Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

SÁBADo 24 de MARZO dp 2018

Unha semana máis con todos vostedes. Comezamos disculpando a presencia dos nosos colaboradores Xosé Lamela, Laura Santos e Xulio Simón, que hoxe non poderán estar con nosoutros. A primeira comunicación é con don  XULIO ALVAREZ NÚÑEZ , Alcalde do Concello de QUIROGA, para falarmos da "XXXVI FEIRA do VIÑO de Quiroga" . Conversamos con el para que nos relate as diversas actividades e demais actuacións previstas para eses días de celebración e tamén nos comenta algunha que outra noticia interesante relacionada co Concello. Agradecementos. A segunda conversa-entrevista é con MARTIÑO MASEDA , un poeta chairego que consideramos xa un colaborador cáseque habitual do noso programa. Fálanos da recente celebración do Día da Poesía en Vilalba e doutras actividades culturais nas que el mesmo participa e colabora.  Despois falamos co Sr. OLIVERIO, Ferreiro de Profisión, de A Fonsagrada . Ven de recibir o Butelo de Ouro da devandita localidade e explica un chisco do que acostum

SÁBADO 17 de MARZO do 2018

Unha nova entrega deste programiña de dúas horas en galego. Comezamos dándolles a ben-vida e saudando a TAMARA ANDRÉS , que nos visita nos estudos aproveitando que ven a impartir unha Conferencia na Sé da A.C.G.Rosalía de Castro. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle moitos éxitos nesta andaina. A seguir, conectamos con Galicia para falarmos con RUBÉN RIÓS , Actor, productor e agora Director de Cine, que está a realizar unha serie de traballos moi interesantes. Coméntanos varias das súas ultimas creacións e traballos así como do proxecto que patrocina a Once e que asegúranos que poderá trasladarse a Barcelona para completalo, traballando con actores xordos... Aledámonos moito e desexámoslle que siga colleitando éxitos. Recoméndanos que disfrutemos co visionado de Milson's de Ribeira Sacra, que seguro axudará a que sexa declarada Patrimonio da Humanidade. A intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, fai que no

Sábado 10 de Marzo do 2018

Outro programa máis con todos vostedes. Comezamos escoitando unha peciña de música e conectamos con Xulio, que participa connosco, ainda que non está nos estudios, para entrevistar a Roberto Regal , grande enólogo e adegueiro da Ribeira Sacra. Falamos con el da Festa do viño en Chantada, da súa adega e do seu proxecto ENONATUR . Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle que siga colleitando éxitos. A segunda conexión-entrevista é con IVÁN PATIÑO , un grande cineasta monfortino, que nos fala dos seus proxectos e das súas creacións. Productor executivo da empresa AMANITA FILMS .  Despois conectamos con CARMEN de XANELA DA LÚA , en Carnota, que sempre nos recibe con amable atención e ponnos ao corrente das novidades desa Vivenda Rural que ela dirixe, así como do proxecto SENDA DAS ESTRELAS , no que ela mesmo participa. Moi interesante. A seguinte entrevista é con Iván Zallas , un xoven cantautor, grande compositor e cantante de ritmos latinos, que no

SÁBADO día 3 de MARZO do 2018

Outro programa máis. Dúas horiñas de radio en galego, con entrevista, música e novidades para todos vostedes. Comezamos escoitando unha peza musical e a seguir entrevistamos a RICARD ROS, que se encarga, xunto co seus grupo de poñer en marcha o "VIII Rubrifolkum" de Sant Boi de Llobregat. Música FOLK e Tradicional perante os días 8, 9 e 10 de marzo, no que disfrutaremos de grandes concertos e actividades relacionadas coa múisca Tradicional e Folk, con grandes músicos, como FERNANDO BARROSO , que inaugurará o Festival presentando o seu ultimo CD "Silence Lovers" . Graciñas Ricard. A segunda intervención-entrevista é con ANTÓN LÓPEZ , de "TREIXADURA" que están a piques de publicar un seu CD que levará por título "INDA CANTO" . Agradecémoslle a súa comunicación e "primicia" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Estaremos atentos para ofrecerlles este seu ultimo traballo, que compatiremos con todos vosoutros tan axiña nos chegue a