Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

Emisión do sábado 22 de febreiro do 2014

Visita de IOLANDA Fernández Presentación Documental Este sábado tivemos un programa "algo especial" por mor da nosa asistencia ao acto de presentación do Documental do sendeiro " Quintá de Cancelada - Río Donsa l" , dirixido polo noso técnico MARC FORT PI , na A.C.G.Rosalía de Castro .  Comezamos dándolle a benvida aos nosos oíntes e seguidores, saudando ao equipo completo (Marc Fort, Armando Fernández e Laura Santos), pero moi especialmente a IOLANDA Fernández , que nos visita nos estudios. Deseguida conectamos con Galicia para falarmos con SIMONE SAIBENE , director da película gallega: 9 OLAS , da que xa tivemos cumprida información na súa estrea, pero hoxe temos que comentar con el varias circunstancias que a converten en actualidade por ser preseleccionada para os premios Mestre Mateo con 7 candidaturas alomemos... A segunda conversa é con don MANUEL RODRIGUEZ DEIROS , Presidente da Asociación Castaño y Nogal (Sección de Cataluña), que nosfra

SÁBADO 15 de FEBREIRO do 2014

Visita de Alfredo nos estudios da Radio Comezamos a emisión anunciándolles cómo decorrerá o programa e dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Como novidade especial, sorpresa, a intervención en directo do amigo e cantautor ALFREDO GONZÁLEZ VILELA , que nos ven a agasallar coa interpretación de varias pezas da súa autoría. A primera comunicación é coa Baixa Limia, pero temos que disculpar a non participación do noso correspondente semanal Xosé Lamela ,. En pago pola ausencia temos en antena a LISARDO , un dos responsables de PLABALI , que nos informa das ideas e novidades relacionadas con esa Asociación. Despois chamamos a OSCAR RODRÍGUEZ , xoieiro de prestixio  moi contrastado en Viveiro e Presidente do COXGA , con quen mantemos unha entrevista moi interesante relacionada coas actividades realizadas polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e que últimamente están a acadar moito éxito. Interpretando en directo Agora aproveitamos a visita que nos

Sábado 08 de febreiro de 2014

Emma González Comezamos o programa coa intención de sempre: Entreter a tódolos nosos oíntes e seguidores, e facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de animación, entrevistas e novedades, adubiadas cun chisco de música galega. Conectamos co noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela , que nos pon en contacto con dona EMMA GONZALEZ , Directora adxunta do 15 Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR , de Ourense. A conversa-entrevista con Emma decorre con moita animación e chea de informacións e boas novas, relacionadas con ese evento tan importante, que se está a desenrolar na capital Termal máis importante de Galicia (a segunda de Europa). Agradecémoslle a súa aportación e participación.   Comentamos algunhas informacións relacionadas coa A.C.G.Rosalía de Castro e aproveitamos para escoitar unhas pezas musicáis do grupo RIOBÓ , que hoxe mesmo teñen actuación, en directo, en Cal Ninyo, de Sant Boi de Llobregat.   Na segunda hora conectamos c

SABADO 01 de febreiro do 2014

O programa de hoxe non puidemos ofrecérvolo en directo por mor de certos impedimentos persoais dalgún dos nosos componentes deste equipo que tenta levar adiante esta emisión, pero coido que será de interese para tódolos nosos oíntes e seguidores, xa que contén unha entrevista-conversa con VASCO GONÇALVES , Presidente da Associaçao Desportiva e Cultural de Soajo . O noso correspondente XOSÉ LAMELA , ponnos en contacto con este contertulio de hoxe, que nos da a coñecer, un bocado, esta Freguesía - SOAJO - de Portugal, chea de encanto, con moita riqueza patrimonial, histórica, etnográfica e que teñen previsto realizar o "IV Festival BIODOC" para o mes de Agosto deste mesmo ano. A proposta desta celebración cultural é moi prometedora e seguro que teremos a posibilidade de voltar a falar con eles para que nos vaian informando das actividades a realizar. Agradecémoslle a súa participación... Falamos con XOSE CARLOS G.G ., Presidente da Banda de Gaitas XUNTANZA, e Directivo