secretario do Partido Galeguista en Galicia. Fálanos da visita que realizaron a Euskadi, con motivo dunha celebración homenaxeando ao noso insigne Alfonso Daniel R.Castelao. A Presidenta das Xuntas Xerais de Bizkaia, Ana Otadui, recibiu en sede parlamentaria, a unha ampla delegación do Partido Galeguista. Ao día seguinte, foron recibidos polo Lehendakari IÑIGO URKULLU en Vitoria-Gasteiz. Recibimos unha cumprida información desta noticia e doutros aconteceres naquelas terras irmáns, moi interesantes para os nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a participación no programa de hoxe.
 

Falamos con AMPARO CENTENO PRIETO, socia da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que tamén pertence ao colectivo "Cornellà per las Donas". Fainos partícipe das moitas e importantes actividades que o Consell de la dona de Cornellá, ten previsto realizar con motivo do día Internacional da Muller. Onte fíxose unha concentración na praza do Concello, coa lectura do manifesto e grande afluencia de persoas. Unha data moi importante será a do 16 de marzo próximo, na que participa, como cada ano a nosa Asociación e que consiste na posta en escena da obra. "Cinderela e os postres de El Rei". Baseada nun conto, pero que ten unha mensaxe feminista importante. Agradecémoslle a súa amablea atención.
 

Continuamos a emisión e recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA. Fálanos da publicación no xornal "La Voz de Galicia", dun traballo de investigación relacionado coa minería: "Becerreá 1.900, a febre do ouro. Unha compañía de Londres estableceuse na vila, para explotar o mineral, o que se converteu nunha euforia colectiva na zona. Este traballo é unha descuberta da que moitos non tiñan noticia.

Conectamos novamente con Galicia para falarmos con PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e do Bela Muxía, dous establecementos hostaleiros de prestixio na Costa da Morte. A nosa chamada é para que nos fale das moitas e interesantes noticias arredor da súa tarefa informativa en Radio Neria "Falar sen cancelas" e tamén doutros acontecementos relaciondos coa cultura en xeral e en particular coa exposición prevista no Bela Muxía, e outra moi importante e interesantísima que nos adianta, en primicia prevista para o mes de xuño, para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que siga colleitando éxitos nas súas empresas.

Escoitamos a definición de "galego" a cargo de Moncho Borrajo, en castelán, pero que paga a pena pola súa retranca e tan axeitada definición. En vindeiras datas trataremos de facerlle unha entrevista.

E finalizamos coa crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, na que recibimos varias e interesantes novidades culturais da zona.

Deixamos aquí o programa completo.

sábado, 2 de marzo de 2024

SÁBADO 2 de MARZO do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Escoitamos a nosa sintonía de sempre e despois das salutacións de rigor, escoitamos outro bocadiño de música e recibimos nos estudios a MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, grande amigo, que foi o primeiro director deste noso programa "Semprengalicia". A súa visita débese a que é un dos compoñentes da "Compañía de Teatro Anduriña" da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellá., e que dirixe moi acertadamente GISELA RODRÍGUEZ Conversamos acerca da próxima posta en escena da obra. "Cinderela e os postres de El-Rei", unha obra-conto adaptada precisamente pola propia compañía "Anduriña", que se interpretará o día 16 de marzo na Biblioteca, mellor dito no Auditorio de San Ildefonso, a partir das 18h. Os interesados deben ir a recoller ás entradas á Sé da nosa Entidade, na rúa Federico Soler. As entradas son gratuítas, ata completar o aforo. Desexamnos poder disfrutartodos deste evento, programado dentro das actividades relacionadas co día da dona, en colaboración co Concello. Despois da representación teremos a consabida degustación de produtos epetiscos preparados polas donas da entidade, como cada ano.

Oscar Rey
A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que cada semana ten preparada unha crónica con noticias e novidades relacionadas con aquela contorna, e que,  como vimos dicindo cada vez que conectamos, pódense ampliar estas e outras cousas na páxina quepasanacosta.gal, e que esta emisión re-emítese o domingo a partir das 10 da mañá en Radio Roncudo. Unha honra para todos nosoutros saber que nos escoitan en Galicia, grazas á súa colaborción. Tamén temos que informar que o luns a partir das 15h volve a re-emitirse o programa en Radio Fene.

David Carreira
A continuación falamos con don XOSÉ CARREIRA, pai do rexente David do Restaurante Asador MANDUCA, en Mazaricos. Conversamos con el para coñecer un bocadiño máis sobre a "25 FESTA do BOLO do POTE", que se celebra esta fin de semana no Concello de MAZARICOS. Agradecémoslle a súa amable atención. Tamén nos da a coñecer, un pouco do seu traballo de restauración, moi centrado nos asados e produtos de tempada, no que se refire aos peixes e outros podutos. Desexamos que teñan moito éxito nesta celebración que están a disfrutar.

Xoan Arco da Vella
Poñémonos en contacto co noso colaborador XOAN ARCO DA VELLA, que neste caso ten varias curiosidades interesantes que comentarnos. A primeira está relacionada coa costrución dunha torre cadrada cun reloxo con tres esferas, sito no concello de Arnoia (Ourense). É un agasallo que lle fixeron os emigrantes que estaban en Uruguai, procedentes desta zona. Servía para que os veciños puideran comprobar o horario das regas e emrpego das augas. Tame´n nos comenta as fotos que publicou relacionadas co Peto das ánimas nunha poboación cercana, en Crecente concretamente lo lugar de Agundes. Quedamos en poder manter unha conversa moito máis ampla relacionada coas minas de Wolfram que existen en Galicia. Agradecémoslle a súa aportación.

Escoitamos a crónica do noso correspondente nasa Rías Baixas, conctretamente dende Combaroo, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos deleita coa súa aportación cultural e novidosa, despedíndose coa proposta de escoita musical sempre moi axeitada.

 

Deixamos aquí o programa completo.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...