Para ser o ultimo programa deste ano, temos preparadas algunhas intervencións que seguro serán do voso interese. Primeiro poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela , que nos ten preparada a participación de VALTER Sao Martinho , un grande divulgador da cultura popular do Norte de Portugal (fronteira con Galicia), e que ademais de praticar as "regueifas ou desgarradas portuguesas", tamén toca a concertina con grande virtuosidade. Agradecémoslle a súa aportación. A segunda intervención-entrevista é con Carmen de "Xanela da Lúa" , esa Vivenda Rural con encanto que se atopa en Lira. Ademais de aproveitar para felicitala, porque están de cumpleanos, tamén lles enviamos os nosos mellores desexos de benestar, felicidade e prosperidade para o vindeiro aninovo. Despois conectamos con CONCHA LOSADA , do Museo de Pobo Galego. Responsable do APOI, a quen lle agradecemos o envío do CD "Dispostas para Cantare" , que acaban de
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas