sábado, 30 de maio de 2020

SÁBADO 30 de MAIO do 2020

Outro programa de "Semprengalicia-Confinados". Comezamos dándolles a ben-vida e desexando que todos sigan con ben. Escoitamos unha peza de música e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao seu convidado don XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Presidente do Foro E. Peinador e moitos máis cargos importantes en Galicia. Mantemos unha conversa-entrevista con informacións relacionadas co emprego da nosa lingua e moitas outras cousas.



Despois conectamos con Rubí, para falar coa Presidenta da
"Irmandade Galega de RUBÍ", Silvia Castañeda, que nos recibe moi amablemente e comentamos con ela a situación actual da Entidade, cómo lle afectou esta situación provocada pola pandemia, cómo celebraron o seu 39 Aniversario aproveitando a novas tecnoloxías e as Redes Sociais. Un verdadeiro exitazo o que conseguiron con esta celebración telemática. Podedes disfrutar dela na súa páxina web e no seu Facebook. ¡Moitos parabens! e a seguir nesa teima.



A seguinte conexión é unha grande novidade e primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. Conectamos con dona CRISTINA CORRAL SOILÁN, Profesora, Periodista, Licenciada en Hispánicas e en Filoloxía Inglesa, escritora e poeta, pero queremos comentar con ela un evento importantísimo, que tivo moita resonancia nos medios sociais e de comunicación en Galicia: "Kit para alimentar el ALMA". Felicitámola e mantemos con ela unha conversa moi agradable. Aquí podedes ver algunhas fotos dese traballo que desenvolveron en favor dos sanitarios dos Hospitais, con motivo da súa exquisita atención aos enfermos. 

Agradecémoslle a súa participación de hoxe no noso programa e prometémonos voltar a conectar con ela para falar doutras inquedanzas comúns. ¡Moitísimas grazas, Cristina! 
Despedímola cun bocadiño de música e convidámolos a que nos volvan a sintonizar o vindeiro sábado á mesma hora, que prometemos voltar con máis novidades e comunicacións interesantes. Que teñan unha feliz semana!!!



domingo, 3 de maio de 2020

Sábado 2 de MAIO do 2020

PROGRAMA ESPECIAL

1ª fila: De esquerda a dereita: Gisela, un servidor, Xosé Lamela, Cristina.
2ª fila: Uxía, Manuel R. Julián, Óliver, Abel.
3ª fila: Armando e Divina.

Propoñemos a realización deste pequeno programiña, con pouca dimensión, para aportar os nosos mellores desexos de benestar a tódolos nosos oíntes e seguidores. Convocamos unha Video-Conferencia coas persoas que podedes contemplar nesa foto que adxuntamos, a saber: O noso  compañeiro de locución Armando Fernández, o noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela, o noso Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro Óliver Fernández, a nosa coordinadora da Compañía de Teatro "Anduriña" Gisela Rodríguez, o primeiro Director deste programa Manuel Rodríguez Julián, a Médica Cristina Roldán, a tamén Médica Uxía López, o becario Periodista Abel Vázquez e a Gaiteira e grande actriz Divina Vázquez. Todos eles socios da nosa Entidade. En vindeiras emisións tentaremos ofrecerlles outro tipo de contidos. Cos audios que puidemos rescatar, montamos esta gravación (grazas ao noso Técnico Marc Fort) que humildemente vos ofrecemos, para acompañarvos nestes días de "reclusión obrigada". Agardamos as vosas críticas e comentarios para podermos mellorar. Nesta primeira parte mantemos intervencións de cada un dos participantes e acabamos propoñéndolles escoitar unha peza interpretada por María Bethânia que é un canto á Vida: A vida é bonita.



Non puidemos rescatar a segunda parte da Video-Conferencia debido á mala audición do audio, polo tanto despedímonos desexando que todos sigan disfrutando de boa saúde e ofrecéndolles outra peza musical interpretada por María Bethânia: Sonho meu.



Cóidense moito, que pronto voltaremos a esa nova normalidade que tanto desexamos, e con ben para todos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...