sábado, 20 de marzo de 2010

20 de marzo do 2010

Comezamos o programa coa intención de pasar dúas horiñas de radio en galego. A nosa sintonía é a de Cristina Pato, pero deseguida poñemos algunha das pezas correspondentes ao ultimo traballo de Anxo Lorenzo TIRAN, que nos chegou hai dúas semanas dende Galicia.
A nosa primeira entrevista-charla é con VITUCO,
responsable do programa PLANETA FURANCHO da RTVGalega, que nos pon ao corrente das moitas cousa que está a facer, cada noite ás 23h. para que disfrutemos das creacións musicais que se porducen en Galicia. Fálonos dos moitos grupos que están a emerxer e que debemos coñecer e prométenos facer, algún día, unha conexión en directo para que participemos con eles na súa emisión. Todo un honor para a nosa humilde radio.

De seguido conectamos novamente con Galicia, e neste caso con SANTI VELOSO,
que nos pon ao corrente do traballo que están a facer con motivo do 15 cumpleanos de "Ponte ... nas Ondas", e que farán un Congreso Internacional os días 23 a 25 de abril en Vigo, concretamente no Verbum-Casa das Palabras que leva por título Pontes de Cultura, Pontes de Futuro.

Un vocadiño máis de música, máis novidades chegadas á nosa redacción, publicidade e novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión con Xulio Simón,
o noso corresponsal dende Combarro que nos pon ao día dalgunhas noticias interesantes en Galicia. Fálanos do asunto do proxecto do decreto para o plurilingüismo da Xunta de Galicia, e coméntanos un artigo de Manolo Rivas, publicado o venres pasado... (ten algo de miga o asunto). Tamén comenta outras cousa interesantes, como o roteiro de Veregara Vilariño...

Agora unha sorpresa para UXÍA,
que por mediación de MIRIAM tentamos facerlle a esta moza pertencente ao Grupo da A.C.G Rosalía de Castro: Aproveitamos para felicitala polo seu cumpleanos. Que siga a cumplir moitos máis e que disfrute dun día fermoso. Ese era o noso desexo e intención; interese puxémoslle, se acadamos o obxectivo, mellor. Noutra ocasión farémolo con máis tempo e mellorámolo, se podemos.
Ata a vindeira semana (se facemos programa, claro...) ¡Que sexan felices!

luns, 15 de marzo de 2010

programa do 13 de marzo do 2010

Aquí tedes o programa enteiriño do 13 de marzo do 2010



Pero para que poidades escoitar tan só o que vos interese, aquí vos coloco o programa por partes:
Primeiro a Introducción e Informacións varias que chegan á nosa Redacción




A segunda parte é a entrevista que mantivemos con don ANTONIO DÍAZ, membro da nova Xunta Directiva de Rosalía de Castro, que nos fala da "Conferencia que están a impartir na Asociación.



Tamén colocamos, embaixo, a charla mantida con CÁNDIDO AMEIXEIRA, de Edicións do CUMIO, que nos falou dun libro interesante que acaba de chegar á nosa redacción, en primicia, "BAILA BEN", que veñen de presentalo en Santiago de Compostela, e dalgunha que outra cousiña máis.



A seguinte é a entrevista con XOSÉ LUÍS SANTISO (Chousa da Alcandra, de Antas de Ulla) que nos pon ao corrente da "Festa do Queixo en Arzúa" e outras cousas interesantes.



Xa no final do programa falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita a tódolos oíntes coa súa intervención e agasállanos coas súas creacións poéticas, que declama acompañado dunha axeitada musiquiña que nos prepara o noso técnico Sergi. Graciñas por estardes ahí e ata a vindeira semana.

martes, 9 de marzo de 2010

Programa do 6 de marzo

Dámoslle a ben-vida a tódolos socios e simpatizantes que nos escoitan e como Introducción continuamos coa emisión do disco de Anxo Lorenzo, que nos agasallou a casa editora do mesmo "Zouma Record", e prometemos falar con algún responsable da mesma, aínda que non aseguramos que poida ser nesta emisión. Tamén facemos referencia a un DVD que nos envía Edicións do CUMIO, titulado BAILABEN, pero que non podemos ofrecer ningunha das interpretacións musicais do mesmo.

A nosa primeira comunicación é con Manolo Barcia, membro de ASOBECAT, orgullo del Bierzo.es, para que nos fale da experiencia dese evento tan interesante que nos veu a presentar fai unhas semanas. As súas impresións son moi positivas e seica todos quedaron moi satisfeitos e convencidos de que a experiencia do VII Festival del Botillo en Cataluña 2010 y concesión del título honorífico de "Berciano ilustre en Cataluña 2010, in memoriam a Don RAMÓN CARNICER", foi un éxito total, en tódolos sentidos. Xa teñen reservado o mesmo hotel e a data do 12 de febreiro do 2011 para celebrar o VIII Festival do Botillo do ano que ven.

Falamos con Juan Carlos, de AULAGA FOLK, un grupo de música tradicional de Extremadura que nos fala dos seus proxectos e da súa formación musical que leva traballando na recolleita de música tradicional no Valle del Ambroz, pertiño do Valle del Jerte e que nos fai sentir moi perto deles pola dedicación. Escoitamos unha peza do seu ultimo disco, extraído do que teñen colgado na Internet, para que poidan disfrutar coa súa música.

Conectamos con Galicia e Xulio Simón fainos un pormenorizado percorrido polas novidades e inquedanzas culturais que están a suceder na nosa Terra.
Despedímosnos de todos escoitando unha peza da nosa música tradicional desexándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, que voltaremos con máis novidades e máis cousas entretidas para podermos disfrutar xuntos, destas dúas horiñas de radio en galego.
Lembren enviarnos os seus comentarios neste noso blog, para que poidamos entregarlle os números correspondentes para o Sorteo dos Reloxos que faremos en vindeiras datas... !!! ¡¡¡

Programa do 27 de febreiro do 2010

Tócalle a SERXIO SEOANE levar adiante o programa de hoxe e comeza unha primicia musical: TIRAN, o novo disco de Anxo Lorenzo. Algunhas noticias e outra primicia: Os mundos Celtas, novo disco de CRISTINA PATO, e unha versión de "A Lavandeira", con Eva Carreras. Fai un avance do que serán esas dúas horiñas de radio en galego, avanza que falará con algún rsponsable da Asociación Cultural Galega ROSALIA de CASTRO, para que nos adiante o que vai a ser a nova proposta de Xunta Directiva que se votará o vindeiro sábado na Asociación...

Manten unha pequena conversa-entrevista con Anxo Lorenzo e falan da presentación do seu novo disco, en solitario, que acaba de presentar en Asturias, que ten pensado asistir a Lalín para a festa do Queixo, que seguro virá por Barcelona para presentara o seu disco... ...

A seguinte intervención é a de Ana Belén Martínez Avelleira, que se postula como nova Presidenta para a A.C.G.Rosalía de Castro. A entrevista decorre con animación e aproveita a ocasión para convidar a tódolos socios de Rosalía a que participen o vindeiro 6 de marzo, nas votacións para a nova Xunta Directiva da mesma. Ofrece a súa disposición de traballo e dedicación para que a Entidade siga adiante cos seus obxectivos e desexa que todos se sintan partícipes das inquedanzas e anceios dos galegos da Asociación.

Sauda a Julio, asíduo oínte e socio de Rosalía, que solicita unha peza de música dos "Satélites" para dedicárllela a tódolos socios e moi en particular para Ricardo. Conecta con Ricardo Pérez, actual Presidente de Rosalía, que tamén aproveita a ocasión para agradecer o labor que se está a facer na radio, e convoca a tódolos socios para que participen e asistan o vindeiro sábado 6 de marzo á Entidade para votar as posibles candidaturas á Xunta da Entidade.

Despide o programa coa peza de música "Non somos malos" de Juan Pardo.

Nota importante: As intervencións e demais cortes do programa (audio) non se puideron colgar aínda, xa que as grabacións realizadas teñen unha serie de defectos (interferencias) que aínda non puiden melloralas. Tan pronto como poida realizaremos ese cometido.

Como lles tiña prometido, fixen unha grabación completa do programa e aquí o teñen. Desculpen as interferencias que ten. Non puiden corrixilas, nin limpalas.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...