domingo, 31 de maio de 2015

23 de MAIO do 2015

Comeza o programa conectando con XOSÉ LAMELA, na Baixa Limia, que como correspondente da nosa emisión ten unha participación moi intensa e chea de informacións interesantes. 

 A segunda conexión é con MARÍA XESÚS LAMA, Profesora da Universidade de Barcelona, que se atopa na A.C.G.SAUDADE, para impartir a Conferencia central das Letras Galegas desa Entidade. 

 A continuación conversamos con JUAN, Presidente dea A.C.G.AGARIMOS, de Badalona que nos adianta o programa da FESTA GALEGA que se realizarán o vindeiro mes de XUÑO. Agradecémoslle a súa participación. 

 Aproveitamos a ocasión para falar con MANUEL RODRÍGUEZ JULIAN, membro da Xunta Directiva da Aso.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa, polo miúdo, dos actos a celebrar próximamente con motivo da Festa Galega en CAN MERCADER, que como cada ano coincide coa FESTA MAJOR de Cornellà.  
Finalizamos con música para despedirnos. 

 
A vindeira semana máis.

sábado, 16 de maio de 2015

16 de MAIO do 2015

Unha semana máis con todos vosoutros. O equipo de sempre: Marc Fort, nos controis técnicos e nas locucións LAURA Santos, ARMANDO Fernández e un servidor. Acompáñanos, outro sábado máis, o noso amigo MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN. Disculpamos a non intervención do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, por mor de certas obrigas personais. Comenzamos escoitando unha peza de música do Grupo RIOBOOO, para darlle a ben-vinda a CARMEN ALVAREZ ALVAREZ, candidata á Alcaldía de Folgoso de O Caurel, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións e interesantes propostas para esa zona da montaña luguesa. 

 A segunda chamada é para falarmos con KIKE de VIDAL, un dos colaboradores que noutras ocasións sempre nos ten comentado cousas moi interesantes de Galicia, e co que aproveitamos para facer un repaso interesante sobre aspectos relacionados con Navia de Suarna e toda a comarca. 

 En terceiro lugar falamos con XOSÉ DAS PATAS, que se encarga da páxina http://musicaengalego.blogspot.com.es, e que nos pon ao corrente das moitas novidades musicais que se están a producir en Galicia. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Na segunda hora, como cada semana, voltamos a falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que sempre ten preparadas unha chea de informacións e datos moi interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores.

Xa no final, falamos con Manuel para lembrar, unha vez máis, os actos que teñen previsto realizar na Asociación C.G.Rosalía de Castro: As Letras Galegas o 17 de maio (mañá mesmo) e a Festa Galega en Can Mercader, como cada ano, os días 5, 6 e 7 do mes de xuño...

A vindeira semana agardamos contar coa vosa escoita, outra vez.

luns, 11 de maio de 2015

Sábado 9 de MAIO do 2015

Este sábado xa temos nos estudios á nosa querida LAURA SANTOS, a voz femenina que completa o noso equipo de hoxe: Kiko nos controis técnicos e nas locucións ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor. Presentamos ao contertulio que nos acompaña na emisora: MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que ademáis de representar á Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, tamén foi o 1º Director deste noso programa de Radio "Semprengalicia". Agradecémoslle a súa amable presencia. 

 A primeira chamada é para conectarnos con XOSE LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao seu contertulio convidado: FRANCISCO VELOSO, con que mantemos unha conversa moi amena e esclarecedora das súas pretensións políticas para LOBIOS

 Falamos un chisco con MANUEL R.JULIÁN, que nos pon ao corrente das diferentes actividades e moitas propostas que ten previsto realizar a A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO, para as vindeiras datas, moi particularmente as Festas de CAN MERCADER, os días 5,6 e 7 de xuño... 

 A segunda comunicación-conversa é con don MANUEL VAZQUEZ, Presidente do Centro GALEGO NÓS, de Sabadell, que amén nos informa da celebración da FESTA GALEGA en Sabadell, prevista para a primera fin de semana de XUÑO. 

