domingo, 30 de novembro de 2014

SÁBADO 29 de Novembro do 2014

O programa de hoxe estivo cheo de sorpresas moi agradables e os estudios cheos de persoas e amigos. Comezamos dándolles a ben-vida o equipo de sempre: Laura Santos, Armando Fernández e u servidor. Visítannos ELI RÍOS e ANA VÁZQUEZ, membros do Xurado do "28 Certame de Poesía Rosalía de Castro". Conversamos moi distendidamente... Escoitamos unha peza de música do CD recén publicado de Gaudi Galego, recibimos a Xosé Lamela...Un pequeno erro de comunicación e continuamos. 

  Falamos con ELI do seu libro: ANAMNESE e facemos un percorrido pola súa traxectoria. Aproveitamos para chamar a MANUEL LÓPEZ RODRÍGUES, que se atopa en NOIA, preparando o "II Encontro de POETAS" e recibimos información completa do evento e propoñemos escoitar unha peza musical con motivo do recoñecemento como Patrimonio Inmaterial, por parte da UNESCO, ao cante Alentejano. 

 Tamén recibimos nos estudios a MARÍA SIMÓN, unha "fan" incondicional de SES, e aproveita para contestar as preguntas que tiñamos no concurso das entradas dobres para o Concerto de "O Val das Mouras" e SES, na Sala2 Salamandra de Hospitalet. 

 Despedímonos cos desexos de que poidan sintonizarnos no próximo programa, despois dos festivos da Purísima. 

 Na segunda hora conectan con XOSÉ RAMÓN, da "Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei". Conversa-Entrevista informativa do que está a suceder no Val de Monterrei, das firmas solidarias que están acadando e da reivindicación social e popular para que non se convirta o Castelo en Hotel ou Parador... 

 A conexión final é con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos agasalla coa súa conversa e declamación poética.

 A vindeira semana non teremos programa, pero agardámosvos o día 13 de decembro.

sábado, 22 de novembro de 2014

22 de Novembro do 2014

Hoxe tivemos que disculpar á nosa colaboradora LAURA SANTOS, por mor dunha indisposición sanitaria (tiña gripe e ademáis estaba algo afónica). Levamos adiante a emisión este equipo: Marc Fort -nos controis técnicos-, Armando Fernández, Xosé Lamela e un servidor. Unha visita moi gratificante, a do noso correspondente na Baixa Limia, que nos acompaña nos estudios. Precisamente el mesmo nos presenta ao seu convidado desta semana que xa nos ten preparado para a intervención da primera hora de emisión: MONCHO CONDE CORBAL, un gran profesional do periodismo a quen lle agradecemos a súa amable participación e xa o consideramos un máis dentro da nosa lista de personaxes eminentes aos que acudiremos en vindeiras ocasións para que nos sigan a ensinar e ilustrar.

Na segunda hora chamamos ao noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, Xulio Simón, que como cada semana sempre nos ten preparado un feixe de importantes comunicacións literarias e culturais inter-relacionadas con Galicia, Cataluña e Portugal. 

A seguinte intervención é a do noso Poeta da Mariña Lucense PACO RIVAS, con quen mantemos unha conversa distendida, dándolle un "repaso" a algunhas noticias de actualidade. Despedímonos escoitando unha declamación da súa autoría e primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores.

A vindeira semana desexamos que voltedes a sintonizarnos. ¡Agardámosvos!

15 de NOVEMBRO do 2014

Na emisión de hoxe non puiden estar presente nos estudios, pero LAURA SANTOS e mais ARMANDO FERNÁNDEZ, levaron adiante este cometido coas seguintes intervencións:
En primeiro lugar tiveron a presencia nos estudios do cantautor ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, que viña a ofrecer o convite a tódolos oíntes da presentación e oferta do seu ultimo traballo: VERITAS MI. Presentarase no Castell de Cornellà o vindeiro venres 21 de novembro.

Despois póñense en contacto con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia), co que manteñen unha conversa moi ilustrativa e amena.

Intervén LAURA dando información e falando da estrea da película A ESMORGA, baseada na novela  do esgrevio autor galego Eduardo Blanco Amor, e que se presenta en Ourense con motivo do Festival de Cine.

Na segunda hora conectan novamente con Galicia para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, e aproveitan a ocasión para chamarme a min. Mantemos unha pequena conversa sobre o tema que estaba a relatar o noso amigo.

Despois falan con IVAN SANJURJO, representante da nosa amiga SES, que virá a facer un Concerto na Sala Salamandra de Hospitalet de Llobregat o vindeiro día 29 de novembro.

A ultima intervención-comunicación é con don JUAN PRIETO, Presidente da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que fai un repaso e valoración das ultimas actividades realizadas. Aproveita a ocasión para convidar a tódolos seguidores e oíntes ao MAGOSTO (con castañas asadas e bolos preñados, acompañados de viño galego) que están a realizar precisamente no día de hoxe, na Entidade, rúa París, 45 de Badalona.

Despídense cos desexos de sempre: 
Que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

sábado, 8 de novembro de 2014

SÁBADO 08 de NOVEMBRO do 2014

Comezamos o programa propoñéndolles escoitar a ultima publicación do grupo FIANDOLA, que veñen de presentar o seu disco "VOLTA E MEDIA", para conectarnos despois co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé LAMELA, que nos presenta ao seu contertulio de hoxe FRANCISCO XOSÉ FUMEGA PIÑEIRO, e cos que mantemos una conversa moi entretida e chea de coñecementos. Agradecémoslles a súa colaboración e despedímolos desexando voltar a falarnos.

A segunda comunicación é con ARMANDO FERNÁNDEZ, o noso colaborador que nos fai de correspondente dende o Centro Comercial MONTIGALÁ, de Badalona, no que se atopa para asistir ao "Iº Festival Solidario" organizado pola Asociación Cultural AGARIMOS, desa localidade.

Conectamos agora con XULIO SIMÓN, que sempre ten preparadas unha serie de informacións moi ben escollidas para comentalas con tódolos nosos oíntes e seguidores: Varias Pontevedras espalladas polo mundo; Eli Ríos, recente gañadora do Premio de Poesía Lueiro Rey, e outros comentarios interesantes...

A seguinte intervención é con DAVID, de "O VAL DAS MOURAS", que nos fala da intervención e participación no CONCERTO DE SES, na Sala Salamandra de Hospitalet de Llobregat o 29 deste mes de novembro. Dámoslle unha sorpresa e comunicámonos tamén con IVAN SANJURJO, representante da nosa amiga cantautora SES. O agasallo que nos fan é a posibilidade que ofrecen a  tódolos nosos oíntes e seguidores de obter algunha das 4 entradas dobres que sortearemos entre todos aqueles que nos chamen ou nos manden os seus correos, aos programas "Galegos no BAIX" ou "Sempre en Galicia", contestando ás dúas preguntas propostas por Iván:
1ª.- ¿Cal era o Grupo no que comezóu a subirse aos escenarios a nosa artista SES?
2ª.- ¿En qué barrio de A Coruña se desenvolve o decorrer da nosa cantautora SES?
Na ultima semana deste mes sortearemos estas entradas entre todos aqueles que participen.

Non puidemos contar coa presencia dos nosos asiduos colaboradores LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ, por mor de certas obrigas persoais, pero coidamos que a oferta de hoxe foi digna e seguro que espertou o interese dos nosos oíntes e seguidores. A vindeira semana máis.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...