Unha nova emisión do noso programiña para tódolos oíntes e simpatizantes. Comezamos ofrecéndolles unha nova proposta de música proposta para a sintonía do voso-noso programa. Seguro que no día de hoxe chegarán unha morea de votacións e propostas, alomenos eso é o que agardamos, sabendo que temos en xogo nada menos que dous agasallos interesantes: dous reloxos da marca Adolfo Domínguez, un para a música elixida e outro para a finalista. Comunicámonos con José Antonio Dacuña -Queixos do Xurés- , o responsable desa explotación tan importante e interesante da Baixa Limia. Xunto con Xosé Lamela , mantemos unha conversa-tertulia falando das bondades e melloras que aporta esa introducción da Cabra nas montañas do Xurés. A seguinte comunicación é con Julio López Mouriño , Director do Campo de Traballo Internacional da Asociación Castaño e Nogal , con quen mantemos unha agradable conversa-entrevista falando das novidades que ofrece esta Asociación: Hoxe mesmo unha Conferencia da Sra.Helena
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas