Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Sábado 27 de Maio do 2017

Comezamos a emisión ofrecéndolles unha peza musical das "TANXUGUEIRAS" , que estarán este serán na Festa Galega da "Irmandade Galega de RUBÍ". Tentaremos falar con eles durante a emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar co noso correspondente na Baixa Limia, don XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana don XOSÉ BENITO REZA, que ven de presentar unha novela moi interesante: Terradentro. Conversamos deste tarballo e fainos unha detida descrición para que nos decidamos a mercalo.  A segunda comunicación é con don MANUEL VÁZQUEZ , Presidente do "Centro Galego NÓS" de Sabadell, para que nos informe da "XXVIII Festa Galega" que se celebrará a vindeira fin de semana 2, 3 e catro de xuño, e convida a tódolos nosos oíntes e seguidores para que asistan e disfruten. Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, don XULIO SIMÓN , que nos relata as súas interesantes novidades e comentarios se

SÁBADO 13 de MAIO do 2017

Un sábado máis tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos conectando con OLIVER Fernández , o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro , que nos informa dos diferentes Actos que están realizando ultimamente e convídanos a participar nos que se celebrarán nas vindeiras fins de semana, especialmente a Festa Galega de CAN Mercader , coincidindo coa Festa Major de Cornellà, que este ano será unha fita especial na que contaremos con LUAR NA LUBRE. A segunda intervención é con RUBÉN Riós , que virá a Badalona a presentar a película que leva por título VIDA , ademais de participar na celebración do "20 Aniversario de Agarimos" , na vindeira fin de semana do 20 e 21 de maio. Despois conectamos con Galicia para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN , que sempre ten preparada unha serie de novidades e comentarios moi interesantes. E antes de finalizar o programa de hoxe conectamos novamente con Galicia para falar con FERNANDO G

SÁBADO 06 de MAIO do 2017

Dámoslles a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores propoñéndolles escoitar unha peza musical do TRIO TALABARTE , que veñen de recibir un premio no "IV Certame de música Martin Codax". A continuación conectamos con LINO PERDIZ , moi coñecedor da Baixa Limia, e partícipe de PLABALI , que nos ofrece a súa opinión e coméntanos os adiantos e posibles melloras que se pretenden acadar coas relacións e outras actuacións que están a facer relacionadas coa promoción daquela zona galega tan necesitada de melloras e acondicionamentos. Conectamos con Galicia para que o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, nos faga un pequeno percorrido polas escollas que ten preparadas para todos nós. Despois falamos con dona LAURA FERNÁNDEZ , Productora de Cine en Vía Láctea Films, que nos da cumprida información da estrea do filme de Ignacio Vilar, que ven de recibir unha man chea de premios en diversos festivais internacionais. O filme titúlase SICIXIA  e poderase visiona