domingo, 29 de xuño de 2014

ULTIMO PROGRAMA DESTA TEMPADA 2013-14

28 de XUÑO do 2014

Nesta ocasión tivemos que comezar cunha serie de condicionantes debido a unha "avaría" nos estudios... Pero coido que poderedes escoitar esta nosa emisión cunha mínima calidade. Dámoslle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e oíntes.

A primeira comunicación-entrevista é con INMA GRASS, responsable do selo "Folmusica" e a nosa "correspondente" das novidades musicais galegas. Fálanos do exitazo de KEPA JUNQUERA en Madrid e das próximas edicións musicáis que teñen previsto publicar.

Unha pequena intervención para escoitar algunha peza galega da nosa biblioteca musical, denantes do impás da publicidad e deseguida voltamos para a segunda parte do programa. 

Na segunda hora poñémonos en contacto con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado desta ocasión: don MARCIAL MOUZO, responsable do programa PENSANDO EN TI, da Radio Galega. Tamén temos en antena ao noso poeta da Mariña Lucense PACO RIVAS, e con eles mantemos unha conversa chea de desenfado e con informacións moi interesantes, relacionadas co programa do noso convidado. Agradecementos para Xosé por axudarnos a realizar esta comunicación tan engaiolante.

Desexámoslle a tódolos nosos oíntes e seguidores que pasen unhas FELICES FERIAS DE VERÁN, e non deixen de escoitarnos na vindeira tempada, que comezaremos a finais do mes de setembro.

luns, 2 de xuño de 2014

Programa do sábado 31 de MAIO do 2014

Levan adiante este programa LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ, excusando a miña presencia por mor da impartición dunha Conferencia no Centro Galego de Lleida, sobre as Letras Galegas-2014. Comezóu o programa escoitando algo de música galega e conectando con Galicia para falar con don RAMÓN BLANCO, que presentará un libro de NICALASA AÑÓN PAZ (Outes 1810-1887), autora analfabeta do século XIX, irmá do coñecido poeta outense Francisco Añón (1812-1878). Tamén interveño eu dende Lleida para agradecerlle a Ramón a súa colaboración e participación no noso programa.

Deseguida volven a conectar con Lleida para falar con don JOSÉ TERCEIRO FOLGAR, Presidente do Centro Galego de Lleida quen aproveita para informar das diferentes actividades que veñen realizando, a Conferencia das Letras Galegas, visita do Presidente da Xunta de Galicia... ...etcétera.

Falan con SANTI VELOSO, responsable do Programa PONTE NAS ONDAS, que veñen de celebrar o 20 aniversario da emisión cesta emisión de radio mas escollas de Galicia e Portugal. Tamén aproveita para informar das moitas intervencións e otras actividades que realizan con motivo deste evento tan relevante. Felicitámolo e prometémonos voltar a falar con el para que nos teña informados.

Na segunda hora falan con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas que está a asistir á presentación dun interesante libro. Adiántanos que posiblemente faremos unha entrevista coa autora do libro.

Antes de rematar falamos con noso correspondente na BAIXA LIMIA, don XOSÉ LAMELA, que mantén unha pequena conversa sobre varios aspectos interesantes desa comarca ourensana e fai unha semblanza do Couto Mixto.

A vindeira semana máis... Agardamos que sigan sintonizándonos e disfrutando coa nosa proposta radiofónica. ¡Que pasen unha feliz semana!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...