domingo, 24 de xuño de 2018

Sábado 23 de XUÑO do 2018

Penúltimo programa desta tempada, que comezamos ofrecéndolles escoitar unha peza de música do album: "As Cantigas de Elena", que nos chegou quentiño, para conectar despois co noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a participación da Alcaldesa de Lobios, dona MariCarmen Yáñez Salgado. Establecemos unha conversa moi interesante na que nos informan da próxima celebración do "Xurés walking festival", previsto para o mes de xullo. Tamén nos fala dos proxectos e obxectivos principais que aínda están por desenvolver en Lobios e que considera de moita relevancia, como é a posta en marcha e construcción dun Xeriátrico... Agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Continuamos e falamos un chisco da música que estamos a escoitar, coa que comezamos o programa, e facemos un pequeno comentario sobre os seus autores: María Vidal, Pichi Abollado e Pipo Alvariño.

Encetamos a segunda hora conectando novamente con Galicia, concretamente con Combarro, nas Rías Baixas, onde se atopa o noso correspondente XULIO SIMÓN, que ten preparada unha nova convidada, dona LOLI BELOSO NEIRA, escritora e grande promotora de galas e celebracións altruistas en pro da investigación, dos nenos, dos desfavorecidos e de moitas cousas máis. Agradecémoslle a atención que nos dispensou.

Seguimos escoitando música do CD "As Cantigas de Elena"

Conectamos con Galicia, coa Mariña Luguesa, onde se atopa o noso Poeta da Mriña Luguesa, PACO RIVAS, que coma sempre antes de finalizar a súa aportación, agasállanos coa lectura dun texto da súa autoría e despedímolo ate a vindeira semana.

Damos conta das informacións que nos chegan á Redacción, relacionadas cos Premios de Xornalismo Fernández del Riego e Julio Camba, e aproveitamos pra despedirnos ate a vindeira semana.

Que sexan felices e volvan a sintonizarnos o próximo sábado. Contamos con poder ofrecerlles unha emisión chea de contidos e con algunha sorpresa de final de tempada.




sábado, 23 de xuño de 2018

Sábado 16 de XUÑO do 2018

Aínda que un chisco máis tarde do habitual, hoxe colgamos o programa do sábado pasado, que non puidemos faceloa antes... Seguro que será do voso interese. Comezamos conectando coa Baixa Limia, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA, nos presentara ao contertulio convidado desta semana. don XOSÉ SIMOES, Xerente da Empresa "Grupo Xalana" e que nos fan un percorrido pola recolleita e próxima presentación dun libro-recetario de cociña tradicional da Baixa Limia, no que tamén aparecen varias creacións poéticas. Unha conversa moi amena e que faise cativa pola grande cantidade de documentación e aportacións que posee. En vindeiras datas tentaremos de completar esta conversa que comezamos hoxe con grande animación. Moitas grazas Xosés, e ate moi pronto.

A segunda intervención preséntanola o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, e  é a de don ANTÓN MASA VAZQUEZ, Investigador da Misión Biolóxica de Galicia e Presidente da APDR -Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra- coordinador da grande concentración e manifestación que se está preparando en Pontevedra para reclamar a desaparición do Complexo Industrial de Lourizán. Agradecémoslle as súas palabras na nosa radio.

Despois conectamos novamente con Galicia para falar co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha aportación creativa e agasállanos coa lectura de varios textos da súa autoría.

A ultima participación é a de Silvia e Verónica,  da "Casa Galega de Hospitalet" que nos visitan nos estudios. Ademais de contarnos todo que teñen previsto celebrar a vindeira fin de semana en Hospitalet, agasállannos coa interpretación en directo de varias pezas musicais. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslles que teñan moitos éxitos.

A vindeira semana voltaremos. Non deixen de sintonizarnos. 

domingo, 10 de xuño de 2018

SÁBADO 09 de XUÑO do 2018

Unha semaniña máis con todos vostedes, para tentar ofrecerlles un programa cheo de moitas  novidades, música galega e algunhas entrevistas. Comezamos dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para conectar con Galicia, concretamente coa Baixa Limia e falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao seu convidado, o Ilmo.Alcalde de Entrimo, don RAMÓN ALONSO LOPEZ que nos falan de celebración da Festa da Carne de Vaca de Cachena e empanada de Forquellas, así como doutras cousas moi interesantes.



A segunda conversa é coa nosa estimada TAMARA ANDRÉS, encargada da sección NO ESTRELAMPAR, que nos pon ao corrente de varias actuacións e novidades.

Na segunda hora conectamos novamente coas Rías Baixas, concretamente Combarro, onde se atopa o noso correspondente XULIO SIMÓN, que tamén nos presenta ao seu convidado de hoxe don DOMINGO TABUYO ROMERO, escritor e poeta, que ven de presetnar o seu ultimo libro titulado: "A sombra horizontal do teu nome". Unha conversa moi amena, que ademais agasállanos coa declamación de dous poemas moi fermosos. Agradecémoslle a súa amable atención.

Ants de finalizar conectamos con don ROBERTO CASTRO GONZÁLEZ, Tente.Alcalde e Concelleiro de Cultura do Concello de Ribas de Sil, que nos pon ao corrente da celebración, na praia fluvial de San Clodio, da "15 Festa da Cereixa e do Aceite" en Ribas de Sil. Agradecémoslle a súa participación.

A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos e sede felices!!!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...