Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Sábado 20 de FEBREIRO do 2016

Un programa máis en galego, tentando que pasen dúas horiñas entretidas, con música galega, con entrevistas e charlas máis ou menos interesantes. Aproveitamos para darlle a Ben-vinda a Juan Pedro, Presidente de ASOBECAT, que falaremos con el para que nos valore a XIII Festa do Botillo en Cataluñ a, celebrada a principios de mes. A primeira conversa é con LYDIA BOTANA , que nos fala do seu ultimo traballo : "De Aquí para Alá" , un Libro CD, cheo de música Infantil, no que unha bolboreta imaxinaria percorre varios países e interpreta a música deses lugares. Agradecémoslle a súa amable atención e máis aínda porque se atopaba un chisco constipada, pero demos conta do recado: Informar aos nosos oíntes e seguidores dese traballo tan interesante e que está a acadar moito éxito entre a poboación Infantil. Desexámoslle unha rápida recuperación da súa doenza e moitísimos éxitos coa súa música. A segunda comunicación-entrevista é con RICARD ROS , músico - gaiteiro - flautista, qu

13 de FEBREIRO do 2016

No programa de hoxe non podemos estar nos estudos Xosé Lamela e mais un servidor, Xulio C. Levan adiante a emisión LAURA Santos e ARMANDO Fernández. Comezan ofrecendolles escoitar unhas peciñas de música e deseguida conectan con Galicia para falar con LUCÍA SEOANE , do Concello de A ESTRADA, para que comentar cousas do Entroido e máis concretamente dos "Xenerais do ULLA".    Despois de escoitar outras peciñas de música galega, conectan con RICARD , responsable do "VI Festival RUBRIFOLKUM" que se celebrará en Sant Boi de Llobregat, na fin de semana do 12 de marzo vindeiro. Un programa interesantísimo.   Na segunda hora conectan novamente con Galicia, para falar con Xulio Simón , que nos presente a Santi , un dos responsables da Asociación de Cans de raza galega: Can de palleiro . Unha charla-entrevsita moi interesante.   Para depedir o programa ofrecénvos a escoita de varias interpretacións musicais escollidas para todos vosoutros.   A vindeira sema

6 de FEBREIRO do 2016

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e deseguida poñémonos en contacto con don JUAN RODRÍGUEZ GOMEZ DACAL, do Centro Galego de Lleida , que nos informa da celebración da "SEMANA CULTURAL" que están a celebrar, e coméntanos unha serie de novidades e infórmanos das diferentes actividades que veñen realizando estes días.   Despois falamos coa nosa Directora do Grupo de Teatro ANDURIÑA, da A.C.G.Rosalía de Castro, dona AMELIA LÓPEZ . Falamos un chisquiño das súas inquedanzas artísticas e pictóricas, así como da dedicación especial que ten no Consell de la Dona de Cornellà. ça que pertence como representante da nosa Entidade. Felicitámola polos seus éxitos e desexámoslle o mellor.  Damos cumprida información dun acto que se ten previsto realizar na Universitat de Barcelona, en lembranza da nosa benquerida SABELA LABRAÑA, para o vindeiro día 10 deste mes de febreiro, ás 19:30, na Facultade de Letras.  E finalizamos desexándolles que pasen un ENTROIDO feiticeiro e

30 de XANEIRO do 2016

Nesta ocasión a emisión de hoxe diríxea o noso amigo XOSÉ LAMELA . Tódolos demáis compoñentes do equipo están ausentes por diversos motivos personais. A primeira comunicación e entrevista é con don MANUEL MANDIANES CASTR O , un dos nosos grandes amigos e colaboradores, xaquelogo non é a primeira vez que falamos con el. Nesta ocasión coidamos que a entrevista que é moi coloquial e interesante, servirá para coñecer algo máis despois do éxito acadado coa publicación de "O río do esquecemento" . Ven de presentar, na Editorial Sotelo Blanco: "El futbol no es así" . Unha obra sobre a que falan un chisco como avance do seu contido.   Na segunda hora, este programa énchese de satisfacción e honra ao entrevistar a un gran Científico e Investigador galego, que ten acadado numerosos éxitos e Premios, moi merecidos. Trátase do Dr. ANXO CARRACEDO . Realizan esta entrevista o noso colaborador en Galicia XULIO SIMÓN e nos estudos dirixe XOSÉ LAMELA . Coidamos que esta será

23 de xaneiro do 2016

A emisión comeza conectando con Galicia para falar con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ , Etnógrafo e grande coñecedor das nosas tradicións populares da zona Ourensana e moi concretamente da comarca Arraiana, ademais da súa implicación no "Couto Mixto", así como escritor asíduo do xornal O SIL . Mantemos unha conversa moi interesante relacionada con aquelas terras, na que se pode apreciar a súa aportación ensinante.   A segunda conversación é con dona EMMA GONZÁLEZ , de Expourense, que nos fala de XANTAR , o 17 Salón Internacional de Turismo Gastronómico" , e ademais de convidarnos a participar dese grande evento, tamén nos informa das moitas actividades relacionadas con esa celebración.   Despois falamos con don RUBÉN FERNÁNDEZ , da Casa Castelao , A Fonsagrada , xa que están a preparar a XIX FEIRA do Butelo desa localidade, e na que participarán cunha mostra dos seus productos.   A seguinte entrevista é con don XESÚS RON , do Grupo de teatro CHEVERE , que virán a inter