O último programa desta tempada 2022-2023. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas, dámoslle a ben-vida ao noso compañeiro e primeiro Director desta emisión radiofónica, don Manuel Rodríguez Julián , que nos acompañará durante estas dúas horiñas de radio. Escoitamos un bocadiño de música para poñérmonos en contacto coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA , que nos fai a súa crónica semanal. Escoitamos outro bocadiño de música, concretamente do Grupo AILÁ, que foi o grande intérprete na "Festa Celta" de inauguración en Can Mercader a semana pasada, e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO , que nos resume a súa participación desta semana co información precisa relacionada coas novas incorporacións dos elexidos ás Alcaldías dos diferentes Concellos da Costa da Morte. Pódense ampliar estas novidades consultando a súa páxina quepasanacosta.gal . A seguinte comunicación é co Poeta da Mariña
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas