sábado, 24 de abril de 2010

Programa do 24 de abril 2010

Comezamos avanzando o que temos previsto realizar nestas dúas horiñas de radio en galego: Comunicarémonos cun dos escritores galegos afincados en Cataluña, que está a presentar o seu ultimo libro: Náufrago, da editorial Sotelo Blando, tamén tentaremos falar con José Silva, o novo responsable do Bar-Restaurante Rosalía de Castro, non poderemos falar con Xulio Simón, pero teremos comunicación con Toñi, do Hotel-Vivenda Rural O Retorno, en Viana do Bolo, e falaremos coa Panadería Vizcaia-Prieto, tamén de Viana do Bolo para que nos fale dese novo producto-invento que acaban de poñer no mercado e que acuñaron co nome de "pizza vianesa". E todo esto adubiado coa música que nos acaba de chegar á redacción, as novidades musicais feitas en Galicia: Tirán, de Anxo Lorenzo; Kosmogonías, de Berrogüetto e O son da alma, de Xil Ríos...


Primeira comunicación-charla con José Antonio Pet Posse, autor da novela "O Náufrago", editado por Edicións Sotelo Blanco, e que fai a súa presentación deste libro na "Asociación Cultural Galega SAUDADE", hoxe polo serán. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos.


Visítanos no estudio JOSÉ SILVA, o novo responsable do Bar-Restaurante "Rosalía de Castro", na rúa Federico Soler,71. Presentámolo como novo responsable, xa que ven de facerse cargo sustituíndo a Manuel, que era o que foi o anterior responsable. Unha novidade atraínte para os posibles clientes é que con cada consumición soe acompañar a bebida cunha pequena degustación dun producto que ten na súa barra, empanada, peementos, olivas, patatas... Outra curiosidade é a oferta especial de "Chuletón á Pedra". Segue a ofrecer, igual que se viña facendo toda clase de productos galegos, todos de grande calidade e denominación de orixe. Adianta que dentor dunha semana xa se poderá disfrutar do visionado dos partidos de futbol e outros acontecementos deportivos que sexan retransmitidos pola televisión. Ofrécelle a tódolos oíntes que se pasen polo establecemento que serán agasallados cun "chupito" dos que elixan, entre moitas clases de augardentes que se sirven.


De seguido falamos con TOÑI, a responsable do Hotel-Vivenda Rural "O Retorno", de Viana do Bolo. "A Casa das Gallosas" que foi completamente restaurada polo seu marido "Carracedo" e que ofrece 11 cuartos-habitacións decorados con engado e agarimo para poder pasar unhas vacacións e descanso gorentoso. A verdade é que a estancia nas súas dependencias son un verdadeiro pracer para os sentidos, non só pola quietude e descanso que ofrecen senón tamén polas vistas, cara ó encoro de Viana que se poden contemplar. Non ten restaurante, pero o comedor-bufet para o desaiuno é un recanto feiticeiro, acolledor e familiar.


Damos lectura dunha pequena reportaxe dedicada ás baleas, e aos mariñeiros galegos que se dedicaron a este traballo ata o ano 1985. O investigador Felipe Valdés, danos cumprida información no seu traballo-libro "Los balleneros en Galicia (siglos XII al XX), e analiza de xeito sistemático a actividade baleeira do país e revela este pasado tan descoñecido para moitos galegos.


A seguinte conversa é con Sarita Vizcaia, unha das responsables do Forno Vizcaia-Prieto de Viana do Bolo, que nos da a coñecer unha das novidades culinarias postas en marcha fai moi poucos días, e que leva o nome de "Pizza Vianesa", e que está a ter un éxito extraordinario na contorna. A verdade é que a receita non demasiado secreta, xa que os ingredientes deste prato tan solicitado tan só ten de diferente os condimentos propios da zona, como son os chourizos e a androia típica de Viana.


