Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

SÁBADO 27 de FEBREIRO do 2021

Tentaremos levar adiante o programa de hoxe, durante dúas horas en língua galega, co ánimo de aprendermos algo máis dos nosos convidados e comunicantes. Despois da ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, escoitando un bocadiño de música saudamos ao primeiro convidado que sempre nos recibe moi amablemente. Trátase do Presidente de ASOBECAT , Juan Pedro Sánchez , que nos informa da cancelación do Festival do Botillo en Cataluña, tanto a do ano pasado como a deste ano, e doutras celebracións que se pospuxeron por mor do coronavirus, que nos impiden, a todos, facer unha vida normal como tiñamos por costume. Contamos que en vindeiras datas, quizais no ano 2022 teñamos a oportunidade de celebrar, todos xuntos eses grandes eventos que tantas satisfaccións nos daban e seguro que "habendo saúde poderemos realizalas". Ogallá que pronto teñamos algo máis de tranquilidade. A segunda intervención é a de don Xan Leira , grande investigador da memoria histórica, creador e cineasta. Ma

SÁBADO 20 de FEBREIRO do 2021

Outro sábado máis con todos vostedes. Comezamos conectando con Mercedes Vázquez Saavedra , unha muller inqueda, etnógrafa, escritora, documentalista e fotógrafa, pero que se define como "entroideira". Fálanos da súa traxectoria traballadora e buscadora da realidade do noso rural, dos seus libros , das exposicións fotográficas e das súas viaxes para documentar fotográficamente todas as representacións do Entoido ao longo e ancho da nosa Galica, Portugal e Zamora. Agradecémoslle a súa participación. Falamos con Rui Barbosa , un grande coñecedor da "Serra do Xurés", amante da astroloxía e das investigacións espaciais. Fálanos do seu traballo sobre as Minas dos Carrís, das persoas que entrevistou e da historia que aínda existe naquela contorna. Algo que se debe poñer en valor para que esa historia quede reflexada e documentada para todos. Dámoslle as grazas por atendernos tan amablemente. Tamén recibimos nos "estudos virtuais" ao noso amigo Henrique Fernández

SÁBADO 13 de FEBREIRO do 2021

Nova emisión do noso programa "Semprengalicia" tentando que teñan dúas horas de radio, en galego, entretidas e con novidades, música, entrevistas e moitas cousas para aprender. A primeira convidada é dona SARELA GARCÍA SANTAMARINA , unha Fonsagradina de grande prestixio, investigadora, doutora en Biomedicina, Master en Bioquímica e Bioloxía Molecular, Licenciada en Química... etcétera. Dámoslle a benvida, despois de escoitar un bocadiño de música e mantemos con ela unha pequena conversa-entrevista moi esclarecedora do seu traballo tan importante. Saudamos tamén a participación de Carlos Xabier Ares , que se une á nosa entrevista. Agradecémoslle moi especialmente a participación de Sarela, porque a pesar de estar convaleciente por culpa do coronavirus, dedícalle estes valiosísimos minutos á nosa audiencia. ¡Moitas grazas e, unha grande aperta Sarela! Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e entramos de cheo conversando con Carlos Xabier Ares Pérez , Diplomado en Gradua

SÁBADO 06 de FEBREIRO do 2021

Comezamos o programa conectando cos contertulios que nos honran coa súa participación e comunicación de hoxe: A Investigadora no Texas Medical Center de Houston que dirixe un grupo de científicos de   28 institucións punteiras  de todo o mundo na investigación do covid-19, Doutora  Sonia Villapol Salgado . A Doutora de Medicina Familiar na Estrada, Flora Miranda Pena e o Catedrático de epidemioloxía Doutor Juan Jesús Gestal Otero . Dámoslle a palabra a cada un deles e imos aprendendo das moitas das súas intervencións. As cuestións técnicas sempre nos sorprenden e temos que interrumpir as intervencións por algún momento a causa dun erro informático... Escoitamos un bocado de música namentras reconducimos o programa. Temos unhas certas imperfeccións de audio no programa. Non somos capaces de melloralo e continuamos a escoitar outro bocado de música. Despois dámoslles a ben-vida ao noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa , que dende Combarro nos atende, ao tempo que despedim