domingo, 28 de abril de 2019

Sábado 27 de ABRIL do 2019

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar a "Grándola Vila Morena", para conmemorar a "Revolución dos Cravos", dese 25 de Abril. Esa música sérvenos para saudar e recibir ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista que ten como convidado para a primeira intervención a Lino Perdiz, membro de PLABALI e grande coñecedor da zona. Fálannos das moitas oportunidades que se deberían aproveitar para aumentar os recursos da zona e poder disfrutar das moitas melloras que se precisan naquela contorna. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e despedímonos ate a vindeira emisión.


Continuamos o programa dando coñecemento de varias novidades e informacións recibidas na Redacción da nosa Radio, como é a próxima visita de Iolanda Zúñiga á Universidade de Barcelona, prevista para o día 30 de Abril ás 9:30 horas...


A segunda hora comezámola coa intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que ten como convidado a Joao Afonso, sobriño do finado Zeca Afonso. Unha entrevista chea de novidades relacionadas coa creatividade musical deste grande cantautor mozambiqueño.



Despois conectamos con Ubaldo Pérez, do Restaurante Los Ancares, na rúa Robrenyo de Barcelona, que nos pon ao corrente da próxima celebración da "Festa Gastronómica da Primavera" prevista para o día 12 de maio próximo. Agradecémoslle a súa información detallada.



Antes de finalizar falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención interesante e remata agasallándonos coa recitación dunha das súas creacións poéticas.



A vindeira semana máis. Que pasen unha feliz semana !!!

domingo, 21 de abril de 2019

SÁBADO 13 de ABRIL do 2019

Un programa máis con todos vosoutros. Comeza a emisión ARMANDO FERNÁNDEZ, que hoxe atópase "sosiño" nos estudos, xa que un serividor está de viaxe coa familia. Despois das salutacións de rigor e escoitando un bocadiño de música conecta con XOSÉ LAMELA BAUTISTA, que ten como convidado a don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, asiduo colaborador do noso programa e un Cociñeiro de grande renome naquela contorna. Fálannos da "VII Festa da Caza do Xurés", que se celebrará nestas datas de Semana Santa. Desexámoslle moitos éxitos.

A segunda comunicación é co 4º Tenente de Alcalde de TUI, Concelleiro de Cultura, Patrimonio, Medio Ambiente e Deportes don EDUARDO FREIRÍA MARTÍNEZ, que moi amablemente nos atende para poñernos ao corrente da "Festa do MEIXÓN", que se celebra dende o 6 ao 29 de Abril. Unha recuperación desa ancestral forma de pescar e degustar o "Meixón", que non se debe confundir co mexilón, xa que así se chama á "ANGULA" nesta zona fronteiriza de Galicia e Portugal, na desembocadura do río Miño. Agradecémoslle a súa cumprida información e comprometémonos voltar a falar con don Eduardo en vindeiras datas para que nos axude a coñecer algo máis dese lugar tan feiticeiro e que tantas e boas cousas nos ofrece aos galegos e visitantes.

Continuamos o programa conectando con SUSO DÍAZ, amigo e poeta galego a quen felicitamos e enviámoslle os nosos parabens pola recente publicación do seu ultimo poemario adicado ao "Couto Mixto", que leva por título: "A utopía que diluíu o vento". Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle moitos éxitos con esa publicación.

A seguinte entrevista é co Sr.Presidente do "COXGA, Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia", don OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO, que tamén é propietario da xoieria Oscar de Viveiro. Fálanos da "IIº Congreso da Xoiería de Galicia", que se celebrou en Santiago de Compostela o día 6 de Abril. Contou cunha asistencia moi numerosa, máis dun cento de xoieiros e profesionais do sector asistiron a ese grande evento no MUPEGA, onde se trataron unha morea de temas entre os que destacaron o Comercio e o Futuro da xoiería. Sempre contamos coa atención de don Oscar e agradecémoslle moi encarecidamente a súa amabilidade.

Despois da entrevista ao Sr. Presidente do Coxga, Armando fai unha pequena intervención e despídese ate o vindeiro programa no que desexamos contar con todos vosoutros outra vez. 

Desexámoslle que pasen unhas felices Festas de Semana Santa.

sábado, 6 de abril de 2019

SÄBADO 6 de ABRIL do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros, para ofrecerlles novidades, entrevistas, música, conexións e moitas cousas máis. A primeira conexión é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que ten como convidada de hoxe a Marta Delgado González, de Mira Xurés, que nos informan moi detalladamente de varias actividades que teñen previsto realizar naquela contorna do Gerés-Xurés. Andainas moi interesantes e tamén o Walking Festival Xurés previsto para os días 14 a 21 de ABRIL. Fermosas propostas para aproveitar e disfrutar do sendeirismo e da gastronomía local.



A segunda intervención é a do Sr. Barrerio, encargado e coordinador das "Xornadas Técnicas de Promoción e difusción do viño no Camiño", en San Miguel de Sarandón, e que forman parte da "XXXIX Festa do Viño do Ulla" en VEDRA. Unha cumprida e abondosa información que ofrecemos aos nosos oíntes e seguidores, agardando poder compracelos.



Na segunda hora comezamos sempre coa conexión, en Combarro, do noso correspondente Xulio Simón, que hoxe trainos como convidado especial ao sociólogo e escritor Manuel Monge González, que hoxe nos falará do seu libro: O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro. Novidades e moita información que quizaves moitos dos nosos oíntes e seguidores non coñecían. Voltaremos a entrevistalo.


Aínda temos tempo de falar con LEOPOLDO CLAVERÍA, de Viana do Bolo. Restaurador de grande prestixio e socio propietario que foi do Restaurante CASA Darío de Barcelona. Unha conversa distendida na que nos da a coñecer unha chea de interesantes lugares para visitar naquela zona ourensana. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con el en vindeiras datas.



A vindeira semana máis. ¡Deica o sábado que ven!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...