xoves, 29 de decembro de 2016

29 de decembro do 2016

¡¡¡ FELIZ DESPEDIDA DE ANO E VENTUREIRO ANINOVO 2017 !!!

Que disfrutedes dunha fermosa despedida de ano vello 2016, e unha venturosa entrada de aninovo 2017, cheo de engado, benestar e brindando a carón dos vosos. 

domingo, 18 de decembro de 2016

17 de DECEMBRO do 2016

Ultimo programa do 2016. Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles a escoita dunha peza musical para comunicarnos directamente con ARMANDO Fernández, que se atopa á entrada de Cal Ninyo, para asistir ao Concerto-Homenaxe a Damiá, o noso malogrado técnico de Radio Sant Boi.



Despois falamos con XOSÉ Lamela, o noso correspondente, amigo e grande colaborador, que a pesar do seu malestar, aínda atopa folgos para dedeicarlle unhas verbas aos nosos oíntes e desexarlles unhas Felices Festas, nestas datas tan sinaladas.



A seguinte conversa é con AMELIA López, a nosa Directora da compañía de Teatro "Anduriña", que acaba de presentar, xunto con outros autores, unha mostra colectiva de cadros no Castelo de Cornellà, á que nos convida e tamén aproveita para desexarnos unhas Felicies Festas.



Falamos agora con MIRIAM FERRADÁNS, a poeta de BON (Bueu), que nos atende moi amablemente e que ven de acadar o 2º Premio do "XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" así como tamén o Leiras Pulpeiro de Mondoñedo. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos. Ela agasállanos coa declamación dunha das súas creacións poéticas.



Despois da despedida de LAURA Santos, conectamos con Galicia, como cada semana na segunda hora, para falar co noso correspondente XULIO SIMÓN, que ten preparada a súa intervención escollida con moito acerto, coma sempre. Despedimonos ate o ano que ven.

Finalmente conectamos coa Mariña Lucense, concretamente co noso poeta PACO RIVAS, que sempre ten unha amena intervención e tamén nos despide desexándonos o mellor para todos, o mesmo que aproveitamos nós, para desexárllelo a todos vostedes, e que o vindeiro ano volvamos a sentirnos arroupados coa súa atención e sintonización.

¡FELICES FESTAS E VENTUREIRO ANINOVO 2017!

sábado, 10 de decembro de 2016

10 de DECEMBRO do 2016

Un sábado máis con todos vosoutros, para darvos a coñecer algunhas novidades e informacións relacionadas coa nosa cultura galega. Comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles a escoita dunha peza musical. Disculpamos a ausencia do noso compañeiro Xosé Lamela, por certas obrigas persoais. Armando Fernández danos unha valoración persoal da "2ª GALA-XANTAR de GALICIAME" en Cambados (Pontevedra). 

A segunda comunicación-conversa é con XABIER F. ROUCO, Primeiro premio do "30 Certame de Poesía Rosalía de Castro 2016". A súa participación titulada "A Escrita da Luz". Antollo dos deuses ociosos. Unha composición poética que será publicada na nosa revista "Lúa Nova" e tamén no libro recopilatorio dos tres primeiros poemas dos ultimos dez anos de Certames. Termina a nosa conversa escoitando o recitado dun chisco da súa poesía.

A ultima participación é con MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, á que felicitamos pola súa labor tan importante e de grande valor. Agradecémoslle a súa atención e aproveitamos a peza musical final para despedirnos ate a vindeira semana.

luns, 5 de decembro de 2016

3 de decembro do 2016

O programa desta fin de semana lévao adiante XOSÉ LAMELA, co axuda do noso técnico de sempre KIKO, e ofrécenos a escoita dunha peza musical de Carmen Penin, á que temos que agradecer a súa participación no XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro. A primeira conversa-entrevista é precisamente con ANXO ANGUEIRA, Presidente do mencionado concurso e Presidente da Fundación e do Patronato "Rosalía de Castro de Padrón".

Despois fala CARMEN PENIN, de "2Na Fronteira", da que vimos escoitando as súas cancións, e a conversa sigue relacionada cos Premios de Poesía, antes ditos, e que seguen a ser o motivo principal e temático do programa de hoxe.

Na segunda hora comunicámonos entre Xosé e mais un servidor para comentar as incidencias do Premio de Poesía e outros comentarios alusivos á propia Entidade.

A ultima intervención é con MODESTO FRAGA, un dos Premiados no Premio de Poesía Rosalía de Castro deste ano, a quen felicita e comenta unha serie de cuestións relacionadas tanto coa súa creatividade como a súa participación e colaboración coa A.C.G.Rosalía de Castro, así como de que tamén foi premiado anos atrás. Felicitáo e despide o programa ata o vindeiro sábado.

Non deixen de seguirnos e sintonizarnos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...