Rematamos o programa de hoxe cunha serie de informacións varias e desexamos que volvan a conectar con nosoutros a segunda fin de semana de maio -día 8 de maio vindeiro-, xa que a vindeira semana, día 1 de maio -festa do traballadores- non sairemos en antena. ¡Que o pasen ben e disfruten!

luns, 19 de abril de 2010

Programa do 17 de abril do 2010

Outra fin de semana máis coa nosa emisión de radio en galego. Comezamos coa compaña de Antonio Díaz que nos ven a notificar a realización dalgunha das "Festas Galegas" que xa comezan a celebrarse no noso entorno: A da Cova da Serpe para os días 23,24 e 25, onde participará o Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro, e a de Santa Coloma de Grammanet, os días 30 de abril, 1 e 2 de maio. Como particularidade amósanos, na revista que nos trae, unha serie de menús con precios moi axeitados para que todos poidan degustar os manxares galegos.

A primeira comunicación con Galicia é para entrevistarmos, máis ben falar e felicitar ao noso amigo ANTONIO DACUÑA, o productor de "Queixos do Xurés" que ben de ser distinguido como "EXPERIENCIA EXEMPLAR no 2010, polo seu proxecto de producción ecolóxica, pola Fundación Rodríguez de la Fuente. Aproveitando esta ocasión volvemos a recibir, da súa parte, o agasallo de varios LOTES de Queixos do Xurés para podermos sortealos no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!


A seguinte comunicación é con Daniel Arza González, de CAURELOR, productos artesanais do Courel. Ofrécenos unha visión do seu traballo artesanal e dos seus productos, relacionados fundamentalmente coas castañas, e que podemos ver na súa páxina web: www.castanasdocaourel.com.
Prométenos visitarnos e participar na nosa Festa Galega de Can Mercader para o vindeiro nao 2011, namentres, para irmos facéndonos "boca" envíanos dous LOTES dos seus productos para que os sumemos aos premios do noso Sorteo da Radio. ¡Moitas Grazas!,

Despois de escoitar unha peza de música poñémonos en contacto con NIEVES, unha das responsables do MIRADOR DA RIBEIRA, Casa Rural de Viana do Bolo, quen nos pon ao corrente das bondades que se poden disfrutar achegándose á súa Casa. A Semana Santa pasada tiveron unha ocupación completa. Actualmente están a ter unha boa demanda e ofrécenos a posibilidade de podermos achegarnos á súa estancia por módicos prezos. Tamén nos agasalla cunha fin de semana para dúas persoas na súa Vivenda Rural, ao igoal ca o ano pasado, para que poidamos sortealos no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!,


Outra comunicación telefónica, esta vez co Presidente da Mancomunidade AROUSA NORTE.es, don ISAAC MACEIRAS, quen nos atende amablemente e informa aos nosos oíntes das bondades que ofrecen ese BONOS GASTRONÓMICOS e BONOS RURAIS, que veñen de poñer en marcha non hai moito tempo. Fainos un pequeno percorrido pola zona a Arousa e tamén nos agasalla con dous Bonos que poderemos sortear no noso Concurso da Radio. ¡Moitas Grazas!.


Non facemos máis que recibir unha chea de agasallos e aportacións. A Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro, cumple 30 anos de existencia e queremos agasallar a tódolos nosos socios, simpatizantes, colaboradores e participantes nas nosas actividades con todos estes presentes que nos veñen ofrecendo desinteresadamente eses promotores. Vaia por diante, primeiro, o noso recoñecemento e gratitude inmensa pola súa aportación. Sentímonos moi ledos e recoñecidos cando comprobamos que temos moitos amigos que nos axudan a levar adiante esta inquedanza: A emisión do programa en galego Sempre en Galicia. Non nos cansaremos de repetirlle-lo: Graciñas, en nome de todos os que formamos este equipo. Esto anímanos a seguirmos nesta teima e prometémolles continuar.

A continuacion damos lectura a unhas poucas notificacións e informacións que nos chegan á nosa redacción, acompañadas dalgunhas pezas de música galega actual, que veñen de ser publicadas recentemente: Tirán, de Anxo Lorenzo; Kosmogonías de Berrogüetto... ...,


Novamente conectamos con Galicia e recibimos a sempre agradable conversa con Paco Ribas, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita coa declamación e lectura dalgunha das súas creaións poéticas.


