sábado, 27 de mayo de 2017

Sábado 27 de Maio do 2017

Comezamos a emisión ofrecéndolles unha peza musical das "TANXUGUEIRAS", que estarán este serán na Festa Galega da "Irmandade Galega de RUBÍ". Tentaremos falar con eles durante a emisión de hoxe. A seguir conectamos con Galicia para falar co noso correspondente na Baixa Limia, don XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana don XOSÉ BENITO REZA, que ven de presentar unha novela moi interesante: Terradentro. Conversamos deste tarballo e fainos unha detida descrición para que nos decidamos a mercalo. 

A segunda comunicación é con don MANUEL VÁZQUEZ, Presidente do "Centro Galego NÓS" de Sabadell, para que nos informe da "XXVIII Festa Galega" que se celebrará a vindeira fin de semana 2, 3 e catro de xuño, e convida a tódolos nosos oíntes e seguidores para que asistan e disfruten.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, don XULIO SIMÓN, que nos relata as súas interesantes novidades e comentarios sempre moi ben escollidas.

Falamos despois con dona REBECA MUNIN, Directora da Revista PINCHA.gal, que nos atende moi amablemente e fainos un percorrido moi interesante de cómo e en qué consiste esta nova revista gratuita que veñen de publicar en Santiago de Compostela. Felicitámola por esta fermosa publicación e comprometémonos a voltar a entrevistala en vindeiras datas.

Recibimos nos estudos a don Ramiro ARCA, Presidente da Asociación de Amigos do Apostol, que ven a comunicarnos e informanos da exposición que se fará dende o 7 de Xuño en Barcelona. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración. Precisamente hoxe mesmo estrenamos a grabación da nosa emisión e "colgamos" en youtube precisamente esta entrevista.

A vindeira semana desexamos ofrecervos outro programiña máis. Non faltedes.

No hay comentarios: