sábado, 30 de abril de 2016

SÁBADO 30 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe comezamos escoitando unha peza tradicional galega para conectarmos directamente con LAURA SANTOS, que nesta ocasión fainos de correspondente den Santa coloma de Gramanet, para falarnos da "XXXIII Festa Galega de Airiños da Nosa Galicia" que celebran esta fin de semana. Agradecémosllelo e desexámoslles moitos éxitos. 

 A segunda comunicación é con don XOSÉ TERCEIRO, Presidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao corrente das celebracións que teñen previsto realizar a vindeira fin de semana en Lleida, destacando a actuación que terán os de AGARIMOS, de Badalona o día 7 de maio na capital lleidatana. 

 Na segunda hora, como sempre, conectamos con Galicia para falarmos co noso correspondente nas Rísa Baixas, concretamente en Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos fala das diferentes novidades interesantes que sempre nos ten preparadas para tódolos nosos oíntes e seguidores. 

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora, de 18 a 20horas, despois de informarlles dalgunhas novidades interresantes e escoitar un pouco máis de música.

 A vindeira semana máis e con máis contidos culturais e entrevistas. Agardámosvos a todos. Non faltedes á nosa cita.

sábado, 23 de abril de 2016

SÁBADO 23 de ABRIL do 2016

Comezamos o programa ofrecéndolles unha novidade musical que nos chegou dende Galicia e poñémonos en contacto con don JOSÉ BADÁS FERNÁNDEZ, da Revista LETHES e XOSÉ LAMELA fainos de contertulio presentador deste grande personaxe da Cultura Galega na LIMIA. Agradecémoslle a ámbolos dous a súa amable participación e descrición do traballo que están levando a cabo. 

 Despois comentamos un chisco algunhas novidades musicais que nos cehgaron para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. Na segunda hora conectamos con don XOSÉ CANOSA, Presidente da "A.C.G.Airiños da Nosa Galicia" en Santa Coloma de Gramenet, que nos informa das actividades previstas realizar para celebrar o "33 Aniversario" desta entidade, que comezan este domingo cun "Festival Solidario" para recoller alimentos e finalizará coa Gran Festa Galega no Parc Europa de Santa Coloma, os día 29, 30 de abril e 1 de maio próximos. 

 Tamén chamamos a don ANTONIO RODRÍGUEZ, Presidente da "A.C.G.O Noso LAR" de Terrassa, que tamén nos informa da realización da 34 FESTA GALEGA en Terrassa, prevista para os días 6,7 e 8 de maio próximos. 

 Despedímonos ate a vindeira semana, pero ofrecéndolles a escoita de varias pezas musicais, en primicia. 

 A vindeira semana máis. Seguide sintonizándonos e escoitándonos.

xoves, 21 de abril de 2016

16 de ABRIL do 2016 - 30 ANOS de SEMPRENGALICIA

Hoxe, 16 de ABRIL, cúmplense exactamente 30 ANOS de existencia deste programa en galego de Radio Cornellà. ¡Felicitacións a tódolos que fixeron posible que esto continúe así!
Comeza o programa coa asistencia, nos estudos, de LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ, OLIVER FERNÁNDEZ (Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro), MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN (socio Fundador desta nosa emisión radiofónica e primeiro director da mesma), INÉS e PAU; nos controis técnicos KIKO. Unha charla distendida comentando cousas relacionadas coa celebración e coa Asociación C.G.Rosalía de Castro, e proposta de audición dunha peza musical galega.

Entra nos estudos ALFONSO RICO, o anterior Presidente da Entidade e aproveitan para chamar a XOSÉ LAMELA, o anterior Director deste programa e actualmente correspondente do mesmo dende a Baixa Limia.

A segunda hora comeza conectando coas Rías Baixas, concretamente Comabarro, onde se atopa XULIO SIMÓN, colaborador desta nosa radio dende os comezos, que ten preparada a súa aportación cultural correspondente.

Despois chámanme a min, que non puiden asistir persoalmente, e comentamos algunhas das interesante noticias que están a comunicar aos nosos oíntes e seguidores.

A última conexión é con XOAN EIRIZ, cantautor galego que ven de publicar o seu CD número 12: "Verbas no vento" e comentan con el varios aspectos do mesmo, así como a próxima presentación nos medios.

A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos e seguirnos.

mércores, 20 de abril de 2016

9 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe xa temos o equipo cáseque ao completo: LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor. Comezamos escoitando unha peza de música galega e deseguida facemos a primeira comunicación conectando con don CARLOS ALONSO, do Centro Galego de LLEIDA, que nos fala das pesqueiras de lampreas en ARBO e daquela zona. Despois aproveitamos a chamada e falamos con don XOSÉ TERCEIRO, Presidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao corrente das novidades e actividades que veñen desenrolando e convídanos a que vaiamos a disfrutar delas. Agradecémosllelo e despedímolos con otra peza de música. 

A segunda Entrevista é con LYDIA BOTANA - a de Aquí para alá-, unha cantautora que nos engaiola coa súa conversa e virá a Barcelona para participar no Sant Jordi para nenos a vindeira semana. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos visitala e saudala en persoa, cando chegue aquí. 

 Na segunda hora, coma sempre, falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos pon ao corrente das noticias que el escolle así como de varias e interesantes informacións que sempre ten para todos nosoutros. 

 Despois conectamos con PABLO do IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que nos relata as diferentes actividades e relatorios que están a realizar nesa Gondomar chea de inquedanzas. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con eles para seguirmos informados. 

 Despedímonos de todos vosoutros propoñéndovos escoitar algunha peza musical galega. 

 A vindeira semana máis

martes, 19 de abril de 2016

2 ABRIL do 2016

Unha nova emisión de radio en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, que nesta ocasión coordina ARMANDO FERNANDEZ, xa que o resto do equipo atópase en diferentes actos e compromisos que lles impiden poder acompañalo. A primeira comunicación é con PABLO CASAL, do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) para falar de algunhas das actividades e acontecementos que teñen lugar naquelas terras de Gondomar e arredores, a visita ao Aqua-Museo, Xogando Miudiño... ... e moitas cousas máis. 

 Agora Armando toma os mandos e fai un pequeno percorrido turístico falando das posibles visitas por TERRA CHHA e arredores, tentando amosarlles as posibilidades de visita interesantes que se poden facer por aquela zona galega de grande interese. 

 A segunda comunicación é co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nesta ocasión ten coma convidado a GUSTAVO REY, do Bar "O Encontro", en Barrantes, gañador do Campionato Galego de "tirador de Cañas de cervexa". Ademais un grande afeccionado aos autos antigos e tamén un músico pertencente ao Grupo NOITE FECHADA. Unha conversa esclarecedora para sabermos algo máis sobre esa arte de servir as cervexas cun xeito máis esquisito e delicado. 

 Despídese de todos propoñéndolles escoitar varias pezas musicais galegas. 

O vindeiro sábado máis...

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...