E por último, gracias ao noso colaborador Xulio Simón, conectamos con Fran Rey, responsable da plataforma "Queremos Galego" que nos informa do "Concertazo contra o Decretazo" que se está a celebrar no Recinto Ferial de Pontevedra. Unha ocasión única para poder disfrutar escoitando a máis de 15 grupos de música galega, entre os que se atopan: Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, Ruxe Ruxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns y, por último, Lamatumbá... ...,


E así fomos facendo este programa. A vindeira semana máis, cando menos, igoal.

sábado, 10 de abril de 2010

Programa do 1o de abril do 2010




Comezamos dándolles a ben-vida e adiantándolles o que temos previsto facer nestas dúas horiñas de Radio en galego: Informacións varias que nos chegan de Galicia; conversa cun dos responsables do Museo Etnográfico de Quiroga (Lugo); charla con Manoel Carrete, para que nos informe das actividades previstas pola Irmandade Galega de Rubí; comunicación telefónica con Lugo, para falar con Xulio Simón; tentaremos falar tamén con Carmen, a responsable da Casa Rural "Xanela da Lúa"; entrevista ao noso amigo e colaborador Xosé Lamela e agardamos a visita dalgúns dos compoñentes do Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro. Poremos música "novísima" que nos acaba de chegar á redacción, de Berrogüetto (Kosmogonías) e un video-clip de Xil Ríos, que nos mandaron dende Pai Música... e tornaremos a escoitar o disco de Anxo Lorenzo: TIRÁN.


A primeira comunicación-conversa é co Sr.AGAPITO, un dos responsables, como dixemos denantes, do Museo Etnográfico de QUIROGA, que nos fai un breve percorrido polas dependencias do Museo e achéganos as moitas cousas que alí se poden ademirar, entre as que destacamos as diferentes rodas de carros que donaron moitos dos habitantes da zona. Tamén nos fala das ferramentas antigas que se empregaban en diferentes oficios, agora esquecidos; da exposición dun auto fabricado enteiramente en Quiroga por a persoa que o donou ao Museo: de madeira e de metal...
Intervén Manoel Carrete, que nos pon ao corrente de moitas cousas que fan que ese Museo sexa unha parte "viva" do Concello, xa que alí non só se amosan os instrumentos e ferramentas antigas, senón que tamén se fan servir para realizar algunhas das actividades, como aconteceu na celebración da Festa do Viño de Quiroga, que se puxo en marcha un dos teares restaurados no Museo...
Informa aos oíntes das próximas celebracións e actos que se realizarán na Irmandade Galega de Rubí, e convídanos a participarmos.

A continuación recibimos no estudio a: Lucía, Abel, Uxía, Miriam, Victor, David e Pepe, compoñentes do Grupo da A.C.G.Rosalía de Castro, e a primeira peza que nos interpretan é: Muiñeira de Piornedo.


Seguimos a falar con eles e con CARMEN, responsable e Directora da Casa Rural: XANELA DA LÚA, unha fermosísima casa que convida a visitar, situada en LIRA (Carnota) e que aproveitando que estamos a cumplir 25 anos de existencia na nosa emisión de RADIO en galego, envíanos un agasallo:
Unha Fin de semana na súa casa. Convertirémolo nun sorteo que se fará un dos tres días da Festa de CAN MERCADER (4,5 e 6 de xuño). Todos aqueles que envíen un correo ao noso BLOG, ou que chamen á nosa Radio para interesarse polo asunto recibirán un número, que será o que lles servirá para participaren no SORTEO-CONCURSO. Así que xa o sabedes: a chamar e a enviar correos para dispoñer de números suficientes para que poidades beneficiarvos dese agasallo tan extraordinario.


Unha nova peza de música interpretada polos nosos visitantes. Seguimos a falar un chisco con eles e conectamos con Galicia para falar con Xulio Simón, que nos fai unha síntese das súas noticias e comunicacións.

Despois conectamos con Xosé Lamela, para interesarnos pola Solicitude que lle enviaron ao Sr.Conselleiro da Xunta para acadar que o Camiño de San Rosendo sexa unha parte máis do Camiño da Prata Xacobeo. Farase unha andaina, o día 16 de abril, dende a Portela do Homen, na que teñen previsto participar moitas persoas dos 11 Concellos que enviaron esa solicitude á Xunta de Galicia.

Rematamos o programa tentando falar con Lucía (a nosa presentadora de radio máis cativa de todas -con 4 aniños- que nos axuda a despedir o programa de hoxe dedicándolle a ultima peza ás súas avós: Carmen.


Desexamos voltar a tervos de oíntes a vindeira semana outra vez.
Graciñas por estardes ahí e ate a vindeira semana.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...