domingo, 29 de novembro de 2015

SÁBADO 28 de NOVEMBRO do 2015

Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horiñas, en GALEGO, con música, noticias e entrevistas que coidamos do voso interese.
A primeira é con don ASER ALVAREZ FERNANDEZ, fundador da Asociación ARAIANOS e grande coñecedor da BAIXA LIMIA. Unha entrevista chea de ensino.

Despois de escoitar outra peza de música, poñémonos en contacto con XOSE CARLOS G.G., membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente da celebración das "Xornadas Culturais 2015" desa Entidade, e na que destacan  os PREMIOS Literarios de POESÍA Rosalía de Castro e Narrativa Rosa Reboredo, así como a Conferencia a celebrar o día 12 de decembro e outras novidades moi interesantes.

Propoñemos, á nosa audiencia e seguidores, escoitar unha peza de música mentres agardamos poder comunicarnos con outro directivo doutra Entidade Galega, e aproveitamos para dar información doutras novidades acontecidas na nosa Galicia.

A seguinte conexión é con don FRANCISCO XAVIER, Vicepresidente da A.C.G.SAUDADE, de Barcelona, que nos da cumprida información dalgunhas das actividades que están a realizar, e convídanos a asistir, hoxe mesmo á súa "Festa da Empanada", que están a realizar.

Finalizamos escoitando unhas pezas máis da nosa música e despedíamonos ate o vindeiro día 12 de decembro, xa que o vindeiro sábado non teremos programa, por motivo da ponte festiva.

Que pasen unhas semanas feiticeiras. ¡Agardámos que nons volvan a sintonizar o próximo día 12!

luns, 23 de novembro de 2015

21 de novembro do 2015

Na emisión de hoxe tan só nos atopamos nos estudos da Radio Xosé LAMELA e mais un servidor, Xulio Couxil, acompañados da estimada axuda do noso técnico KIKO, aínda que aproveitamos para saudar a MARC Fort, anterior responsable de que a nosa emisión se fixera con éxito. Disculpamos a ausencia de Laura Santos e Armando Fernández, que teñen sendos compromisos que cumplir, pero a próxima semana seguro que nos acompañarán. Comezamos dándolle a ben-vida a don MANUEL RIVERO PEREZ, que nos presenta ao convidado especial desta primeira hora: Don ISAAC ALONSO ESTRAVIZ, e mantemos unha extensa conversa-entrevista chea de ensino en moitos aspectos culturais, pero esclarecedora e moi abondosa relacionada co noso idioma: O GALEGO. Agradecémoslle a súa participación e aproveitamos para convidalos a participar en vindeiras datas. 

Entretanto agardamos poder conectar con Galicia para facer outra entrevista, aproveitamos a ocasión para comentar entre nosoutros e públicamente uns comentarios "non axeitados", que saíron publicados nas redes sociais e que non concordan coa realidade deste noso programa e coa propia Radio Cornellà. Puntualizamos algunhas cousas importantes relacionadas coas persoas do Val da Baixa Limia e da Virxe do Xurés. Aquí queda constancia delo. Engadir que este programa "Sempre en Galicia" non é noso, que nós tan só somos conductores e meros informadores.

 A segunda comunicación é con don Luis Manuel GARCIA MAÑÁ, grande persoeiro no eido Cultural Galego, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de esclarecedores noticias e acontecementos, entre os que podemos destacar a súa presentación de Candidatura ao Senado, para representar aos galegos. Desexámoslle moitos éxitos e congratulámonos por telo como un "amigo telefónico" de momento, xaquelogo sempre nos recibiu e atendeu nas nosas solicitudes para a nosa humilde emisión radiofónica en galego, en terras catalanas. 

 Despedímonos desexando que a vindeira semana volvan a sintonizarnos.

14 de novembro do 2015

O programa de hoxe lévano adiante XOSÉ LAMELA  e ARMANDO FERNÁNDEZ, xa que Laura Santos e mais Xulio Couxil, teñen certas "obrigas personais" que lles impiden estar presentes nos estudos da Radio para completar o equipo.
Así pois comezan coa conexión con XOSÉ SIMOES, grande empresario galego afincado en Cataluña co que manteñen unha conversa-entrevista moi interesante.