 Despois chamamos a LLEIDA, para falarmos con JUAN, Presidente da Asoc.C.G. AGARIMOS, de Badalona, que están convidados polo Centro Galego de Lleida para participar na FESTA MAJOR de Lleida co seu Grupo de Gaitas e Danzas Galegas. Felicitámolos e agradecémoslle a súa participación na nosa emisión. non pudimos comentar moitas cousas co Presidente Sr.TERCEIROIntentarémolo noutra ocasión. 


 A vindeira semana voltaremos, con máis novidades!!!

domingo, 10 de maio de 2015

Programa do día 2 de MAIO do 2015

Aínda que cun pouco de retraso, por mor de certas obrigas persoais e outros detalles que non veñen ao conto, hoxe actualizamos o noso blog e poñemos á vosa disposición o programa dese sábado primeiro do mes de maio. Nesta ocasión temos a conexión con Galicia é para falarmos co noso colaborador XOSÉ MARÍA EGUILETA, que da man do noso contertulio XOSE LAMELA - que por certo hoxe se despide, xa que este será o último programa que fará en directo dende a emisora, xa que se despraza a Galicia dende mañá mesmo- tanto nos ten axudado para coñecer moitas cousas interesantísimas de Galicia e moi concretamente de Ourense. 

 A segunda intervención é para falarmos con outro ARQUEÓLOGO, DAVID, que ven de publicar un libro de HISTORIA de GALICIA, ilustrado por unha catalana JUDITH, con quen tamén aproveitamos para falarmos un chisco sobre o libro e outras cousas interesantes. 

 Conectamos coa nosa colaboradora LAURA SANTOS, que dende Santa Coloma de Gramanet, nos fai unha crónica moi específica da FESTA GALEGA e 32 Aniversario da Asociación Cultural AIRIÑOS da NOSA GALICIA, desa localidade. Desexámollles moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación, a pesar das moitas ocupacións e compromisos. 

 A última conexión é co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como cada semana nos ofrece unha crónica explicativa de moitas e interesantes noticias así como tamén nos ilustra coa súa grande documentación aportada. 

 A vindeira semana voltaremos. Non deixen de conectarse e sintonizarnos.

domingo, 3 de maio de 2015

25 de BRIL do2015

Neste día conmemorativo da "revolução dos cravos" teremos dúas horiñas de emisión, con entrevistas, conversas e música galega. Non podo estar presente nos estudios, por certas obrigas persoais, pero seguro que desfrutaredes coas propostas que levarán adiante os guieiros de hoxe: XOSÉ LAMELA e mais ARMANDO FERNÁNDEZ, acompañados coma sempre polo noso técnico MARC FORT. 
A primeira comunicación é con OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO, Presidente do COXGA - Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia, que ten moitas e interesantes noticias que comentarnos. 

A segunda conversa-entrevista é con don XOSÉ LOIS VILAR, ARQUEÓLOGO, un grande investigador, escritor e froiteiro (como quere que o describan, posto que o seu oficio é ese) moi interesante, con quen temos falado xa nalgunhas ocasións e sempre nos ilustra, pero que neste caso a súa participación é motivada polo seu traballo relacionado co Instituto  de Estudios MINHORANOS. Agradecémoslle a súa amable participación e en vindeiras datas voltaremos a conectar con el para que nos teña ao corrente das moitas novas que se vaian producindo. 

En terceiro e ultimo lugar conversamos con donXOSÉ MANUEL BARBOSA, mantedor do blog "Desperta do teu sono" e coordinador das "IV XORNADAS das LETRAS Galego-Portuguesas de PITOES das JUNIAS", que nos informa moi amplamente deste evento próximo a celebrar nos días finais do mes de maio. e rematamos esta entrevista, e o propio programa, coa interpretación do himno da "revoluçao" arriba mencionada : Grándola Vila Morena. 

A vindeira semana máis e, se podemos, mellor... 

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...