sábado, 25 de novembro de 2017

SÁBADO 25 de Novembro do 2017

Un programiña máis, de dúas horas en galego, con entrevistas, comentarios, noticias e música. Seguimos indicando aquí o lugar onde podedes escoitar e "mirarnos" ao mesmo tempo que emitimos o programa: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez Comezamos conectando con AMAUTA CASTRO, poeta gañador do 1º Premio do "31 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà".  Unha conversa moi interesante na que nos pon ao corrente da súa creatividade e dos proxectos futuros. Felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos.

A segunda intervención é con MERCHI ALVAREZ, Presidenta de GALICIAME, que nos comenta as novidades e confirmacións de asistencia á "IIIª Gala-Xantar de Galiciame" en Cambados. Un cartel por todo o alto con grandes artistas convidados. Un acontecemento ao que lle auguramos moito éxito e moita recadación para esa finalidade tan importante como é a investigación desa enfermidade.Ao parecer haberá moitas novidades e sorpresas moi agradables para os asistentes, e coma sempre, os asistentes participarán nun sorteo de moitos productos que diferentes casas e empresas donaron desinteresadamente para esta Gala. 

Falamos co 2º Premiado no "31 Certame de Poesía Rosalía de Castro", don JUAN LORENZO COLLADO GÓMEZ, de Albacete, que nos pon ao corrente da súa traxectoria poética ceativa así como doutros traballos que xa ten publicados. Agradecémoslle a súa amable atención.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada a súa crónica cultural interesante.

Conversamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que coma sempre ten un discurso cheo de interese, e que sempre se despide agasallándonos coa declamación dalgunha poesía das súas.

A semana vindiera voltaremos a propoñerlles máis contido e máis música. Que disfruten !!!

domingo, 19 de novembro de 2017

SÁBADO 18 de Novembro do 2017

Como xa sabedes vimos emitindo via "facebook" o noso programa en directo, para que poidades seguirnos en directo, o enlace é o seguinte: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez Comezamos o equipo ao completo, acompañados de varios membros do Xurado do XXXI Certame de Poesía "Rosalía de Castro" de Cornellà. Agradecémoslle a súa visita e participación. Despois de escoitar unha peciña musical TAMARA Andrés fainos partícipes de varias actividades que se están a realizar en Combarro e destaca a celebración do CURTAS Armadiña entre outras. Tamén nos aproveitamos para comentar un chisco algo dos Premios do Certame de Poesía, e despedímonos de tódolos oíntes ate a vindeira semana, por ter que acudir aos actos previstos na Entidade.

Continúan coa emisión ARMANDO e LAURA que deseguida conectan con MANOLO BARCIA, Vicepresidente de ASOBECAT e grande dinamizador cultural que o próximo domingo inaugurará unha nova emisora de Radio en Polinya, á que nos convida a todos para asistir a partir das 4 do serán. terá como participantes unha morea de artistas músicos e cantautores que colaborarán ate que o "corpo aguante".

A segunda conexión é con CARMEN PENIN, a nosa amiga cantautora que nos pon ao corrente das presentacións do seu ultimo traballo HERDEIRAS e das impresións que está a ter con esta creación tan interesante.

E para finalizar o programa de hoxe conectamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre nos aporta visións interesantes e actuais finalizando coa súa impagable participación creativa e poética coa que nos agasalla cada semana.

A vindeira semana máis. ¡Que sexades felices!

martes, 14 de novembro de 2017

Sábado 11 de Novembro do 2017

Un programiña máis, de dúas horas en galego que comeza dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Hoxe non poden estar nos estudios Laura Santos e mais Xulio C., así pois dirixen a emisión Armando Fernández e Xosé Lamela. A primeira entrevista e conexión é con Serxio, que nolo presente X.Lamela como un grande investigador. A súa aportación no programa de hoxe é moi enriquecedora e chea de ilustracións, sobre varias cuestións moi interesantes e de actualidade galegas.

Despois conectamos con Xulio Simón, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre ten preparada unha intervención chea de informacións e coñecementos.

Tamén falamos con Oliver, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa das diferentes actividades que ven realizando a Entidade nestes ultimos días e aproveita para convidar a tódolos oíntes e seguidores ao XXXI Premio de Poesía Rosalía de Castro para o vindeiro sábado día 18, no que se fallarán os devanditos Premios. Primeiro realizarase unha "Conferencia-Presentación" do libro de Tamara Andrés "Corpo de Antiochia".

No final conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, para que nos deletie coa súa intervención e nos agasalle, coma sempre, cunha declamación dalgunha das súas creacións.

O vindeiro sábado máis. Que teñades unha feliz semana.

sábado, 4 de novembro de 2017

SÁBADO 4 de Novembro do 2017

Unha nova emisión deste noso programa. Dende que comezamos  esta nova tempada, poden escoitarnos e vernos en directo na seguinte páxina:"https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez"
Dúas horas de radio en galego. Nos controis técnicos Kiko Belinchon e nas locucións, como cada fin de semana, Armando Fernández e un servidor. Disculpamos a Laura Santos, que hoxe non pode acompañarnos. Despois de darlles a ben-vida e escoitar unha peciña musical, conectamos con XOSÉ LAMELA, na Baixa Limia, para que nos presente ao seu convidado de hoxe: don XOSÉ BENITO REZA. Mantemos unha conversa moi interesante.


Despois falamos con RAFAEL QUINTÍA, Antropólogo e grande investigador da nosa Cultura Galega. Preséntanos o libro que acaban de publicar: A LINGUAXE DAS CAMPÁS, Etnografía dos sinos. Publicado pola A.C.Os Chichisos. Un traballo cheo de documentación e investigacions relacionadas coa cultura popular.


Continuamos na segunda hora, como cada semana, conectando co noso correspondente Xulio Simón nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, que sempre nos ilustra coa súa aportación de noticias e algunha curiosidade relacionada coa creación literaria.


Damos a coñecer algunhas noticias que nos facilitan dende a A.C.G.Rosalía de Castro, relacionadas coas actividades previstas para as próximasdatas.


E para finalizar o programa de hoxe, conectamos co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que sempre nos ameniza estes minutos coa súa conversa e agasallános coas súas creacións poéticas.


Despedímonos ate a vindeira semana. 

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...