A segunda intervención-conexión é co noso colaborador XULIO SIMÓN, dende as Rías Baixas, que sempre ten preparadas unha chea de "cousas galegas" enriquecedoras. Tamén participa Xulio Couxil, dende o seu desprazamento e retiro, que aproveita para agradecer a chamada e pequena charla.

Comunícanse despois con Andres Domíngez, que informa a toda audiencia da situación que viven na súa familia relacionada coa "rara enfermidade" dun seu fillo que por ser tan rara non a ten recoñecida a Seguridá Social e están a traballar para conseguir unha declaración oficial do asunto.

Para finalizar informan da recente celebración no "Castelo de Cornellà" dun acto cultural moi importante, relacionado coa poesía e coa intervención do amigo Alfredo González Vilela. Con esta intervención finaliza a emisión deste sábado.

A vindeira semana voltaremos con máis contidos e entrevsitas.

domingo, 8 de novembro de 2015

SÁBADO 7 do mes dos SANTOS do 2015

Unha semaniña máis tentando falarvos en galego perante dúas horiñas, con música, noticias e entrevistas con colaboradores que coidamos interesantes para todos vostedes. 
Dámoslle a ben-vida ao noso "compañeiro" Xosé Lamela", que ven a facer a súa invernía a estas terras catalanas e despois das presentacións pertinentes conectamos con Galicia para falarmos con don JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un etnógrafo moi coñecedor das terras de Ourense, Verín e arredores, A Gudiña, a Baixa Limia, A Raia galego-portuguesa... ... etcétera, con quen mantemos unha conversa chea de ensino e moitas cousas interesantes.

A segunda entrevista-conversa é con MERCHI ALVAREZ, de GALICIAME, que nos informa moi polo miúdo da "Iª GALA-XANTAR BENÉFICO GALICIAME", nas Adegas de Martin Codax, prevista para o vindeiro día 5 de decembro. Agradecémoslle a súa amable atención e seguiremos en contacto para nos informe das actividades que teñen previsto realizar.

Na segunda hora conectamos con Galicia, outra vez, para falar con MANUEL RIVERO PEREZ, QCoach, Licenciado en Socioloxía, en Antorpoloxía, en Ciencias Políticas, Doutorado en ... ... etcétera (porque senón non cabe nesta páxina). Un grande amigo, fai de mentor del o noso Xosé Lamela, e mantemos unha conversa chea moi engaiolante e chea de ensino en moitos aspectos socioculturais. Fáisenos cativo o tempo e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, para seguir aprendendo claro.

Antes de rematar informamos á nosa audiencia que pode asistir ao "Magosto 2015" que están a celebrar na A.C.G.AGARIMOS de Badalona, á que nos convidou esoutro día Juan Prieto, o seu Presidente e que seguro terán todos ocasión de probar as castañas de Riós e os bolos preñados.
A vindeira semana voltaremos con máis novidades e con máis entrevistas. ¡Non faltedes!

luns, 2 de novembro de 2015

Sábado 31 de OUTUBRO do 2015

No programa de hoxe temos que disculpar a ausencia do noso colaborador habitual na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que está de viaxe cara estas terras catalanas, comezamos a emisión propoñéndolles escoitar unha peza de música galega, namentras nos comunicamos co Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, don JUAN PRIETO, que nos informa das actividades realizadas nesa Entidade e da próxima celebración do MAGOSTO-2015.

Despois LAURA SANTOS, fainos de correspondente da A.C.G.AIRIÑOS da NOSA GALICIA, de Santa Coloma de Gramanet, e tamén nos informa das actividades e próxima celebración do Magosto-2015.

Logo conectamos con don ALFONSO RICO, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente da celebración e convite, hoxe mesmo, ao MAGOSTO-2015, así como tamén das diversas actividades previstas para as vindeiras datas.

Na segunda hora, como cada semana, conectamos coas Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos ten preparada unha entrevista con KIKO DASILVA, de UNIDAD HERMÉTICA. Conversamos con eles e agradecémoslle a súa aportación.

Para finalizar voltamos a Galicia para falarmos con KIKE de NAVIA, grande amigo e coñecedor das nosas inquedanzas, que comparte connosco, a quen lle agradecemos a súa amable atención.

A vindeira semana voltaremos, con máis noticias, entrevistas e novidades interesantes.
P.D.Os "audios" das diversas intervencións tentaremos "colgalos" nas próximas horas, xa que aínda non dispoñemos deles.

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...