sábado, 24 de febreiro de 2018

SÁBADO 24 de Febreiro do 2018

Unha nova entrega deste programiña de dúas horas en galego, para todos vostedes. Despois das salutacións de comezo, desculpando a ausencia da nosa voz feminina LAURA SANTOS, comezamos escoitando unha peciña do ultimo CD de XABER DIAZ, "Noró", que nos sirve para darlle a benvida e saudar aos nosos primeiros contertulios de hoxe: XOSÉ LAMELA, correspondente na Baixa Limia e don XOSE YAÑEZ BARROS, portavoz da Comunidade de Montes do Xurés (Riocaldo), que nos acompañan hoxe para falar e reflexionar sobre aspectos que atañen ao Parque Natural "Xurés-Gerés" así como comentar algunhas das propostas das que se veñen traballando nas Comunidades de Montes do Xurés outras 11 Asociacións coas que se reúnen periódicamente para poñer en valor e solicitar melloras na contorna. Noutra ocasión voltaremos a conectar con eles para seguirmos con interese as melloras e inquedanzas acadadas.

Entrevistamos ao Ilmo.Sr.Alcalde de ARBO, en Pontevedra. don HORACIO GIL EXPOSITO, co que tiñamos pendiente unha charla e aproveitamos para felicitalo polo éxito acadado na conferecia-exposición que tivo lugar, hai poucas datas, no Centro Galego de Lleida. Tamén no FITUR, onde se presentou con moito éxito, a "LVIII Festa da Lamprea en Arbo", deste ano, prevista para os días 27, 28 e 29 de abril. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el, para que nos informe máis polo miúdo, do desenrolo e programa desa festa de Interese Turístico Nacional.

Despois falamos co amigo e poeta SUSO DÍAZ, que nos fala da publicación dixital do seu ultimo libro: "Amada Rosalía", de poesía adicado a Rosalía de Castro, e aproveita para lernos precisamente un poema da súa autoría, precisamente pertencente a ese libro recentemente publicado.

Falamos coa nosa correspondente TAMARA ANDRÉS, encargada da sección NO ESTRELAMPAR, pero que nesta ocasión é merecente a nosa chamada para felicitala polo éxito acadado nese Acto Multitudinario, no que tivo un papel protagonista moi interesante, na capital de Pontevedra, adicado a honrar a figura de Rosalía de Castro. ¡Moitas grazas, Tamara, e moitos parabens!

Acabamos, como case sempre, contando coa participación do noso correspondente e poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que despois da súa interesane charla finaliza coa declamación dunha das súas creacións poéticas. 

Non deixedes de sintonizarnos, A vindeira semana prometemos voltar á mesma hora. 

luns, 19 de febreiro de 2018

SÁBADO 17 de FEBREIRO do 2018

Despois das salutacións de benvida, conectamos coa Baixa Limia, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA, nos presente ao contertulio de hoxe, don Xosé Benito Reza, Inxeñeiro Superior de Montes, Experto en Medioambente, foi Director Xeral de Conservación da Natureza na Xunta de Galicia, Director do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e Invernadoiro... ... Manteñen unha conversa moi enriquecedora aproveitando o 25 aniversario da creación do Parque. Tamén é de destacar a súa faceta de escritor (Terra Adentro), e está a piques de publicar un conto para nenos, relacionado co medio ambente. O programa enteiro podedes escoitalo e velo neste enlace: Semprengalicia. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no noso programa de hoxe.


A seguinte conversa-entrevista é coa poeta MONTSE GONZALEZ, que dende Lugo nos fala dese proxecto tan noviño que teñen nunha radio online: "Verso a verso" de Open-Radio, Moi esclarecedora a súa explicación e moi agradecidos pola declamación de "Unha vez tiven un cravo", de Rosalía de Castro.


Despois falamos con XULIO Simón, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre ten preparada unha intervención con interesantes noticias, e moi frescas.


Despedimos o programa despois de escoitar a PACO RIVAS, que fai unha lectura dunha das súas ultimas creacións e propostas.


Que teñades unha feliz semana. O vindeiro sábado voltaremos...

sábado, 10 de febreiro de 2018

SÁBADO 10 de FEBREIRO do 2018

Temos que disculpar a non participación dos nosos correspondentes Xosé Lamela e Xulio Simón, que se atopan algo indispostos (teñen gripe) e non poderán intervir no programa de hoxe. Contamos coa presencia de don JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT. Coma sempre vimos facendo ultimamente, ahí deixamos o "link" para que nos poidan ver e escoitar en directo: SEMPRENGALICIADespois das salutacións de benvida poñémonos en contacto co primeiro contertulio de hoxe, e eliximos ao Ilmo. Sr.Alclade de Viana do Bolo, don Secundino Fernández, que moi amablemente nos atende para falarnos da XLVIII Festa da Androlla e do "Entrudio" que se celebra naquelas contornas.

A segunda intervención é con dona LAURA ESTÉVEZ, de Bodegas y Viñedos ESTÉVEZ, en Valtuille de Abajo, na comarca do Bierzo, aproveitando que participarán no "XV Festival do Botillo en Cataluña" que cada ano ven celebrando a ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña). Nesta ocasión o evento realizarase no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat.

Despois falamos con don José Antonio Otero, responsable da empresa Embutidos Santa Cruz de Montes, que este ano será o personaxe homenaxeado nesta celebración, o día 17 deste mes de febreiro. Esta Empresa é a que ven suministrando, cada ano, os ingredentes para a celebración da Festa.

Na segunda hora conectamos novamente con Galicia para falar coa nosa Amiga, Tradutora, Escritora e Poeta, Tamara Andrés, encargada da sección No Estrelampar, cheo de contido cultural e interesantísimo.

Voltamos novamente ao Bierzo, concretamente a Cacabelos, para falar con FRANCISCO, da Confitería "La Golondrina", que nos atende moi amablemente e comentamos a posible participación e aportación no "XV Festival do Botillo deste ano". Agradecémoslle a súa atención.


Comunicámonos co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que sempre ten a ben agasallarnos con algunha das súas creacións. Nesta ocasión lenos un texto narrativo moi interesante polo seu contido e pola cantidade de palabras tan "enxebres" do noso idioma.

E despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora -de seis a oito do serán-, Non deixedes de sintonizarnos. Voltaremos.

Sábado 3 de febreiro do 2018

Un programiña máis con todos vosoutros. Como ven sendo habitual cada semana, emitimos por facebook: "Semprengalicia" e podedes escoitarnos e vernos en directo. Despois dos saúdos de benvida e presentacións conectan con Galicia, concretamente con Xosé Lamela, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta a don RAFAEL Rodríguez Villarino, cos que manteñen unha entrevista moi interesante.

A segunda intervención-entrevista é con XURXO MINAS DOMÍNGUEZ COUSO, responsable da celebración da "IV MASCARADA Ibérica" que se celebrou en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Un acontecemento que ven a representar un anticipo do que será o "Entrudio" daqueles pobos e vilas do rural galego. Grande traballo e moita dedicación persoal dirixida por Xurxo.¡Parabens!

Intervén agora o noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como cada semana ten preparada unha colleita de interesantes novas e comunicacións moi interesantes.

A ultima participación é a do noso Poeta da Mariña, PACO RIVAS, que sempre nos agasalla cunha das súas creacións poéticas para finalizar o programa.

Até a vindeira semana. ¡Que sexan felicies!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...